A “Fundacion Ebert” e demo-cristianos de Alemania e México, promoven o plano da CIA contra Cuba

Iroel Sánchez – La Pupila Insomne

O sitio Miradas Encontradas, dá conta dun encontro de máis de 150 000 dólares nun hotel da Ribeira Maia de México, do 2o ao 25 de xuño, para organizacións de extrema dereita, comprometidas co governo dos EUA, poder expresaren o seu propósito de acabar co governo de Cuba. Gastos pagos pola Konrad Adenauer Stifftung (KAS) a Asociación Konrad Adenauer, integrante  da Unión Cristiano-Democrata de Alemania (CDU) e da Organización Demo-cristiana de América (ODCA). “Cuba e México fan por mellorar os seus lazos de amizade en beneficio mútuo -asegura o artigo do sitio electrónico-, namentres Mexico serve de base a conspiradores para argallaren trapelas contra o povo de Cuba”.

A Fundación Ebert do Caribe é contraria ao governo de Cuba e partidária da intervención dos EEUU en Irán e Afganistán.
A Fundación Ebert da Social-Democracia alemana, traballa para acabar co governo de Cuba, mais  é partidária da intervención dos EEUU en Irán e Afganistán.

Un dia despois de a Ribeira Maia ter reunido a extrema dereita anti-cubana, a Fundación Friedrich Ebert, acubillada na Social-Democracia xermana, e governante da República Federal a beira dos democristinos do CDU, inauguraba outro evento organizado polo laboratorio de ideas Cuba Posibel, no local da Open Society Foundation de George Soros. Un representante da Friedrich Ebert actuou de moderador e dixo que queria “brindar a súa experiéncia a Cuba para colaborar na transición ao capitalismo”.

O axente da CIA Carlos Alberto Montaner escribía aos seus empregados na illa unha carta datada en Madrid 29 de xullo de 1991 (citada no libro  El Camaján, de Arleen Rodríguez y Lázaro Barredo) aconsellándolles se dividiren entre “liberales, demo-cristiáns e social-democratas” por estas razóns:

As tres tendéncias pertencen a un arco democrático común, e conviven en armonia relativa dentro do mesmo sistema de economía de mercado, co pluralismo político e a prol das liberdades. Con diferenzas de matices, os democristianos salientan a orde, os social-democratas a xustiza e os liberais, as libertades individuais..

Washington reserva a Alemania e México, visitantes regulares da Habana e críticos, coma Obama, do Bloqueo, o labor de refrescaren o  proxecto no que ven teimando a CIA para Cuba dende hai máis dun cuarto de século.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará