A Comisión Internacional de Xuristas reunida en Londres, reclama a Obama a liberación dos antiterroristas cubanos

LONDRES, 08.03.14 TSA.

A Comisión Internacional de Xuristas reunida para investigar o caso dos Cinco reclamou do presidente dos Estados Unidos Barack Obama, a urxente liberación dos loitadores antiterroristas cubanos ainda presos nas cadeas norteamericanas.

Indícase que a posta en liberdade debe ser inmediata e incondicional, por mor das conclusións dos xuices depois de investigaren o caso dos cubanos arrestados en 1998 por tratar de prever os ataques de grupos terroristas contra Cuba.

Formaron parte da comisión Yogesh Sabharwal, ex titular de Xustiza da India; Zac Jacoob, ex xuiz do Tribunal Constitucional de Sudáfrica e Phillipe Texier, xuiz do Tribunal Supremo de Francia, que admitiron probas de os antiterroristas non cometeren nin facer por levar a cabo actos de violencia, como tamén non conspirar contra o país que lles impuxo pena de cadea.

asistentes a Asemblea a prol dos Cinco no Colexio de Advogados de Londres, maniféstanse na praza de Trafalgar pola liberación dos anti-terroristas
asistentes a Asemblea a prol dos Cinco no Colexio de Advogados de Londres, maniféstanse na praza de Trafalgar pola liberación dos anti-terroristas

Na Asemblea participaron organizacións de xuristas e de solidariedade todo o mundo: Cuba, Estados Unidos, Canadá, Venezuela, Ecuador, Suecia, Noruega, Alemania, Bélxica, Dinamarca, Reino Unido, Italia e Franza entre outros. Do Estado Español estaban seis delegadas e delegados por Madrid, Alicante, Tarragona e Canarias. A delegada de Canarias, Inés Miranda, presidenta de “Juristas por la Paz y los Derechos Humanos” (JUPADEHU), vocal internacional da Asociación Internacional de Xuristas polo Sáhara Occidental (IAXUWS).

Xuristas e delegado reunidos no Colexio da Advogados de Londres, denunciaron a negación de dereitos humanos fundamentais aos detidos, tal que un xuizo xusto e rápido por un tribunal independente e imparcial. De feito, probouse que Os Cinco estiveran antes de xuizo baixo réxime de aillamento por 17 meses e foilles negada información para a preparación da súa defensa.

Certificaron tamén os comisionados que o feito do xuizo dos Cinco ter lugar Miami, botou por terra a garantía dun proceso xusto e ficaron probadas as denuncias do pago realizado polo Governo norteamericano a medios de prensa para a divulgación de propaganda contra os Cinco.

Os xuices recoñeceron igualmente o sofremento imposto aos familiares dos antiterroristas presos.

Doutra parte, na Aula Magna da Universidade Carlos III de Madrid, celebrouse un coloquio sobre los Cinco Héroes cubanos, coa presenza do embaixador de Cuba, Eugenio Martínez Enríquez; a embaixadora de Nicaragua, Verónica Rojas e o ministro conselleiro da embaixada de Venezuela en España, Julio García Jarpa. A profesora Ángeles Diez, abordou a información no caso dos Cinco e dixo que o comportamiento dos medios de comunicación internacionais sobre o caso foi de subordinación ao poder dos EEUU.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará