A liberación de presos: unha vitoria silenciosa da Revolución cubana

Enrique Ubieta (“La Isla Desconocida”)

O Arcebispado da Habana ven de facer pública a decisión do Goberno cubano de liberar a medio prazo 52 contrarrevolucionarios detidos e xulgados en 2003, coa precisión de que cinco deles serán excarcerados decontado. Como resultado dos contactos entre o Goberno e o Cardeal Jaime Ortega, Arcebispo de La Habana e Monseñor Dionisio García Ibáñez, presidente da Conferencia de Bispos Católicos de Cuba, fora liberado xa, por motivos de saúde, outro dos sancionados.

O sistema de prisións de Cuba contempla a licenza extrapenal para os sancionados que -con independencia do motivo do seu delito–, presenten problemas de saúde incompatibeis co rexime carcerario. Dende o ano 2004, beneficiáranse desa política outros 21 contrarrevolucionarios da mesma causa xudicial; catro deles viaxaron a España coas súas familias, como parte dun acordo co Goberno español.

unha vitoria silenciosa da Revolución cubanaO Goberno de Cuba sabe conversar e tomar decisións -sen presións, nin chantaxes, nin condicións previas– sobre calquera tema, e con calquera interlocutor que respecte a soberanía do país. O maior obstáculo para a liberación deses presos — xulgados e condenados por tribunais cubanos, segundo as leis do país — , era precisamente a clara intención de chantaxe dunha campaña mediática que as grandes corporacións de prensa e a dereita europea e norteamericana promoveran de forma irresponsabel. No canto, a Revolución propón o diálogo respectuoso. Compriría recordar unha lista non pequena de exemplos históricos: o troco de mercenarios capturados durante a invasión de Praia Girón; o diálogo coa emigración cubana en 1978 e a liberación posterior de centos de batistianos e de contrarrevolucionarios, moitos deles capturados en actividades terroristas; os acordos migratorios con gobernos norteamericanos dun ou outro partido (tanto os de Reagan ou W. Bush, como os de Clinton ou Obama); o proceso de contactos permanentes e intercambio de criterios coas diferentes denominacións relixiosas, incluída a católica, entre outros. A lista inclúe mediaciones internacionais de transcendencia, como a que levou definitivamente a paz a Angola e ao cono sur africano.

Nesta actitude de diálogo on hai debilidade senón fortaleza. As recentes conversacións do Goberno coa xerarquía da Igrexa católica cubana están avaladas pola existencia dunha comunicación franca e sistemática coas institucións e organizacións relixiosas do país. Crentes e non crentes -de calquera denominación–, participan por igual na construción dunha sociedade cada vez máis xusta. Aínda que estas conversacións decorreran por iniciativa das partes, e canalizaron unha decisión que o acoso internacional pospuxera, os medios trasnacionales e os seus lacaios internos, inicialmente desconcertados, intentan agora capitalizar os resultados. Era previsible, e non nos preocupa. Pola vida de Guillermo Fariñas, como pola de calquera dos seus coterráneos, Cuba puxo os equipos médicos que posúe -e os que non posúe pero buscou onde puido, a pesar do bloqueo–, e os mellores especialistas que deu formado. Endebén, a súa actitude nunca conduciría á obtención dos resultados que esperaba.

Qué triste é que un home expoña a súa vida, sen saber acaso que outros manipulan os seus sentimentos, planifican as ganancias posibles do seu sacrificio, usan o seu empecinamiento con fins espurios.

Qué triste é -con tantas causas xustas, imprescindibles, neste mundo esencialmente inxusto –, que un home arrisque a súa vida polo benestar persoal dun puñado de pillos e dun estado imperialista.

Que un home aposte á morte para derrotar un país que loita a contracorrente pola vida.

Tería Obama capacidade para abrir un aberto, sen resabios imperiais, co seu pequeno pero digno veciño?. Tería o valor de recoñecer o carácter político, vingativo, das sancións que pesan sobre os cinco antiterroristas cubanos, presos hai xa máis de dez anos nas cadeas do seu país?, Podería Obama, nun acto sinxelo, que dignificaría o seu mandato, indultar esas cinco persoas que fixeron en territorio norteamericano, a favor dos seus cidadáns, o que non facían as autoridades do seu país? Unha vez máis a Revolución cubana ofrece un exemplo de dignidade e de fortaleza.

Fonte: La Isla Desconocida

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *