A CELAC vai ser clave para indepedenza da Nosa América, di Raúl

“Teremos no CELAC unha organización da Nosa América e pode ser o acontecimento máis grande dos 200 anos de independencia demediada de América Latina e o Caribe”, dixo o presidente Raúl Castro no cumio fundacional da Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños.

A quenda de intervención do presidente de Cuba, deu lugar ao aplauso máis cálido e prolongado do foro internacional reunido en Caracas. O correspondente do xornal cubano “Juventud Rebelde” conta que mentres o xeneral cubano camiñaba para a tribuna o aplauso parecía non querer rematar.

A CELAC vai ser clave para indepedenza da Nosa América, di RaúlRaúl dixo que a CELAC nascía para xuntar as vontades dos povos de América en nome da súa unidade e soberanía e lembrou a responsabilidade das nacións representadas no Cumio para contribuir á reconstrución e o progreso da República de Haiti. “Cuba -engadíu- estará en Haitía até que a nación irmá o precise”.

Lembrou o traballo histórico de Fidel a prol da igualdade da Nosa América e dixo que nunca o soño de Bolívar e José Martí fora tan presente.

O presidente de Venezuela, Hugo Chávez, deu a benvida aos representantes das 33 nacións antes de o Coro Nacional Juvenil de Venezuela encetar o Himno Nacional.

Na fotografía á beira, Raúl Castro departe con Dilma Roussef, Hugo Chávez e outros presidentes nun ceso do Cúmio do CELAC.

Declaración de Caracas sobre a CELAC

Discurso de Raúl

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará