A “Francisco Villamil” participa na homenaxe a Hugo Chávez celebrada no Consulado de Venezuela en Galiza

Dirixentes sindicais, representantes de formacións políticas da esquerda nacionalista e personalidades da cultura, homenaxearon no Consulado Xeral de Venezuela en Vigo ao líder da Revolución Bolivariana Hugo Chávez Frias, falecido en Caracas dia 5.

A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, entregou unha carta de condolencia asinada polo seu presidente, Valentín Alvite Gándara á Cónsul Xeral de Venezuela en Galiza, Mónica Chacín.

O presidente da “Francisco Villamil sinala no seu escrito que Chávez “cambiou a folla de calendário da arrogante censura imperial contra Cuba e abriu camiño a una política continental de xustiza e solidariedade, sobre a base das mesmas ideas socialistas que os Estados Unidos combaten a ferro e fouce na Nosa América desde a Guerra Fria e nomeadamente a partir da entrada dos Revolucionários na Habana, no aninovo de 1959”.

A “Francisco Villamil” participa na homenaxe a Hugo Chávez celebrada no Consulado de Venezuela en Galiza“Sobre os precedentes dos gobernos da Unidade Popular e da Fronte Sandinista –continúa a carta da Asociación de Amizade Galego-Cubana- a histórica restitución, consumada pola República Bolivariana con Cuba, enterrou a ideoloxía única de saqueo de recursos e de acumulación a beneficio dunha oligarquía capitalista, decretada polo imperialismo contra os pobos da Nosa América.

A Asociacíón transmite ao Goberno Bolivariano unha expresión de confianza no legado do Líder da Revolución. “Vemos o exemplo de Chávez multiplicar a participación colectiva –engade a carta- base da construción democrática; abalar os privilexios e revelar a miséria dos prexuizos de clase, tan ferreños nun tempo anterior e próximo; colocar a xustiza no centro das relacións sociais e convocar por dereito á defensa colectiva da independencia nacional”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará