A desavinza entre Estados Unidos e Cuba non procede da Guerra Fría

Angel Guerra Cabrera – La Pupila Insomne (Edición de TSA)

Repiten os noticiários que a desavinza entre Estados Unidos e Cuba é unha das derradeiras leas da Guerra Fría. Non é certo: a deboura entre os dous paises ten a súa orixe na arrogancia colonial dos EEUU. Non comezóu coa Revolución cubana. En 1823, o Presidente James Monroe presentou a chamada Doutrina Monroe, resumida na proposta América para os norteamericanos. Procede do estatista John Quincy Adams, autor tamén da líña de política exterior do governo de Washington con Cuba, coñecida como política da Froita Madura: Cuba, separada de España, terá de gravitar para a Unión pola súa importáncia maior para os nosos intereses políticos e comerciais“, proclamaba Adams.

A política da tranca  de Wilson é ben anterior á Guerra Fria
A política da tranca de Wilson é ben anterior á Guerra Fria

A Doutrina Monroe no só foi a carta dos EUA fronte competidores imperialistas europeos por dominaren América, senón o xeito de bloquear o proxecto de Simón Bolivar dunha liga ou unión latinoamericana e Caribeña de países independizados de España. Co tempo, o predicado imperialista de Adams foi acrecentado pola doutrina do Destino Manifesto, resume da prerrogativa providencial dos EUA para espallaren por todo o continente o legado da liberdade. Así argumentou Washington a súa intervención na guerra que libraban os independentistas cubanos fronte o Imperio Español, para derradeiramente faceren de Cuba unha neocolonia norteamericana, como aparece na enmenda da primeira Constitución cubana pola que se arrogan o direito a teren bases navales ou intervir militarmente no país.

En 1959, o triunfo da Revolución cubana conxurou ese privilexio, mais a historia comezou moito antes. Por moito que os medios non digan disto nin palabra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará