A folga de fame dos presos de California denuncia a tortura como norma nas cadeas dos Estados Unidos

A folga de fame de catrocentos presos durante máis de tres semanas na cadea californiana de Pelican Bay, deixou en evidencia que a tortura é unha norma no sistema penal dos Estados Unidos.

A protesta de Pelican Bay puxo en perigo de morte aos presos pero conseguiu dous obxectivos: romper o silezo da información dominante sobre o maltrato penal convertido en norma nos Estados Unidos e dobregar á administración penal federal nas demandas básicas da folga.

Canto ao impenetrabel telón da censura, a folga da super-cadea de Pelican Bay acabou na primeira plana do New York Times, despois dos presos entrar en estado crítico. Colin Dayan, profesor da Universidade Vanderbilt, contou nun artigo publicado neste diario que a reclusión de castigo en aillamento xa se convertira en ordinaria despois de o Tribunal Supremo dos Estados Unidos pór en dúbida dereitos fundamentais da poboación penal e admitir nas cadeas a existencia do monstro legal da “situación segregada” para os internos nas celas de castigo. Grazas ao Supremo, a administración penitenciaria deixou de render contas sobre os presos en celas de aillamento en preventiva porque non foran encerrados sen luz nin contacto en razón de castigo senón dentro do limbo legal da “situación segregada”.

A folga de fame dos presos de California denuncia a tortura como norma nas cadeas dos Estados UnidosA xudicatura norteamericana admite dende os anos de Reagan que ter un preso metido nun armario de cemento de 2,50X3 metros, sen luz nen contacto durante 22 horas diarias, pode estar no límite do soportábel ainda que concede que pode ser necesario. Unha prática admitida é a de manter en aillamento prolongado a un interno en condicional, ainda coa folla de cadea limpa, e sometelo ao cabo a un interrogatorio no que a Administración espera obter toda clase de confidencias baixo ameaza de prolongar a agonía do preso no caixón de cemento.

A decisión dos folguistas de Pelican Bay extendeu a protesta a case 8.000 presos nas infames cadeas de California, moitas delas privatizadas para reduciren gastos. A visión parcial de que os Estados Unidos teñen dentro da Federación cadeas coma a de Guantánamo causou non pouca sorpresa. Agora sábese que Estados Unidos non só ten o máis elevado número de presos do mundo, con más de dous millóns e medio, senon a pior situación penal por moito que a Casa Branca procure facer causa sobre as cadeas dos paises que recusan o seu dominio colonial.

FONTE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *