A solidariedade europea con Cuba condena o Bloqueo e reclama dos EUA a devolución de Guantánamo

Terra Sen Amos – Prensa Latina

O XVIII Encontro Continental de Solidariedade con Cuba celebrado en Boinj, Eslovenia, do 23 ao 25 de novembro, deu a coñecer seus acordos entre os que salienta a condena do Bloqueo, a clausura da base de Guantánamo e a súa restitución a Cuba, o cese dos programas de axitación de EUA contra a illa, a indemnización polos danos causados polo cerco económico e político a Revolución Cubana en case 60 anos.   A Asemblea produciu un manifesto acordado nos seguintes termos: “As 65 persoas que representamos 33 organizacións e asociacións de amizade e solidariedade con Cuba, procedentes de 24 países de Europa e  participantes no XVIII Encontro Continental de Apoio ao Pais Irmán de Cuba, celebrado en Eslovenia do 23 ao 25 de novembro del 2018, dando cabo as sesións de traballo, asinamos a seguinte DECLARACIÓN:

O XVIII Encontro Solidario de Europa con Cuba convocou 24 nacións en Boinj (Eslovenia) A Asemblea de 2018 debatirá a proposta rusa de acoller o encontro previsto en 2020. Na fotografia, unha sesión de traballo do encontro de Eslovenia.

As compañeiras e compañeiros do firme Movemento de Solidariedade con Cuba de Europa, xuntámonos para reforzar aínda a colaboración fraterna con Cuba a medio de intervencións na defensa da Revolución, de información da súa realidade, valores e logros e de denuncia e combate permanente contra o Bloqueo.

Reiteramos o noso voto por todas as reivindicacións de Cuba fronte as agresións incesantes do goberno dos Estados Unidos dende máis de medio século. En consecuencia ESIXIMOS:

1 O cese do Bloqueo co que Estados Unidos tortura a Cuba dende hai máis de medio século e que altera os apartados da saúde, a educación, a cultura, de tal xeito que non hai ámbito da vida cotián que librar se poida do seu impacto negativo o que traba verdadeiramente o progreso do pais. Polo seu carácter extraterritorial, a crecente batida das transaccións financeiras e das operacións de banca e crédito con Cuba, agravou aínda máis os problemas económicos do país logo de tantos anos de cerco. Non satisfeito co dano provocado, o cercador prexudicaa a toda a poboación, despreza as relacións do mundo con Cuba e desafía os principios fundamentais da Carta das Nacións Unidas.

2 A clausura da base de Guantánamo, establecida nun territorio ilegalmente ocupado polos EUA e usada como centro de detención e tortura, sen respecto ningún da Lei Internacional, así como a restitución deste territorio á  soberanía de Cuba

3 O cese das achegas dos Estados Unidos para os programas de inxerencia política e axitación na illa, así como dos grupos contrarrevolucionarios alcumados disidentes pola propaganda dos EUA e doutras potencias occidentais empeñadas na destrución do sistema económico, político e social libremente elixido polo povo de Cuba.

4 A indemnización de parte dos EUA dos danos económicos e humanos ocasionados ao povo de Cuba polo Bloqueo e outras agresións acontecidas dende hai máis de cincuenta años.

SAUDAMOS o voto da comunidade internacional contra o Bloqueo económico, comercial e financeiro expresado nas 10 votacións a prol da Resolución Cubana na 73 Asemblea Xeral da ONU.

Celebramos os avances para o Acordo de Diálogo Político de Cooperación Cuba – UE, e chamamos aos gobernos a continuar na ampliación e consolidación das relacións político-diplomáticas, económico-comerciais e de cooperación con Cuba en todas as áreas ao tempo que recusamos a resolución do Parlamento Europeo do 14 de novembro do presente ano sobre a situación dos dereitos humanos en Cuba, polo que insistimos no noso propósito de combater estas falsidades.

Esiximos o compromiso dos gobernos europeos contra os efectos extra-territoriais das leis do Bloqueo dos EUA, atendendo ao regulamento europeo que sanciona a toda persoa ou empresa que aplique estas medidas.

Recusamos a política da administración do Presidente Donald Trump  contra Cuba, hostil, entremetida e contraria a dereito internacional, e de porparte, as acusacións sen base sobre ataques sónicos contra funcionarios diplomáticos norteamericanos, así como as medidas impostas de a pouco contra o heroico pobo de Cuba, os mesmos pobos norteamericanos e o mundo.

Condenamos os planes subversivos contra a Revolución Cubana e particularmente os que buscan o dano da súa mocidade e as campañas de calumnia e mentiras. Non admitimos a campaña aldraxante do presidente de Brasil, Jair Bolsonaro, quen ousou calumniar o labor solidario, humanista e internacionalista dos cooperantes médicos cubanos no Brasil.

Recoñecemos a vontade e decisión do goberno e do pobo de Cuba de continuar o proceso de normalización das relacións  diplomáticas e de cooperación cos EUA sobre a base da igualdade e o respecto mutuo, sen condicións e sen inxerencia nos asuntos internos.

Celebramos o proceso de actualización do modelo político,  económico e social cubano, endereitado a fortalecer o socialismo e acadar unha economía sostibel, eficiente e racional.

Saudamos o actual proceso de consultas populares do proxecto de constitución de Cuba, que xa acumula a participación de más de 7 millóns de cubanos y más de 1 millón de propostas, nomeadamente de vontade  expresa do pobo cubano de medrar o proxecto socialista e o seu carácter popular, democrático, integrador e de permanente consulta co pobo.

Invitamos aos amigos e amigas de Cuba a sumarse as campañas de solidariedade, mediante a participación activa nas Brigadas Internacionais de Traballo Voluntario e noutros proxetos solidarios que facilitan o coñecemento da realidade cubana e a súa vocación humanista e solidaria.

Convocamos a traballar por un mellor e máis extenso uso das redes sociais e dos medios alternativos de información, para atinxir unha maior sensibilización y mobilización.

Comprometémonos a mellorar o nivel de coordinación, comunicación e traballo da cooperación con Cuba; a involucrar a mocidade e o movemento obreiro a prol da causa cubana e de todas as causas xustas do mundo.

Apoiamos a gobernos e organizacións progresistas de América Latina e do Caribe na súa briga contra o imperialismo e na defensa da súa propia soberanía, en particular da República Bolivariana de Venezuela.

No marco do 60 Aniversario do triunfo da Revolución Cubana e no II Aniversario da desaparición física do Líder Histórico da Revolución Cubana, Fidel Castro Ruz, reiteramos a nosa confianza na resistencia e coherencia de Cuba co legado destes dous referentes internacionis e ratificamos o noso compromiso solidario na loita por un mundo de paz, xustiza e dignidade.

Saudamos a proposta dos amigos da Academia Rusa de Ciencias Médicas (RAMS) e da Asociación de Amizade Rusia-Cuba (SARC) de sediar na Federación Rusa o XIX Encontro Continental de Solidariedade con Cuba no ano 2020.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará