A ONU pon de exemplo a Cuba na prevención e combate da trata de mulleres e nenos

Gabriela Ávila (Granma) – Redacción de Terra Sen Amos.

A Relatora Especial da ONU sobre dereitos humanos das vítimas da trata de persoas, especialmente mulleres e nenos, Maria Grazia Giammarinaro, fixo gabanza da determinación de Cuba para desarraizar esa peste mediante un combate sen concesións. Giammarinaro dixo en conferéncia de prensa na Habana, que a trata de persoas é un andazo con moi febles opcións de prender en Cuba mercé as fortalezas concretas do sistema social da Revolución.  A relatora puxo de exemplo o alto nivel do sistema de educación cubano, da asisténcia médica universal e de balde, dos servizos sociais de ampla cobertura e da sobranceira dotación de traballadoras e traballadores sociais da Illa, como medio de intervención  de primeira man sobre as condicións de vida en todos os recantos do pais.

A ONU coida que a protección da infáncia e a mocidade de Cuba contra a explotación é un exemplo para o mundo.

En visita de traballo a illa, Maria Grazia Giammarinaro mencionou o grande labor da Federación de Mulleres Cubanas no seu fito de equidade de xénero, sen deixar de salientar a práticas do Centro Nacional de Educación Sexual (Cenesex) na súa estratexia para integrar a comunidade LGBTI cubana. A respeito das misións médicas internacionalistas dos cubanos, dixo que eran exemplo excelente por operaren en áreas remotas con fallas de asistencia.

O enfoque multidisciplinario e conxunto do Plan de Acción Nacional para la Prevención y Enfrentamiento a la Trata de Personas (2017-2020) mereceu da relatora a cualificación de exemplar e urxiu a cumprir con precisión o seu calendário prático.

Atender con especial atención os casos nos que corren risco de explotación as persoas máis vulnerábeis, foi outra das recomendacións xerais da especialista da ONU. En particular mencionou a exposición de mulleres e homes emigrantes en situación de miséria nos países de destino ou tránsito; os contratos de emprego para a mocidade nun pais lonxano que conducen na realidade a situacións distintas e inaceptábeis e o abuso de menores dentro do contexto familiar. Recordou que casos de mocidade cubane vítima de trata no exterior, recibiran axuda e protección tralo seu regreso á illa.

Maria Grazia Giammarinaro dixo que a súa visita era un punto de partida para un diálogo de proveito das demais representacións do sistema das Nacións Unidas con Cuba.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará