A campaña para rematar o bloqueo exténdese aos cinco continentes

Terra Sen Amos – Axencias

Hai nove meses que o renovado reclamo de pór fin ao bloqueo dos EUA contra Cuba, foi clamor nas rúas de Miami, correu de contado por todos os Estados da Unión, contaxiou o Canadá, pasou a Europa e dende alí correu a voz a Asia, Oceanía, África e América do Sur. Na tarde do día 29, as concentracións de protesta polo asedio a Cuba de parte do goberno de Washington, extendéranse por 71 paises que demandaron ao actual ocupante da Casa Branca, de orixe irlandesa, Joe Biden, a anulación das sancións, o remate do bloqueo que se prolonga dende hai case 60 anos, a reapertura da embaixada na Habana, clausurada de feito sobre acusacións falsas contra o goberno da Habana, e que relance o programa de reunificación familiar entre cubanos que forman primeira emigración histórica de latinoamérica nos EUA.

Na campaña europea Unblock Cuba, iniciada polo diario da tarde Junge Welt participaron máis de noventa organizacións de solidariedade da UE. O seu lema foi Abonda xa de bloqueo

Expresións populares de respaldo a Cuba e contra as sancións criminais que danan ao seu pobo realizaranse, simultaneamente, durante hoxe e mañá todo o mundo, como parte dunha iniciativa mundial promovida polas asociacións de amizade coa Revolución Cubana.

No cinco continentes, organizacións solidarias e residentes no exterior programaron caravanas de autos, motos e bicicletas, concentracións, marchas de montaña e repartos de voandeiras que informan do impacto cruel das máis de 240 sancións ordenadas pola administración Trump, que agravaron o bloqueo económico, comercial e financeiro imposto por Estados Unidos a illa.

Hoxe martes continuarán as manifestacións para divulgar os avances da biotecnoloxía cubana e o labor internacionalista das 57 brigadas médicas Henry Reeve, que asistiron a 40 países no enfrontamento á pandemia, polo cal están  a demandar para elas en todo o mundo o Premio Nobel da Paz.

Nas concentracións repetiuse o lema “Tender pontes de Amor con Cuba”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *