A Lei de Axuste Cubano debe ser cambiada, demanda Costa Rica

Prensa Latina

O presidente de Costa Rica, Luis Guillermo Solís, dixo en Washington que era preciso cambiar a Lei de Axuste Cubano, a norma norteamericana que privilegia e fomenta a inmigración cubana cara aos EUA. “No entanto os Estados Unidos premien a emigración cubana, haberá persoas que busquen ese acceso privilexiado. dixo Solís durante unha intervención na institución de análise política Wilson Center.

O fomento diferencial do exílio cubano por parte dos EUA, induce situacións de abuso e desamparo no camiño da fronteira.
O fomento diferencial do exílio cubano por parte dos EUA, induce situacións de abuso e desamparo no camiño da fronteira.

A situación migratoria formou parte da reunión entre Solis e o vicepresidente estadounidense Joe Biden, previo o encontro co presidente Barack Obama. Solís recoñeceu que nun ano con eleccións presidenciais en Estados Unidos, véspera da remuda de goberno, non cabe esperar a reforma da chamada Lei de Axuste Cubano. Desde 1966, a Lei atrae selectivamente a emigración cubana aos Estados Unidos a medio da concesión automática de permisos de residencia e traballo e de achegas públicas para garantir teito, emprego e mantenta aa quen dá cruzado a fronteira.

O presidente propuxo ao governo dos Estados Unidos unha modificación desta Lei excepcional que atraiu entre outubro e marzo a Costa Rica máis de 8 mil cubanos e requeriu de negociacións co veciño México, para poderen os concentrados continuar viaxe aos EUA. Norma de privilexio que incita unha dinámica migratória excepcional, xeneradora de problemas fronteirizos difíciles de solucionar, como foi o caso das concentracións nas alfandegas de Nicaragua, Costa Rica e México que decidiron aos governos implicados a endurecer as súas normas de acceso. Costa Rica advertiu comezos de agosto que deportaría aos cubanos chegados sen visa ao seu territorio.

Solís recordou que a pequena Costa Rica recibira refuxiados durante as sanguentas guerras civís centroamericanas da década dos oitenta e agora vese rebordada por unha constante inmigración procedente do Caribe e tamén de Africa e Asia a través de Nicaragua, pola súa condición de ponte cara EUA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *