A consulta popular da nova constitución de Cuba comezará 13 de agosto

Prensa Latina – Terra Sen Amos

 A Asemblea do Poder Popular de Cuba aprobou o texto da nova constitución que será sometido a consulta popular a partir do 13 de agosto e até o 15 de novembro do presente ano. O borrador da nova Constitución acrecenta aspectos referentes aos dereitos civis e ás legalizacións instituidas de feito pola Reforma Económica que xa foi sancionada en todas as instancias do pais, nun exercicio de dereito civil sen precedentes en todo o mundo pola integralidade do debate. A proposta de nova carta magna, foi refrendada pola Asemblea depois do debatir o extenso indice no primeiro periodo de sesións da IX Lexislatura. O presidente Diaz-Canel dixo que se trataba dunha abenzoada oportunidade para debatir os intereses nacionais de Cuba, precisamente no150 aniversario das Guerras de Independencia da illa.

O presidente Diaz-Canel recoñeceu o labor da comisión encargada de redixir a nova constitución, que foi presidida por Raúl Castro. Vista da Asemblea durante o debate, con Raúl Castro na banca da esquerda.

Referiuse o presidente Dia-Canel ao debate do texto proposto para substituir a Constitución de 1976 vixente, e descrebiuno coma apaixonado, comprometido, crítico, patriótico e colaborador; centrado no humanismo de Fidel e de Raúl, na sensibilidade revolucionária e na argumentación histórica, cultural e científica, na esencia e cerne da nación. Recoñeceu o labor da comisión encargada de redixir a proposta, que foi presidida por Raúl Castro..

O texto ratifica o caráter socialista de Cuba e recolle mudanzas na estrutura do Estado, entre eles a creación dos cargos de presidente e vice-presidente da República, e da institución da figura dun primeiro mandatario que substitue ao do actual presidente dos Consellos de Estado e de Ministros.

A nova Carta amplía os direitos das persoas en aspecctos  como as garantias procesais, o Habeas Corpus, a presunión de inocencia e a reinserción social dos condenados a penas de cadea. Recolle o texto aprobado pola Asemblea o alcance de várias formas de propriedade, entre elas a socialista, de todo o povo, a mixta e a privada e introduce cambios no recoñecemento da parella, xa que esta fica definida coma a uníón entre dúas persoas, mentres a Constitución de 1976 establecía o casal como unión voluntaria entre unha muller e un home.

A Asemblea aprovou tamén na sesión de domingo o novo Consello com uma média de idade de 60 anos e 8 mulheres (23%). Está presidido por Miguel Díaz-Canel, e ten a Salvador Valdés como primeiro vice-presidente. O Conselho de Ministros ratifica no cargo de vice-presidentes a Ramiro Valdés, Ricardo Cabrisas e Ulises Rosales e incorpora a Roberto Morais e Inés María Chapman.

De porparte, foran ratificados 17 ministros e ministras, entre eles Bruno Rodríguez (Relacións Exteriores), Leopoldo Cintra (Forzas Armadas), Julio César Gandarilla (Interior), Ena Elsa Velázquez (Educación), Lina Pedraza (Finanzas e Prezos) e Rodrigo Malmierca (Comércio Exterior e Investimento Estranxeiro).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *