A impunidade dos golpes contra América Latina que non queren ver os defensores do FMI

Iroel Sánchez – Al Mayadeen

Lendo nos anos mozos Os negocios do señor Xullo César, de Bertolt Brecht, chamoume a atención, e lembro ben, mália os anos, como a economía, por mor do mercado e do prezo do trigo, gobernaba a política de Roma. Probas temos abondas de cómo os mercadores de Roma levaban as rendas do goberno, mais quen diria que até no Chile actual, onde non hai a menor posibilidade de un proxecto ante-imperialista gañar o poder executivo, mandasen tamén os amos do mercado.

Piñera, visto polo semanario El Radical Libre.

A información, revelada, quen o diria, nese órgano oficial do capitalismo global que é The Wall Street Journal, polo economista xefe do Banco Mundial, Paul Romer, sinala que se alteraron con fins políticos os indicadores de competitividade que publica esa institución e que tal publicación decretou para o goberno de Michel Bachelet o lugar 33 en 2015 e 120 en 2016, sen atender as medidas adoptadas pola equipa de goberno e guiados só polo prexuizo político o que fixo que o investimento estranxeiro en Chile caese un 40% durante 2017, e tal foi unha das principais bandeiras na campaña electoral de Sebastián Piñera, agora no goberno.

E se actuaron con esa cara lavada contra o Chile de Bachelet, ben podemos preguntar como operarían e operan estes organismos no caso da Venezuela de Nicolás Maduro, a Bolivia de Evo, a Arxentina dos Kirchner, ou a Cuba dos Castro,e canto terá feito por ese voto a man invisibel do mercado para levar ao poder a alguén como Maricio Macri ou Enrique Peña Nieto.

E velaqui a prensa privada xurdida en Cuba durante a época na que Barack Obama voaba a bordo do Air Force One, opinando sobre a comenencia da Illa se adherir a mecanismos coma o Banco Mundial e sobre todo ao seu parente de peor reputación: O Fondo Monetario Internacional. O agora coxunturalmente visibel arquipélago dos despotismos (Boaventura de Sousa), no que as organizacións globais da economía e a comunicación non paran de votar en eleccións nacionais e locais, deixa acaso á vista aquela ilusionada boafé?

No máis alto do encantamento obamista con Cuba, un dos teóricos da comenencia de pousar a xeito a illa no capitalismo, propuña que un maior coñecemento dos cubanos sobre os procesos electorais en América Latina, produciría o abandono da forma de elexir as autoridades cubanas para asumir o modelo de democracia liberal imposto polos EUA na rexión.

A impunidade dos golpes parlamentarios organizados nos últimos anos contra Paraguai e Brasil, a fraude escandalosa en Honduras, como os que reiteradamente cometeron contra México; o pacto en Perú, entre goberno e oposición a prol de intercambiar a protección mutua dun Presidente acusado de comichura por un ex Presidente convicto; o transfuguismo dun gobernante que en Ecuador abandona o programa que o levou ao poder executivo, entre outros moitos exemplos que poderiamos citar, parecen non vir mooi a xeito para convencer aos cubanos, mentres gobernos apoiados polo voto popular, coma os de Venezuela e Bolivia houberan de superar os ataques dunha oligarquía que utiliza diñeiro estranxeiro nas redes sociais de internet e o poder dos grandes medios de comunicación para unha guerra sen cuartel que, mesmo sen poder tiralos da dirección dos seus países, non respecta as propias regras do modelo que os seus partidarios din defender.

A abstención elevadísima, as promesas de campaña só de cando en vez cumpridas, o uso da violencia policial contra a cidadanía e agora o recoñecido manexo politizado da economía, xa non só contra gobernos de esquerda, senón non contra aqueles que non son suficientemente neoliberais, como acaba de coñecerse en Chile, mostran un panorama que dista de ser moi engaiolante pésia o diñeiro empregado en facelo aparecer como tal.

O sistema electoral cubano non será perfecto e por suposto que haberá que seguilo mellorando, mais precisamente deberá cambiar na mesma dirección que seguiu até hoxe: na máis arredada posibel de abrir as urnas á man, cada dia máis visibel, do mercado.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará