A Rede Europea de Solidariedade con Venezuela denuncia o golpe de Estado de Guaidó, promovido polos EUA

A Rede Europea de Solidariedade con Venezuela denuncia o golpe de Estado promovido polos EUA para darlle a lexitimidade á figura de Juan Guaidó, que non foi elixido polo pobo, como presidente interino. A medio dun comunicado, as máis de 80 organizacións que conforman a Rede Europea de Solidariedade con Venezuela, recusan a inxerencia imperialista e esixen respecto a soberania do pobo venezuelano polo que sairon este 23 de xaneiro ás ruas en defensa da Venezuela Bolivariana.

A Rede Europea de Solidariedade coa Revolución Bolivariana está conformada por máis de 80 organizacións, entre ela pola Asociación de Amizade Galego-Bolivarianana Hugo Chávez.

“Onte cairon definitivamente todas as caretas –sinalla o  comunicado- e o Imperio estadounidense, por boca do seu vicepresidente, Mike Pence, promove un golpe de Estado en Venezuela. Pretenden darlle lexitimidade á figura de Juan Guaidó, que non foi elixido polo pobo, como presidente interino . Todo isto acompañado, outravolta, por escenarios de violencia organizados por grupos fascistas apoiados polos Estados Unidos; de chamamentos a militares para romper a orde constitucional e do cipaios do Grupo de Lima en xira por países falando de Venezuela, cando o que buscan é tapar as súas propias realidades. Todo magnificado polo aparato mediático das grandes corporacións”.

“O que agora acontece –sinala a REDE, tráenos a memoria as Guarimbas de 2014 e, más de perto, as de 2017 onde o maior afectado foi o pobo de Venezuela, con mortos, feridos, queima de instalacións pública, atentados contra universidades, garderías, sistemas de transporte, espazos de cultura, servizos públicos, de reparto de alimentos e medicinas e de disposición de diñeiro en oficinas bancarias. Vemos de novo como procuran levar a Venezuela a un escenario de tensión e enfrontamento sen lles importar o pobo, a democracia e as liberdades, porque realmente son outros os intereses que perseguen. Non podemos calar perante estas realidades”.

“Dende a Rede Europea de Solidariedade coa Revolución Bolivariana queremos denunciar, máis unha vez, as manobras dos Estados Unidos da man dos que promoven un golpe de Estado en Venezuela; a insistencia dende la Unión Europea por falar de eleccións libres, cando o pobo venezolano decidiu 20 de mayo de 2018, nas urnas, a súa vontade coa ratificación de Nicolás Maduro como presidente constitucional”.

“As máis de 80 organizacións que conformamos a REDE, recordamos que calquera grupo de contacto que poida crearse dende a Unión Europea, debe acompañar ao pobo venezolano nun proceso de diálogo e paz, respectando as accións e medidas que só o pobo soberano ten dereito a decidir, dentro do marco legal”.

“Recusamos a intromisión imperialista e esiximos respecto á soberanía do pobo”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *