A longametraxe “Cubanas, mujeres en Revolución” será presentada dia 14 no festival “Cineuropa” en Compostela

O documentário Cubanas, mujeres en Revolución de María Torrellas producido por Resumen Latinoamericano, será presentado no festival Cineuropa, vindeiro 14 de novembro, quarta feria, as 21,45 no Museo das Peregrinacións de Compostela dentro da sección Presente e Muller. A longametraxe resgata o rol xogado polas mulleres na loita guerrilleira e no devir da Revolución até a actualidade. Polo documental desfilan testemuños e vivencias de heroínas como Vilma Espín, Celia Sánchez ou Haydée Santamaría, protagonistas fundamentais do abrente revolucionario. Á súa voz súmase a de traballadoras, médicas, científicas, artistas e militantes sociais e políticas, mulleres de diversos ámbitos e idades que revelan as súas vivencias no proceso de derrubo da ditadura e de loita para construíren o estado socialista e a defensa da soberanía nacional, en circunstancias de bloqueo económico e político de parte do imperio. A fotografía é de Mónica Simoncini, Syara Salado Massip, Víctor Villalba Gutiérrez  e María Torrellas. A música de Aurora Feliú, Tammy López Moreno, Jorge Guichón, Belén Pasqualini, Pablo Merletti e Elisabeth Monteagudo Pérez.

Cartaz da longametraxxe arxentina que será presentada en Compostela vindeiro 14.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *