A CESC propón defender Cuba cunha grande fronte ante-imperialista

Prensa Latina (Bilbo 11 de xuño)

A deputada cubana Mariela Castro está dacordo en criar unha grande fronte ante-imperialista para frustrar as agresións contra o seu país e outros pobos rebelados contra o pensamento único neoliberal. Intervindo no XIV Encontro Estatal de Solidariedade con Cuba, reunido dende sexta en Bilbo (Euskal Herria) a convocatoria da Coordenadora Estatal de Solidariedade con Cuba (CESC) Castro apoiou esa proposta lanzada no foro, ao que asistiron máis de 200 persoas de 66 asociacións de amizade con Cuba. A idea da rede ante-imperialista foi presentada pola profesora da Universidade Complutense de Madrid, Angeles Diez, quen enmarcou a cruzada mediática contra Cuba na guerra do capital contra os pobos. En representación da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil participou o ex-presidente e membro da Directiva Ramón Fernandez Leal.

Mariela Castro apoiou a idea de formar unha avangarda anti-imperialista en defensa de Cuba, proposta pola profesora Angeles Diez na Asemblea da CESC.

A parlamentária cubana declarouse satisfeita e conmovida pola solidariedade  e espirito combativo da Confederacion de Asociacións de Solidariedade  con Cuba (CESC) e pediu a unidade de todas as forzas progresistas para enfrontar os desafíos actuais da Revlución. “Únenos proxectos e retos semellantes –dixo Mariela Castro- e temos a obriga de procurar obxectivos en común para avanzar a prol da civilizacion. A grande fronte ante-imperialista proposta nesta xuntanza, servirá para desmontar as fortes campañas de descrédito das corporacións mediáticas”.

Castro, que é tamén diretora do Centro Nacional de Educación Sexual (Cenesex). referiuse ás estratexias de comunicación fronte á desinformación sobre a diversidad sexual na illa e dixo que a política cubana nesa  área non só está centrada na loita contra a homofobia e a transfobia, senón en educar aos cidadáns nunha concepción emancipadora.

Durante tres días, as asociacións de solidariedade con Cuba debateron as súas estratexias para contrarrestar os efectos do bloqueo de EUA contra Cuba e as campañas de mentiras “A guerra mediática é intensa e, por iso, debemos redobrar a nosa acción de comunicación”, dixo José Manzaneda, coordinador de Cubainformación

O embaixador de Cuba en España, Eugenio Martínez, agradeceu as mostras permanentes de confianza, comprensión e agarimo que todas as organizacións de amizade profesan cara ao seu país. “En nome do noso pobo doulles  grazas pola súa contribución de tantos anos-dixo-.  De feito, se désemos xuntado aos amigos todos que temos no mundo, seriamos sen dúbida o país máis poboado “.

Na súa derradeira xornada, o encontro aprobou, ademais, resolucións de apoio ao goberno da República Bolivariana de Venezuela e ao pobo colombiano, e fixo un chamamento contra a agresión a Siria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará