CAMPAÑA DE RECADA DE FONDOS “FORZA MATANZAS”

A Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil fai un chamado ao pobo galego
para expresar solidariedade con Cuba e prover medios que poidan atender as consecuencias do terríbel accidente que se produciu na base de combustíbeis de Matanzas. Quen quixer contribuír a adquisición de medicamentos e subministracións urxentes, pode ingresar a súa doazón na conta
ES67 2080 5000 6730 4019 4383
da Asociación de Amizade Galego-Cubana, coa mención “DOAZÓNS MATANZAS”.

No entanto Cuba segue minuto a minuto a información sobre a fogueira xigante da la Base de Supertanqueros de Matanzas e a torre de fume irrespirabel que o vento nordés dobrega sobre a terra nunha fronte de 30 quilómetros e impide calquer actividade.  Arredor dos catro tanques de fuel afectados, bombeiros cubanos traballan a beira de brigadas de Mexico e Venezuela formadas na intervención en bases de petróleo. As estratexias de intervención varían segundo a procedencia e intensidade do vento e a temperatura dos focos que determinan o tipo de extinción a aplicar. Até as 07:00 p.m. do 8 de agosto foron atendidas 125 persoas, 24 están hospitalizadas e 101 recibiran alta médica. O número de persoas desaparecidas logo de unha hora de prender o primeiro depósito pola caída dun lóstrego, era de 17 mais as identificacións seguintes permitiron rebaixar aquela cifra a 14. Non hai precedentes na historia do pais dun lume desta magnitude.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará