A Asociación

A Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil naceu en Vigo no ano 1981, onde ten hoxe a súa sede central. Na actualidade ten grupos activos nas comarcas de Compostela, O Morrazo e Baixo Miño. O seu ámbito de actuación é Galiza.

A nosa asociación leva o nome do Xeneral galego-mambí Francisco Villamil, morto en Cuba no ano 1872, en plena loita pola independencia do país contra as tropas españolas.

Os obxectivos da Asociación son entre outros:

  • Propicia-la aproximación entre os pobos cubano e galego, a medio do coñecemento e o estudio da actualidade e a historia común.
  • Contribuír ó mutuo coñecemento mediante embaixadas culturais que estimulen entre ambos pobos o florecemento das súas relacións.
  • Denunciar, mentres se manteña, o criminal bloqueo económico, comercial, financeiro e cultural ó que está sometida a República de Cuba por parte do réxime dos Estados Unidos de América, e avogar pola derrogación das leis nas que se sustenta.
  • Colaborar en definitiva á solidariedade entre os pobos galego e cubano e en xeral entre todos os pobos do mundo.

Para elo desenvolve actividades deste teor:

  • Organización de actos socioculturais e políticos como seminarios, conferencias e ciclos de cine.
  • Elaboración e edición de libros, revistas, folletos ou comunicados,  en soporte de papel ou informático para difundir as ideas da Asociación.
  • Aportar información contrastada sobre a realidade cubana e denunciar o criminal Bloqueo, de xeito que a opinión pública poida comparar os prexuizos dos media reacionarios coa vontade probada de Cuba por defender a súa independencia e construir o socialismo.

A Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil ten a súa sede na Avenida Cánovas número 10, 1º oficina 5, c.p. 36202  Vigo.

O noso telefone 604 032 857 ten incorporado whatsapp.

Agradeceremos tamén a súa opinión a traveso de Internet:

No local, atendemos xoves, entre as 18 e as 20 horas.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook