A solidariedade celebra en Compostela o regreso dos Cinco

Terra Sen Amos-Compostela
O cartaz de quince varas, iniciativa da “Francisco Villamil” con imaxes de Antonio, René, Fernando, Gerardo e Ramón, imprescindibel durante anos en concentracións e marchas, foi decorado principal da Festa Aniversario da Revolución en Compostela, adicada este ano á volta dos Cinco e ao triunfo completo da posición de Cuba.

Personal do Consulado e a solidariedade Galego-Cubana, celebran en Compostela a volta dos Cinco Heroes
Personal do Consulado e a solidariedade Galego-Cubana, celebran en Compostela a volta dos Cinco Heroes

José Antonio Solana, cónsul xeral, celebrou o resgate dos Cinco Heroes coma vitoria de Cuba e da solidariedade que chega ao tempo da reposición de embaixadas cos EUA, reclamada pola Revolución dende o 61. O Cónsul Xeral reparou tamén no avance da nova política económica co inzar de cooperativas, a apertura da Zona Especial do Mariel, e o protagonismo solidario de Cuba en Africa contra o Ébola.

Para Valentín Alvite, presidente da “Francisco Villamil”, o obxectivo proclamado do bloqueo (a defensa da democracia e dos dereitos humanos) foi só pretexto de EUA que vivia baixo un sistema de segregación racial, lanzaba a guerra xenocida do Vietnam e defendía e armaba as ditaduras latinoamericanas.

Antes da música e o baile, proxectaronse filmes sobre a cadea dos Cinco, imaxes do seu regreso e da concentración de 2013 en Pontevedra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará