O dominio capitalista da información ocupa os debates do XXIV Foro de São Paulo

Cubadebate – Habana

O dominio do capital privado sobre os medios, a mediatización da política por mor dos grupos de presión, as políticas de comunicación como sistema de censura e a importancia da dereita nas redes de Internet, ocuparon os primeiros debates do XXIV Foro de São Paulo reunido na Habana. No obradoiro de Medios de Comunicación, Raúl Garcés, profesor de comunicación da universidade da Habana, dixo que o poder non se pode criticar só en termos económicos e políticos senón tamén, polo protagonismo do poder simbólico que está a determinar a configuración dos gobernos e dos sistemas políticos nas sociedades contemporáneas.

O Foro pediu a liberdade para Lula, secuestrado por orde do FMI.

Eis a razón de os centros de poder concederen primeira importancia aos orzamentos da comunicación, nos que salientan a visión negativa das solucións colectivas e a exaltación do individualismo, o protagonismo da simboloxía dos , e o que de a pouco se ven coñecendo como norteamericanización de segundo grao ou diferencia competitiva entre os paises do Sul. “Vivimos nun mundo dominado polos patróns de comunicación política dos EUA, o que conforma a comunicación e a relación entre o sistema mediático e o capital en todo o mundo”, comentou Garcés.

Rosa Miriam Elizalde, vicepresidenta da Unión de Periodistas de Cuba e directora de Cubadebate recordou que catro das cinco aplicacións telefónicas máis usadas pertencen a unha emppresa dos EUA fundada por Mark Zuckerberg que recadan a cotio dados monetizabeis. No primeiro trimestre de 2018, e mália os escándalos, Facebook facturou 11.790 millóns de dólares, case catro mil millóns máis ca no exercicio previo. Google realiza perto do 92% das buscas de Internet, un mercado valorado en máis de 92 mil millones.

Ignacio Ramonet, o ex director de Le Monde Diplomatique e profesor de Comunicación, dixo que algunhas batallas electorais deste ano en América Latina non deixan moito lugar para o pesimismo. Mencionou o trunfo eleitoral de Maduro, no medio do cerco económico, mediático e político, e o máis recente de López Obrador en Mexico; sobre os comicios de Colombia, concedeulle primeira importancia ao 43% dos votos que foron para o candidato da esquerda Gustavo Petro.

Sobre a vindeira batalla electoral en Brasil, Ramonet dixo que todos os sondeos predecian a vitoria de Lula, agás que lle impedisen presentarse, e ainda nese caso, haberia opción para unha fronte ampla de esquerda co apoio de Lula e do PT.

http://www.cubadebate.cu/noticias/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *