A Francisco Villamil condena a vesania de Trump contra Venezuela

A porfia do goberno de Trump por desinformar e mentir contra a República Bolivariana e Chavista, ven de bater defronte coa verdade núa: Venezuela armada defende seu lexítimo goberno e e afirma o dereito a soberania; os axentes do imperialismo reclaman asilo non por salvaren a vida senón por agachar seu fracaso. 

O pobo aclama ao exército que defendeu a base da Carlota contra os golpistas. A mesma hora, a Casa Branca celebraba enganadamente a toma da base,

O goberno dos EUA e os seus aliados, rouban a luz do dia fondos de comercio do Estado Bolivariano para depois acusaren ao goberno democrático de Venezuela de causar a ruina do pobo; o mesmo gabinete de Trump procura corromper a defensa militar bolivariana para fabricar a mentira dunha sublevación interna, mais a opinión pública mundial sabe que os golpes de Estado proceden sempre da oficina imperial. A mentira de Donald Trump é tan universalmente comentada que revela, mal que lle pese, o perfil da decadencia do imperio.

A Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil celebra co goberno lexítimo de Nicolás Maduro o triunfo da verdade e a resposta prudente e xusta da avangarda e do pobo bolivariano contra a mentira, a sabotaxe e a violencia imperial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *