Afunde o “Maine Sónico” de Trump contra Cuba

Nadia Bouzas (Jacksonville – Florida)

O ataque de Trump contra o governo de Cuba por ter permitido ou organizado un presunto ataque sónico sobre os diplomáticos dos EUA na Habana, poderia dar lugar a unha comprometedora investigación contra o propio inquilino da Casa Branca, ao desvelar o FBI que a grave acusación carece de todo fundamento. “O Maine Sónico afunde”, titula Cubadebate, en recordo do acorazado Maine, de bandeira norteamericana, obxecto dun atentado con explosivos que decidira a EUA a declarar a guerra contra España, en febreiro de 1898.

Os medios cubanos respostan con caricaturas a finxida alarma de Trump.

Depois de coñecer os resultados da investigación sobre a denuncia de Rex Tillerson ministro de Estado dos EUA e do propio Trump, formulada en agosto pasado, a Comisión de Relacións Exteriores do Senado anunciou que non habia evidencias de danos nos 24 diplomaticos norteamericanos da legación da Habana que denunciaran lesións causadas por presuntas armas sónicas ou de alta frecuencia.

En nome da comisión, Jeff Flake, senador republicano por Arizona, chamou a distender as relacións con Cuba e viaxou a Habana para dar conta ao goberno da illa do resultado da investigación. O grupo de traballo do Senado citou un completo informe do FBI que fixera catro visitas a Cuba coa plena colaboración do goberno da Habana. Tanto Raúl Castro coma o ministro de Estado de Cuba, Bruno Rodriguez Parrilla, recordaron que non había na historia da Revolución ningún caso de desafío aos estatutos de Xenebra que protexen o traballo dos diplomáticos. A illa padece, pola contra, a aberta hostilidade e entrometemento dos promotores do ilegal Bloqueo que vai xa para 56 anos.

Jeff Flake explicou que os axentes do FBI non atoparon as causas polas que os 24 diplomáticos denunciaran oira, vertixes e acúfenos entre outros síntomas. “Mália empregaren o termo ataque –dixo o senador Flake- non hai probas de que ninguén tentara producirlles dano, endebén moitos deles manifestaran trastornos”.

O presidente da Comisión do Senado foi ainda máis explícito ao asegurar que as evidencias recollidas polos investigadores do FBI concidían plenamente coa investigación feita polo goberno de Cuba sobre o caso.

O informe do Senado caiu coma unha bomba no goberno Washington e Rex Tillerson, ministro de Estado, recusou indignado a investigación do FBI que deixa a Trump no lugar dun mentirán que inventa probas para evitar a distensión con Cuba, manter o bloqueo e compracer a Marco Rubio e o seu grupo de presión hostil a independencia e o socialismo na illa.

Trump recibe unha das maiores lavazadas do seu mandado e, querendo convencer ao electorado da seriedade da súa politica hostil a Cuba, reclamou a constitución dunha comisión presidida polo Director Xeral de Información, coa participación do presidente da Cámara de Representantes e do Comité de Relacións Exteriores do Senado, para contrastar a legalidade da actuacion do Goberno ao recomendar a retirada do personal da embaixada na Habana. A esixencia de probas por parte desta comisión, pode resultar nun novo compromiso para o presidente.

En Florida medra a opinión de que a poltica de castigo a Cuba é unha reliquia da Guerra Fría que, lonxe de mellorar as posicións da fronte reaccionari, non fai senón aumentar o prestixio da Revolución. Por fóra dos herdeiros de Mas Canosa, é escaso o crédito prestado ao cadro que pinta Trump do goberno da Habana, coma unha banda de fanáticos que dispara ao solpor armas sónicas contra os diplomáticos norteamericanos de paseo polo Prado.

As agresións finxidas para xustificar unha intervención armada, inzan a historia contemporánea dos EUA no mundo, coma no caso do Golfo de Tonquín, a invasión de Kuwait ou a propia voadura do Maine. A oposición a Trump recorda que o prestixio de Cuba e a cada máis alto en todo o mundo e en especial en América.

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará