Cincuenta e cinco anos de revolución emancipadora das mulleres en Cuba

Salim Lamrani – Almayadeen (versión en Galego de TSA)

A Revolución Cubana trouxo o cambio político social máis importante da historia de América Latina. Dende 1959, as novas autoridades lideradas por Fidel Castro, emprazaron aos desherdados, nomeadamente as mulleres e persoas de cor, no centro do proxecto reformador; ocupábanse así das vítimas principais das discriminacións, nunha sociedade patriarcal e segregacionista. A Revolución “dos humildes, polos humildes e para os humildes” (1) botaba as raíces dunha nova era igualitária, libre das angurias e das inxustizas das estruturas sociais do país e da súa história. A muller  cubana foi prioridade do Governo revolucionário coa creación, en 1960, da Federación de Mulleres Cubanas (FMC), baixo a presidencia de Vilma Espín Dubois, militante plenamente comprometida contra a ditadura de Fulgencio Batista. Cal era o estatus da muller na altura do triunfo da Revolución? ¿Qué medidas concretas adoptáranse para espallar e aplicar as ideas da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes, encamiñadas a acabaren cos prexuizos e os estereotipos culturais? Baixo o réxime de Batista, de 1952 a 1958, as mulleres de Cuba, coutadas nunha sociedade patriarcal, só representaban o 17% da poboación activa e recibía un salario sensibelmente inferior ao do home por un emprego semellante. Limitada ao rol de ama de casa, suxeita á omnipotencia do marido, primeira vítima do analfabetismo denigrante, as perspectivas eran sombrizas para a muller. Dos 5,8 millóns de habitantes, cunha taxa de escolarización de só un 55% para as idades de 6 a 14 años, máis dun millón de cativos ficaban sen escola, no fogar familiar, a cargo da nai. O analfabetismo asolaba o 22% da povoación, isto é máis de 800.000 persoas, na maioría mulleres.[2]

Co gallo do 55 aniversário da fundación da Federación de Mujeres Cubanas (FMC) a institución recibiu o premio Únete, ao compromiso coa igualdade e a non violéncia de xénero, instituido pola ONU
Co gallo do 55 aniversário da fundación da Federación de Mujeres Cubanas (FMC) a institución recibiu o premio Únete, ao compromiso coa igualdade e a non violéncia de xénero, instituido pola ONU

Non por acadar o dereito a voto en 1934, baixo governo de Ramón Grau San Martí, saído da Revolución popular de 1933, deixou de ser limitado o papel da muller na vida política. De 1934 a 1958, só 26 mujeres ocuparon cargos lexislativos, 23 deputadas e 3 senadoras.[3]

Porén, a muller cubana desempeñóu un papel fundamental na loita insurreccional contra a ditadura batistiana, nomeadamente en organizacións coma o Frente Cívico de Mujeres Martianas ou as Mujeres Oposicionistas Unidas. A muller cubana participou na guerra formando parte do Movimiento 26 de Julio, de Fidel Castro e crearon, septembro de 1958, o pelotón militar Mariana Grajales, exclusivamente femenino, na Sierra Maestra. Figuras femeninas coma Celia Sánchez, Melba Hernández, Haydée Santamaría ou Vilma Espín, entre outras, proceden do movimento revolucionário contra o rexime militar.[4] Con todo, as reivindicacións desas militantes non eran unicamente feministas. Como suliña Maruja Iglesias, dirixente do Frente Cívico de Mujeres Martianas, “nós non loitabamos só polos dereitos da muller: nós loitabamos polo que era beneficio para todo o mundo”.[5]

Dende o triunfo da Revolución en 1959, inspirada no pensamento do Heroe Nacional José Martí, o Estado cubano fixo da emancipación da muller unha das súas prioridades. No seu primeiro discurso, pronunciado 1 de xaneiro de 1959 en Santiago de Cuba, unas horas depois da fuxida de Batista, Fidel Castro aludiu a situación da muller e recordou que a misión do proceso revolucionario era pór termo á subordinación social do oprimidos: “É unha parte do noso pais que necesita también ser redimido, por ser víctima da discriminación no traballo e noutros aspectos da vida […]. No xuizo da nosa Revolución en anos futuros, un dos asuntos polos que seremos xulgados será a forma a maneira de termos resolto, na nosa sociedade e na nosa pátria os problemas da muller, endebén sexa un dos problemas da Revolución que requiren máis tenacidade, máis firmeza, máis constancia e esforzo”.[6]

A muller cubana foi beneficiária principal das conquistas sociais e populares. Vilma Espín fundóu en 1960 a Federación de Mujeres Cubanas (FMC) para defender a igualdade de dereitos e rematar a discriminación. Tiña de ocupar a muller o espazo espacio social que lle correspondía e contribuir de vez á edificación da nova Patria para todos. Fidel Castro subliñou a importancia daquel intre: “A muller cubana, dobremente humillada y postergada pola sociedade semi-colonial,  precisaba desta organización própia, representante dos seus intereses específicos, instrumento para lograr a súa máis ampia participación na vida económica, política e social da Revolución”.[7] No de hoxe, a FMC conta con máis de 4 millóns de afiliadas.

Vilma Espín Dubois desempeñóu un papel fundamental na emancipación da muller cubana. Militante revolucionária, integróu o Movimiento 26 de Julio e foi membro da Dirección Nacional. En 1958, Vilma Espín afiliouse ao Segundo Frente Oriental Frank País, e foi unha das primeiras mulleres que participou na guerrilla. Tralo triunfo da Revolución consagrou a súa vida ás mulleres cubanas pola igualdade, deica o seu pasamento no 2007. Presidira a Comisión Nacional de Prevención y Atención Social, a Comisión por la infancia, la juventud y la Igualdad de las Mujeres en el Parlamento Cubano.[8]

Unha das primeiras tarefas da FMC fou loitar contra a prostitución, medio de vida para case 100.000 mulleres na Cuba pre-rrevolucionaria, e implicalas na construcción da nova sociedade. Coa desaparición dos condicionantes económicos e sociais da explotación sexual das mulleres, a integración social foi facilitada pola istencia dunha estrutura federativa femenina.

Seguindo o lema de José Martí  ser culto para ser libre, Cuba lanzou en 1961 unha gran campaña de alfabetización que permitiu a todos os sectores da sociedade, en particular ás mulleres –e nomeadamente ás de cor– se beneficiar do avanzo social que abría o camiño da igualdade.  Máis de 10.000 escolas primarias erguéronse nese ano, o que representaba máis de todo o feito durante sesenta anos de república ne-ocolonial. Os resultados chegaron decontado: case 700.000 persoas, e delas un 55% de mujeres, foron alfabetizadas en doce meses. A taxa de analfabetismo baixou a un 3,8%. En 1961 a UNESCO declarou Cuba primeiro territorio libre de analfabetismo, feito único en América Latina e Caribe naquela altura. En 1961, Cuba creóu os Círculos Infantiles destinados a permitiren ás nais cubanas o acceso á formación, o traballo e a participación na vida económica do país. [9]

Cuba elaboróu a seguir un arsenal constitucional e lexislativo destinado a promover os dereitos universais e a igualdade das mulleres. Os Artigos 41 e 42 da Constitución establecen a igualdade de dereitos entre mulleres e homes e penaliza calquera discriminación por motivo de raza, cor da pel, sexo, orixe nacional, créncias religiosas e calqueroutra lesiva á dignidade humana”.[10] A Lei 62 do Código Penal (Artígo 295) tipifica como delito penado con dous anos de cadea, todo atentado contra o dereito da igualdade. [11] As mulleres teñen así acceso a todos os cargos públicos e a todas as xerarquías das forzas armadas.[12]

No panorama internacional, Cuba tamén xogóu un papel de avangarda na promoción dos dereitos das mulleres. A illa foi o primeiro país de América Latina en legalizar o aborto en 1965. Só outras dúas nacións do continente, Guyana en 1995 e Uruguay en 2012, seguiron a Cuba na protección do dereito imprescriptíbel da libre disposición do corpo. Asemade, Cuba foi o primeiro país asinante da Convención sobre a Eliminación de todas as Formas de Discriminación contra a Muller e o segundo en ratificarla.

NOTAS:
[1] Fidel Castro, “Discurso de Fidel Castro Ruz, nas honras fúnebres das vítimas do bombardeo a distintos lugares da República, pronunciado no cemitério de Colón, 16 de abril de 1961”, República de Cuba. http://www.cuba.cu/gobierno/discursos/1961/esp/f160461e.html (sítio consultado 8 marzo de 2015).

[2] Acela Caner Román, “Mujeres cubanas y el largo camino hacia la libertad”, Biblioteca Nacional José Martí, agosto de 2004. http://librinsula.bnjm.cu/1-205/2004/agosto/31/documentos/documento104.htm (sítio consultado 15 de noviembre de 2014)

[3] Joseba Macías, « Revolución cubana: Mujer, Género y Sociedad Civil», Viento Sur. http://www.vientosur.info/documentos/Cuba%20%20Joseba.pdf (sítio consultado 15 de noviembre de 2014)

[4] Ibid.

[5] Ibid.

[6] Fidel Castro Ruz, “Discurso pronunciado por el Comandante Fidel Castro Ruz, en el Parque Céspedes de Santiago de Cuba”, República de Cuba, 1. de enero de 1959. http://www.cuba.cu/gobierno/discursos/1959/esp/f010159e.html (sítio consultado 18 de abril de 2015).

[7] Acela Caner Román, “Mujeres cubanas y el largo camino hacia la libertad”, Biblioteca Nacional José Martí, op. cit.

[8] Federación de Mujeres Cubanas, « Dossier Vilma Espín ». http://www.mujeres.co.cu/dossiervilma/HTML/01.html (sítio consultado 18 de abril de 2015).

[9] Acela Caner Román, “Mujeres cubanas y el largo camino hacia la libertad”, Biblioteca Nacional José Martí, op. cit.

[10] Constitución de la República de Cuba, 1976, Artículo 41 & 42.

[11] Código Penal Cubano.

[12] Dalia Isabel Giro López, “Mujeres haciendo Revolución”, Cuba Defensa, 20 de agosto de 2013. http://www.cubadefensa.cu/?q=node/2158 (sítio consultado 18 de abril de 2015).

(Primeiro artigo dunha série de dous, publicado co gallo do 55 aniversário da fundación da Federación de Mujeres Cubanas (FMC) O texto procede do sítio almayadeen. O seu autor é Salim Lamrani, doutor en Estudos Ibéricos e Latinoamericanos da Sorbona e xornalista especialidado nas relacións entre Cuba e EUA. Depois de aparecida a primeira entrega do traballo, a FMC recibiu o premio Únete, ao compromiso coa igualdade e non violéncia de xénero entregado polo Sistema de Naciones Unidas (SNU) en Cuba, como parte da campaña para rematar  a violéncia contra mulleres e nenas)

Fonte:

http://espanol.almayadeen.net/Article/2lcgNbR9PEi7vaT8AR14hA/mujeres-en-cuba–la-revoluci%C3%B3n-emancipadora-1-2–por-salim-l

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará