A futura Lei Cubana de Investimento Extranxeiro, preserva a soberanía e o patrimonio nacional

TERRA SEN AMOS/Redación.

A nova Lei Cubana de Investimento Extranxeiro, preserva a soberanía e o patrimonio nacional, os recursos naturais e o Medio Ambiente, precisou Rodrigo Malmierca, ministro de Comercio Exterior.

Falando na primeira sesión extraordinaria da Oitava Lexislatura do Parlamento de Cuba, o ministro dixo: “non volveremos ao pasado nin entregaremos as nosas riquezas. Nunca máis venderemos o país”.

A Lei será sancionada de a pouco polo Poder Popular de Cuba, e é resultado da reforma económica aprobada no Sexto Congreso do Partido.

o porto do Mariel, primeira Zona de Libre Comercio de Cuba
o porto do Mariel, primeira Zona de Libre Comercio de Cuba

O responsábel da carteira de Comercio, defendeu a Lei como elemento activo e fundamental para o desenvolvimento do país a curto e medio prazo, por mor da promoción de iniciativas de comercio e industria sobre bases de eficiencia funcional, con especial fincapé no establecimento de zonas especiais para o negocio. O Ministro anticipou beneficios importantes da nova Lei para a infraestrutura industrial, a xeneración eléctrica e a produción agrícola.

A participación cubana será maioritaria nas empresas mixtas dirixidas á extracción de recursos naturais, prestación de servicios públicos e fomento tecnolóxico. Asemade, a Lei reserva a contratación de man de obra ás axencias públicas de emprego e non dará lugar a dereitos de exclusividade sobre o mercado cubano ao socio extranxeiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará