A revolta de América contra a desigualdade non se produce en Cuba mália 60 anos de bloqueo

Iroel Sánchez – Almayadeen

Unha amiga brasileira, de visita en Cuba como xornalista, comentábame seu asombro de todos os cubanos saber quen é Bolsonaro, quen é Dilma e quen é Lula, o que non lle pasa  noutros países latinoamericanos.  A atención excepcional coa que seguimos en Cuba a actualidade internacional, é algo moi especial no que non reparamos os que vivimos na Illa. Arestora, as revoltas sociais de Haití, Chile, Panamá e Ecuador, o conflito de poderes en Perú, a represión e os asasinatos de líderes sociais en Honduras e Colombia, a ingobernabilidad herdada que obriga ao goberno de México a liberar un narcotraficante ou a  prisión inxusta do líder da esquerda brasileira para impedir a súa segura vitoria electoral, os comicios en Bolivia e Arxentina, as agresións constantes de Estados Unidos contra Venezuela ou o Ucraniagate no que anda sumido Donald Trump, poden ser  tema de conversa en calquera lugar de Cuba, dende un cruzamento no que xogan dominó deica un aula universitaria.

“O pobo de Cuba xamais será vencido”. (cartaz de Vladimir Volikov, 1960)

Polo demáis, nesas conversas non están ausentes os atrancos graves que atravesa a economía cubana contra a que cada semana danse a coñecer novas sancións do goberno dos EUA, nin as deficiencias nos servizos cos que ten que lidar a cidadanía, nos que o impacto do bloqueo económico pódese mesturar coa desidia burocrática e provocar molestias e disgustos. Mais a mestura de guerra económica con insuficiencias internas non provoca revoltas e cando o sistema (socialismo de Partido único) pasa a proba das urnas, como no recente Referendo Constitucional, e os resultados son esmagadoramente favorabeis á dirección revolucionaria.  Todo isto mália que Washington terme dende hai seis décadas en derrubar o sistema de Cuba con propaganda arreo, pagada con fartos millóns de dólares e un ben finanzado comando de intervención, chamado Cuba Internet Task Force.

Para a maquinaria mediática dominante, Cuba non se rebela a causa da intensa represión do rexime,  a que suman o relaxo cubano. Porén, na na historia de Cuba –dende a Reconcentración de Weyler á ditadura de Batista, pasando pola de Machado, ningún rexime baseado na represión deu permanecido á fronte do país por moito tempo, mália promoveren un relaxo no que a corrupción era a dinámica de funcionamento da política e a economía a todos os níveis.

Pola contra, se a consulta electoral fose agora, no medio dun bloqueo recrudecido, a porcentaxe de aprobación superaría con fartura os resultados de febreiro, e iso sería froito, sen dúbida, da combinación de tres factores coxunturais e dous estruturais.

Nos coxunturais, compre contar o recrudecimiento da agresividade do goberno dos EUA, que fortalece o sentimento patriótico e a unidade nacional. Tamén a eficacia política do goberno cubano, explicando a xeito de que maneira o aumento da agresión afecta ás provisións do mercado e como a estratexia para enfrontar as sancións estadounidenses busca minorar o impacto na vida cotiá do pobo. Acontece isto no marco dunha situación internacional na que é patente o fracaso das políticas neoliberais e o descrédito das fórmulas da democracia burguesa.

Son factores estruturais, a cultura política difundida en Cuba durante 60 anos pola pedagoxía de Fidel Castro, a propósito da natureza do imperialismo e do proxecto de xustiza social e soberanía nacional da Revolución.

A fluida relación da dirección revolucionaria co pobo, renovada polo goberno de Miguel Díaz Canel, que reforzou a percepción de o goberno escoitar ao pobo e traballar para el.

Ningún país latinoamericano dos que agora mesmo combaten con disparos e gases a protesta social e/ou violan abiertamente as regras da democracia formal que eles mesmos invocan, foi obxecto de guerra económica nin dunha oposición artificial pagada con finanzamento multimillonario e moito menos do linchamento mediático e académico global permanente cara aos seus líderes e o seu proxecto político e social.
Mália todo iso, compre recoñecer que hai xente insatisfeita en Cuba e a maioría deses insatisfeitos van para Miami. O desenvolvemento de capacidades educativas e o estado de saúde propiciados polo socialismo cubano son competitivos fronte a acumulación de case seis décadas de privilexios migratorios e unha certa vantaxe fronte o resto das comunidades non nativas de Florida, mais non os converten en máis libres. Máis dun millón de cubanos nos EUA sofren graves limitacións para relacionarse coas súas familias en Cuba por causa das medidas de Trump, mália non haber novas de que iso provoque protestas no exílio. Tampouco lemos en ningures que esa ausencia pública de desacordo poida deberse á corrupción e as práticas represivas nada democráticas que a clase dominante na Illa até 1959 semella ter exportado a Miami depois de tantos anos nesa cidade, sen por iso desprezar o exemplo edificante que lle está a dar un sistema no que hoxe compiten en corrupcións Donald Trump e Joe Biden.



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará