A ONU insta a EUA, a UE e Canadá a suspenderen as sancións para poder combatir o coronavirus

Redacción de TSA – Axencias

Antonio Guterres,  secretario xeral da ONU, dixo na Quarta 25 que era preciso suspender as sancións impostas por Washington e aliados a diferentes paises para poder garantir sen atrancos a provisión de alimentos, recursos médicos e asistencia sanitaria ante a pandemia de Covid-19 que asola o mundo. Nunha alocución dirixida ao Grupo dos 20, Guterres foi terminante ao recordar  que a situación do mundo “reclama solidariedade e non exclusión”. O Secretario Xeral  eleva a declaración política o malestar que ven expresando a maioria da Asemblea Xeral da ONU contra das sancións económicas, comerciais e políticas que padecen nomeadamente Venezuela, Cuba, Irán, Nicaragua e Rusia con dano acrecentado dende a proliferación do Coronavirus e, sen nomear a UE nin aos EUA ou o UK, paises ricos e principais executores das sancións,  deixa en evidencia que non se pode torturar un pobo so pretexto político nin finxir que o torturado está a padecer menos o andacio que o país que dispón arbitrariamente o castigo.

Antonio Guterres estreita a man de Nicolás Maduro Moros, presidente electo da República Bolivariana de Venezuela.

O esperado discurso de Guterres non impide ao ministro de Estado (asuntos exteriores) dos EUA declarar en rolda de prensa que “a pandemia é a expresión dunha aguda guerra táctica entre actores mundiais enfrontados por proxectos políticos opostos”, expresión que leva a Donald Trump, a súa beira, a comentar, non tan baixo que non sexa entendido polos xornalistas na sala, “deberías ternos informado diso”. Na información internacional son a cada máis ás críticas aos EUA por usar a pandemia coma arma sen contar o cruel sacrificio de pobos enteiros. (https://terrasenamos.org/o-bloqueo-de-cuba-venezuela-e-iran-agrava-a-pandemia-protestan-economistas-norteamericanos/ )

No foco da declaración do Secretario Xeral está igualmente a Unión Europea que pretende marcar diferencia nas súas sancións a terceiros paises coa política de extrema dereita da Casa Branca ao definir que o obxecto das sancións “deben ser na maior medida posíbel individuos ou entidades responsábeis das políticas a sancionar,  para reducir danos a terceiros”. A UE non evita con esta flagrante hipocresía que toda Venezuela, por exemplo, teña que padecer a súa criminal interferéncia, nin poderá Bruxelas ser incoherente coa súa norma xeral que asinala que “prevé exencións para poder atender as necesidades básicas dos sancionados” o que ven colocar a súa cartilla penal internacional aos pés de António Guterres.

A Alta Comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos Michelle Bachelet, tamén reclamóu a suspensión das sancións por causa da pandemia e dixo que os castigos dos EUA e a Unión Europea impactan de forma negativa na saúde, nunha situación de alarma xeral.

Representantes de varios gobiernos e personalidades sumáronse aos  pronunciamentos da secretaría xeral da ONU mentres o ministro de Exteriores cubano Bruno Rodríguez Parrilla saudóu as declaracións de Guterres e Bachelet.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *