A prometedora vacina cubana contra a Covid-19 recibe a primeira autorización de ensaio de América Latina

Prensa Latina- Terra Sen Amos.

O candidato para vacina contra a Covid-19, Soberana 01,  é o primeiro de América Latina (e 30 do mundo) que recibe autorización para ensaios clínicos, entre os más de 200 en fase de investigación. Biólogos do Instituto Finlay de Vacunas (IFV) de Cuba e a Subdirectora do Centro para o Control Estatal de la Calidad de los Medicamentos (Cecmed) sinalaron na TV Cubana que perante un virus descoñecido, era imposibel predecir una vacina en breve, porén, a Soberana 01, é froito da experiencia acumulada por Cuba nos medicamentos preventivos, a inmunización masiva e o desenvolvemento da industria biofarmacéutica do Estado Socialista que conta cun ben gañado prestixio internacional. 

Cuba, a pequena illa bloqueada ten unha industria biofarmacéutica de avangarda. Soberana 01, candidato vacinal cubano contra o Covid-19 premia a aposta da Revolución e de Fidel pola ciencia para o progreso do pobo.

Sobre o recado experimental da investigación médica cubana, a pandemia aportou coñecimento viral específico en todo o mundo, ao que puido acceder en parte a investigación médica da illa, malia o bloqueo que sanciona e interfire ilegalmente os contratos de adquisición realizados dacordo coa lei internacional.

No de hoxe Cuba administra 11 vacinas (oito de produción nacional) cunha media de catro millóns 800 mil doses anuais de inmunóxenos simples ou combinados que protexen contra 13 enfermidades; todos os anos excede o 98 por cento de cobertura en toda a nación, o que dota á poboación dun nivel inmunitario insólito en moitos paises capitalistas.

Trátase dun amplo expediente de referencia mundial. A 66 Asemblea Mundial de Saúde aprobou, en maio de 2013, o Plano Estratéxico para a Erradicación da Poliomielite e a fase final en 2013–2018 a partir dos resultados achegados por Cuba na súa loita contra esa enfermidade.

Para a poboación de Cuba, a vacinación é gratuíta, de acceso universal, está integrada na atención primaria de saúde, e é un compromiso e vontade política coa saúde a través dun sistema médico integral.

‘O candidato vacinal cubano, Soberana 01, é o primeiro de Latinoamérica e o primeiro dun país pobre en recursos económicos, pero grande de espírito, a razón tamén pola que o logramos’, sinalou Vicente Vérez Bencomo, director do Instituto Finlay de Vacunas.

‘Menos do 20 por cento dos proxectos a nivel internacional puideron acceder a autorización para ensaios clínicos, e un deles é agora Cuba’, explicou a directora de Investigacións do Instituto Finlay de Vacinas, Dagmar García, unha da tres investigadoras de Soberana 01.

Avalan a proposta cubana contra a Covid-19, produtos como Vai-Mengoc-BC indicada para a inmunización activa contra a meninxite, de eficacia probada no mundo, a vacina de antíxeno sintético para o haemophilus influenzae tipo b ou a Heberbiovac HB preventiva contra a hepatite B.

Acervo cubano para o desafío da vacina do Coronavirus, son igualmente o medicamento inmunterapéutico contra o cancro de páncreas e o primeiro inxectabel terapéutico para combater ao cancro de pulmón de células non pequenas, xeradas e producidas pola industria biofarmacéutica estatal cubana.

Soberana 01 ten unha estratexia de fabricación de dous millóns de doses previstas para protexer á poboación de Cuba, unha vez superadas as probas.

A fase da avaliación clínica comezará a vindeira Segunda Feria 24 de agosto, dende o Centro para o Control Estatal de Medicamentos, Equipos e Dispositivos Médicos, e a Organización Mundial da Saúde que rexistra o ensaio clínico do candidato vacinal cubano.

Comentarios da investigación da Soberana 01, no debate da TV Cubana accesibeis dende o seguinte enlace:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *