A solidariedade con Cuba recordou en Vigo o “Dia da Rebeldía Nacional”

Lina Lobeira – Terra Sen Amos

O Dia da Rebeldía Nacional cubana foi comemorado en Vigo domingo 26 de mañá diante da estatua de Martí, no centro dos xardíns de Montero Ríos. As limitacións legais impostas pola pandemia reduciron o programa previsto pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil a unha ofrenda floral aos pés da figura do Apóstol da independencia de Cuba. No entanto, na outra beira do poderoso e largacío Alisio, en Santiago de Cuba, unha multitude en orde renovaba a fazña de Moncada, que deu orixe á Revolución.

Erea del Rio, presidenta da Francisco Villamil, e membros da Directiva, honraron Moncada ao pé do Apóstol en Vigo, en representación da solidariedade con Cuba en Galiza..

O acto de Vigo representaba a solidariedade con Cuba de todo o pais, a medio da Francisco Villamil, coutada polo andácio do Covid-19, e lembraba que chea de forzas e de enerxías renovadas arriba a Revolución Cubana ao aniversario 67 dos feitos do Moncada; nun ano de bloqueo escarncido, cargado de retos e tensións ao que cómpre engadir o desafio da pandemia que o goberno revolucionario enfronta cunha eficiencia a altura do seu exemplar sistema de asistencia sanitaria pública, tanto na illa coma na actuación solidaria internacional que beneficia a a 27 paises.

Yahima Martínez Millán, Cónsul Xeral de Cuba en Galiza e Astúries, agradeceu na ocasion a iniciativa da solidariedade para rememorar o Dia da Rebeldia.  Reproducimos a seguir seu escrito de conmemoración: O asalto ao cuartel de Moncada e

“Hai 67 años, a inmensa maioría dos cubanos sumouse á causa encabezada por un líder que alzaba a verdade como principal arma fronte os inimigos do seu pobo”.

O acto de Vigo representaba a solidariedade con con Cuba de todo o pais, a medio da Francisco Villamil, coutada polo andácio do Covid-19, e lembraba que chea de forzas e de enerxías renovadas arriba a Revolución Cubana ao aniversario 67 dos feitos do Moncada; é un ano cargado de retos e tensións ao que cómpre engadir o desafio da pandemia ao que o goberno revolucionario está a responder á altura do seu exemplar sistema de asistencia sanitaria pública, tanto na illa coma na actuación solidaria internacional que beneficia a a 27 paises.

Yahima Martínez Millán, Cónsul Xeral de Cuba en Galiza e Astúries, agradeceu na ocasion a iniciativa da solidariedade para rememorar o Dia da Rebeldia.  Reproducimos a seguir o seu escrito de conmemoración:  

“Hai 67 años, a inmensa maioría dos cubanos sumouse á causa encabezada por un líder que alzaba a verdade como principal arma fronte os inimigos do seu pobo”.

“O asalto aos cuarteis Moncada e Carlos Manuel de Céspedes,abriu a etapa final que culminou no triunfo revolucionario do primeiro de xaneiro de 1959, cando se eliminaron, de raíz, todos os males que denigraban á República. Foron múltiples os heroes que acompañaron a Fidel nesta xesta, entre eles Raúl, Almeida, Celia, Haydee, Melba. Desde ese momento, temos sido un símbolo na defensa da independencia nacional, da xustiza social e da solidariedade internacional”.

“Longo foi o camiño e grandes os sacrificios. Moitos caeron no camiño, pero é precisamente isto o que nos fai máis fortes e o que nos impulsa a non fraquear no noso empeño de construír unha patria mellor, aínda cando o criminal bloqueo imposto polos Estados Unidos durante 60 anos se agudiza cada vez máis, chegando a extremos insólitos. Desde o comezo do goberno de Donald Trump, téñense tomado medidas que perseguen asfixiar definitivamente a Cuba e a outros países símbolos de independencia nacional, como Venezuela e Nicaragua”.

“Nin sequera durante a pandemia, Estados Unidos se detivo no seu acoso ao noso país e impulsou unha campaña que intenta desacreditar a colaboración médica cubana no mundo. En intres en que os países deberían antepoñer a solidariedade, a cooperación, o diálogo ás diferenzas e os conflitos políticos, Estados Unidos fixo todo o contrario reforzando o bloqueo imposto ao noso país. Por iso resulta dobremente meritorio que teñamos superado con éxito a pandemia”.

“Foron meses moi difíciles, aínda que con un efecto diametralmente distinto ao que esperaban os nosos inimigos, que soñaban con que reinaría o caos e que as mortes por coronavirus inundarían as nosas rúas. Ben o dixo o Primeiro Secretario do Partido, Raúl Castro Ruz “non coñecen ben ao noso pobo, os que dubidan da nosa capacidade de crecernos até a altura que demanda cada reto.”

“A resposta sanitaria de Cuba sorprendeu aos nosos detractores que non cren como o noso país está a saír airoso do enfrontamento á pandemia, con un 94% de recuperación do total dos casos afectados. Todo isto, reflexo da vontade política do noso goberno e o Partido, que reúnen a todos os organismos, institucións e sectores, nun traballo de participación social”.

“Cuba tamén ondeou a bandeira da solidariedade internacional. Médicos e enfermeiros cubanos loitan contra a pandemia en países do Caribe, África, Europa e Medio Oriente. Enfoque solidario que tamén demostramos na atención ao transatlántico británico M.S Braemar, en momentos en que a axuda lle fora negada por outras nacións”.

“Agora, seguimos loitando para asegurar a substentabilidade e o progreso, nun proceso de absoluta continuidade. Traballamos intensamente por facer máis eficiente, xusto e democrático o noso socialismo, nun contexto no que os recursos non abundan. “Así ten sido durante 60 anos, de esforzo sostido de todo o país para vencer as dificultades e seguir adiante, e así terá que ser”, pois a persecución dos EEUU non parece ter fin”.

“Pero ao igual que aconteceu o 26 de xullo de 1953, o noso pobo non se rinde e é deber de cada un de nós non deixarnos aplastar polas dificultades, por grandes que poidan semellar”.

“Como expresara o Primeiro Secretario do PCC, Raúl Castro Ruz “Enfrontamos os duros primeiros anos do Periodo Especial e saímos adiante. Entón dixémolo e repetímolo con máis razón hoxe: Si que se pode!”

!Viva a Revolución Cubana!”

“Viva a amizade entre os pobos de Cuba e Galiza!”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *