ALTA PARTICIPACIÓN NA FESTA DA CULTURA CUBANA EN COMPOSTELA

A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” celebrou sábado 19 o Dia da Cultura Cubana cunha festa en Compostela.

O acto deu comezo á tardiña na Escola Ramón Cabanillas coa benvida de Valentín Alvite Gándara, presidente da “Francisco Villamil”. José Antonio Solana, Cónsul Xeral de Cuba, explicou o alto valor patriótico da festividade e celebrou a amplia resposta á convocatoria por parte de Cubanos e Galegos. Valentin Alvite dirixiuse a representantes de Nós-UP, BNG, PCP-G, EU-PCPG, PCP-EGaliza Nova e Asociación Galego-Bolivariana “Hugo Chávez” asi como a delegación do Consulado da República Bolivariana de Venezuela.

ALTA PARTICIPACIÓN NA FESTA DA CULTURA CUBANA EN COMPOSTELAA presentadora Isabel Vierna introduciu as actuacións de Euclides Milán, o Grupo Tomasón-Escola de Baile de Ribeira, Mabel Guevara e Abel Guevara. O comboio do son meteuse na noite de vez coa axuda de voluntariado e a celebrada participación de músicos e instrumentistas profisionais.

A efeméride foi instituida hai 145 anos como exaltación da Cultura Cubana durante a loita de liberación contra a ocupación colonial española. A data celebra tamén o momento en que un grupo de patriotas Mambises sob comando de Carlos Manuel Céspedes, libertaran a cidade de Bayamo e o povo entoou pola primeira vez o hino nacional, a Bayamesa, cifra do espírito independentista.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará