A estatística oficial de 2016 revela un 26,7% de violencia machista dentro da parella en Cuba

Lirians Gordillo – SEMIAC Cuba

O Informe Nacional sobre o  cumprimento da Axenda 2030 de Cuba, dá conta da incidencia de 0,99 feminicidios por 100.000 adolescentes e mulleres cubanas (de 15 en adiante) no ano 2016. O de 2016, representa unha diminución dun 33% nas mortes de mulleres ocasionadas pola parella, con relación aos dados de 2013. De porparte, o Inquérito Nacional sobre Igualdade de Xénero, realizado tamén en 2016 en toda a illa, revela que un 26,7% de mulleres padeceron violéncia no seo da parella e 39,6% nalgún intre da súa vida. Ao publicar o resultado dos sondeos, o sitio SEMIAC CUBA (Corresponsalía Cubana do Servizo de Novas da Muller en Latinoamérica e Caribe) di que a información abre camiño para a provisión regular de información estatística da violencia de xénero no país. Para recoller opinión sobre estes importantes dados, SEMIAC dialoga con María del Carmen Franco Suárez, subdirectora do Centro de Estudios de Población y Desarrollo (CEPDE), da Oficina Nacional de Estadísticas (ONEI); a doutora en Ciencias Clotilde Proveyer Cervantes, socióloga e profesora da Universidade da Habana, e coa xornalista Mayra García Cardentey, directora da revista Alma Mater e activista contra a violencia de xénero.

A xornalista Mayra García Cardentey intervén nun encontro sobre xénero e comunicación celebraddo na Habana en 2016.

Maria del Carmen Franco sinala que os dados sobre incidencia de feminicidios non procede do inquérito de xénero da ONEI,  ainda que ten un grande valor porque complementa a enquisa. A proxección é representativa de todo o pais polo sistema de mostras, e por oferecer dados sólidos, científicamente estruturados e contrastados polo Fondo de Población da ONU  (UNFPA), ONU Mulleres e CEPAL e indican violencia de xénero, uso do tempo por hombres y mujeres, estereotipos e  relacións de parella. Posúen un grande valor estadístico e franquean portas para afondar nos asuntos tratados.

Clotilde Proveyer coida que os inquéritos non proban de feito a magnitude do fenómeno, mais brindan información sobre un problema social serio, que é importante visibilizar: o femicidio como forma extrema da violencia de xénero, o asasinato contra mulleres polo feito de seren mulleres. Revelan un problema tan vello como a sociedade, naturalizado e lexitimado a medio do poder patriarcal. Un xeito de dominación masculina expresada en grado superlativo, una manifestación dun poder patriarcal que coida que a muller é obxecto de pracer e propriedade personal sobre o que se ten impunidade para exercer violencia. Ese extremo é o cúmio dunha espiral que comezou con outras formas de violencia antes de medrar.

Para Mayra García Cardentey era ben tempo de contar con información e cifras reclamadas por mulleres e homes durante anos, razón pola que o considera un recoñecimento institucional e estatal a la ocurrencia de feminicidios en la Isla. “Un paso de avance porque permite non só xustificar a loita senón propiciar políticas públicas e estratexias que axuden a visibilizar os feitos”. Dí que se trata dun primeiro paso, con datos vellos (de 2016) e limitados a parellas e exparellas que fan evidente a precisión de estatística completa e circunstanciada para saber onde actuar.

Maria del Carmen Franco di que a Federación de Mulleres Cubanas coñece o problema pois ás súas Casas de Orientación chegan mulleres maltratadas.  O inquérito refire incidencias e tendencias e vai facilitar o deseño de políticas porque permite asociar situacións de violencia contra a muller co uso que fan do tempo, os estereotipos que sufren ou as relacións de parella que manteñen.

“A investigación –corrobora Mayra García- deita números sobre as caras, os feitos e as  historias que saen a luz  por vías coma as redes sociales, mais para abrirmos novos camiños á loita contra la violencia, ten quen haber vontade do goberno de seguir recadando información, de abrir portas ás institucións que poden acceder a casos e vítimas da violencia. Iso reforzaria o labor das que estamos a traballar na violencia de xénero en Cuba”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará