A vixencia do pensamento do Che, recoñecida na homenaxe celebrada en Madrid no seu 50 aniversario

Terra Sen Amos – Redacción

Revolución, Imperialismo e Ser Humano son os tres motivos plenamente vixentes na obra e o pensamento do Che que salientan as organizacións participantes na Homenaxe ao guerrilleiro no 50 aniversario do seu asasinato, celebrado en Madrid os días 7 e 8 de outubro. A seguinte declaración foi o resultado dos obradoiros e debates convocados en recordo de Guevara.

Os obradoiros e debates celebrados en Madrid en lembraza do Che, salientan a vixencia do seu pensamento.

HOMENAXE AO CHE

Falar da vixencia do Che, da súa vida e obra permítenos tratar cuestións esenciais que debemos enfrontamos arestora.  Non se trata de traer ao presente, de forma lineal e mecánica, as súas achegas. Na obra e pensamento do Che compre salientar tres eixos: a persoa (o ser humano), a revolución e o imperialismo. A análise e o debate destes tres eixos permítenos comprender o seu camiño revolucionario, a súa traxectoria histórica, a súa plena vixencia e o desenvolvemento da súa praxe.

IMPERIALISMO

O imperialismo na súa fase actual revela que o Che tiña razón ao definir o atraso como un resultado do sistema colonial capitalista que atenaza aos pobos. Como el propón, só a revolución social,  a tóma do poder político e o cambio na estrutura produtiva permite safarse desta trampa. O Che tamén nos ensina que o imperialismo é a expresión da loita de clases tanto nos países sometidos á explotación colonial como nos países do bloque imperialista.

A explotación colonial permite, nos países centrais, facer concesións para desactivar a loita de clases até que as crises periódicas obríguen a restablecer as súas anteriores condicións de explotación. España está inmersa neste proceso imperial. Ten un papel subordinado pero moi activo na OTAN, e á súa vez é protagonista na agresión imperialista en América Latina, como é o exemplo de Venezuela.

HOME NOVO

Para loitar contra o imperialismo e construír o socialismo, o home debe superar a alienación capitalista que o condena a ser un produtor de mercancía e un escravo do individualismo e a competencia. O che suscita transformar o traballo alienado en traballo para producir utilidade social e colectiva, non mercancía.

Empatía, Solidariedade e Humanismo, son os alicerces do home novo. Pero este home novo ten de superar os lastres ideolóxicos do capitalismo incompatibeis co suxeito revolucionario.

PODER

A toma do poder é un elemento esencial da loita de clases. A conquista do poder implica a neutralización do monopolio do exercicio da violencia das clases dominantes e a expropiación dos expropiadores.

“Conquistar o porvir é o elemento estratéxico da revolución, conxelar o presente é a contrapartida estratéxica que move as forzas da reacción no mundo actual” (Che Guevara).

VIXENCIA DO PENSAMENTO DO CHE

Malia a banalización da figura do Che, o seu pensamento político e económico seguen vixentes en tanto a loita contra o imperialismo e a construción do socialismo sexan unha tarefa pendente no mundo, pero por riba de todo, a determinación do Che na loita e a súa fe na vitoria seguen sendo un exemplo fundamental para todas as batallas contra o capitalismo e o imperialismo.

No 50 Aniversario do seu paso á eternidade, ponse en evidencia a vixencia do seu pensamento e a súa obra, imprescindibeis para as tarefas actuais. Organizarmonos con vontade e determinación até a rematar co imperialismo é a tarefa que honra a súa memoria e segue o seu exemplo.

O seu exemplo, obríganos a preguntarnos canto estamos en disposición de arriscar para gañarmos a Revolución.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará