A solidariedade encarece ao Parlamento Europeo que active medidas contra o Bloqueo

Asociación José Martí –  Terra Sen Amos

 A Asociación Valenciana de Amizade con Cuba José Martí iniciou o proceso de petición formal ao Parlamento Europeo para que, desde a UE, sexan activadas  medidas concretas de solidariedade con Cuba e contra o bloqueo dos EUA. A iniciativa pode ser apoiada por persoas e asociacións do Movemento de Solidariedade con Cuba,

Súmate á petición para que a UE active a solidariedade con Cuba contra o bloqueo dos EUA, seguindo un sinxelo protocolo:

1 Rexístrate aquí: 

https://www.europarl.europa.eu/petitions/é/registration/register#registerFrm

2 Entra en https://www.europarl.europa.eu/petitions/é/login

3 Preme no enlace da petición:  https://cutt.ly/sxhqoj5

4 Preme en SUMARSE á petición, e , a seguir, no espazo ADHERIRSE.

Asinando esta petición, recramamos facer fronte ao bloqueo económico, comercial e financeiro de EEUU contra Cuba que, desde a Unión Europea mediante a consolidación de:

 1 Intercambios políticos e parlamentarios.

2 A designación de Cuba como socio preferente.

3 Defender legalmente ás empresas europeas que comercian coa illa.

4 Promover investimento público da UE na economía cubana.

5 Ampliar o orzamento destinado á Cooperación ao Desenvolvemento.

6 Establecer intercambios culturais solidarios entre universidades, entidades científicas e industrias, entre outros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará