A medicina pública cubana ofrece ao mundo o remedio contra a transmisión perinatal do SIDA

Prensa Latina – Terra Sen Amos
Cuba está disposta a compartir a experiencia clínica de ser o primeiro pais en evitar a a transmisión de SIDA e Sífile de mai a fillo. La Organización Mundial da Saúde (OMS) entrega ao sistema público de saúde cubano a primera validación internacional contra a transmisión perinatal dos dous andazos, unha clínica devecida dende hai anos polas multinacionais da farmacia norteamericanas, británicas, canadianas e suizas. Anunciando o histórico avance, o ministro de Saúde Pública, Roberto Morales Ojeda, reafirmóu o compromiso da Revolución de seguir axudando a outras nacións no acceso e cobertura universais de asistencia médica para a defensa contra a enfermidade. A declaración do responsábel cubano da saúde chegou como resposta ao recoñecemento oficial da Organización Panamericana da Saúde (OPS) da OMS e da UNICEF.

O esforzo de Cuba proba que o acceso e cobertura universais de asisitencia médica son condición para o éxito. (Foto de Miguel Febles Hernández)
O esforzo de Cuba proba que o acceso e cobertura universais de asisitencia médica son condición para o éxito. (Foto de Miguel Febles Hernández)

A validación anunciada martes 30 de xuño na sede rexional da OMS, sucede despois de Cuba ter presentado un informe ao que seguiu en marzo pasado a visita dun comité de expertos independentes da entidade para validar resultados. O ministro dixo que a cobizada certificación de tan importante resultado para a saúde, procede da vontade política do Goberno Cubano e do seu compromiso de defender a asistencia universal. “Atinximos este obxectivo a causa do noso sistema social e pola constante e inequívoca vontade política revolucionaria: só nese marco pode un país con cativos recursos financeiros e baixo enormes atrancos garantir o dereito á saúde e o benestar do pobo por case 57 anos”, dixo Morales Ojeda. O traballo, vocación e compromiso de máis de medio millóns de traballadoras cubanas da sanidade e o concurso da sociedade organizada, foi a outra condición necesaria salientada polo ministro.

Dende a década do 70, Cuba lanzou un programa para control da sífile conxénita e deu rebaixado nos últimos catro anos a cero o índice de 0,04 por mil nacidos vivos. No que se refire ao VIH/SIDA, as iniciativas para combater a epidemia, aparecida en EUA en 1986, incluiron a prevención da transmisión materno-infantil, até situala en níveis iguais ou inferiores ao indicador. A diretora da Or­ga­nización Pa­namericana da Saúde (OPS), Ca­rissa Etienne, calificou de inspiración para outras nacións a declaración de Cuba como primeiro país do planeta sen transmisión perinatal de VIH/SIDA e Sífile. Etienne dixo que este paso de xigante só podía darse “nun sistema que garante a saúde do pobo de xeito equitativo, gratuito, integral, universal e alicerzado na atención primaria”.

A OMS declarou que mercé ao traballo de Cuba estaba a darse un paso decisivo para un mundo libre de VIH. “É o noso soño e agradecemos a Cuba por alimentar este esforzo e demostrar que verdadeiramente podemos”, dixo Anna Lucía D´Emilio, representante en Cuba da organización das Nacións Unidas para a Infancia.

O grande adianto médico dase de feito nun país sitiado polos Estados Unidos e os seus aliados. Non pode esquecerse que o goberno norteamericano impide mediante sancións económicas e ameazas a venda de aparataxe médico a Cuba. O país máis rico e consumista do planeta sabotea activamente o labor de Cuba pola saúde da infancia mentres alza até máximos históricos o comercio de armas. No intre de reconstituiren ás embaixadas entre os dous paises, cumprindo a solicitude de Cuba dende 1961, compre lembrar a vixencia das alertas das leis Helms-Burton e Torricelli sobre todos os esforzos de Cuba por mellorar e inventar tratamentos contra as pestes do mundo, especialmente virulentas nos paises empobrecidos ou alvo de guerras coloniais.

O comercio da farmacopea cubana, destinado naturalmente a complementar a economía da investigación médica de avangarda da illa, ten recusado o permiso na UE e nos EUA e aliados. A normativa imperial impón os seus propios fármacos mentres os europeos ou norteamericanos interesados por  específicos de Cuba vense obrigados a pasar de contrabando medicamentos únicos coma o Heberprot-P, estimulante da cicatrización en úlceras do pé diabético (UPD), a vacina terapéutica contra el cáncro de pulmón, “VAXIRA” (Racotumomab), a vacina contra a meninxite B ou as da hepatite.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *