América Latina relanza dende Bolivia o desafio dunha nova Orde Informativa Internacional

Terra Sen Amos – Cubadebate

Dende a Bolivia da ALBA, xornalistas latinoamericanos recuperan a proposta dunha Nova Orde Mundial da Información que recolla a vontade anti-imperialista do continente e permita contrarrestar a diaria manipulación dos medios do capital. A proposta recorda outra de 1980, na que colaboraran partidos de esquerda de todo o mundo e intelectuais coma Armand Matterlart, Herbert Schiller ou Ignacio Ramonet, para fundar unha Nova Orde Mundial da Información e a Comunicación, a NOMIC. A cuestión se debatírase na UNESCO, onde o premio Nobel da Paz Sean McBride elaboróu un célebre informe ainda vixente, combatido e postergado polos intereses do capital. É significativo que a iniciativa  nomeadamente francesa de 1980, reapareza nesta hora en A Paz e Santa Cruz, entre o silenzo de todos os que no hemisferio norte viviran afervoadamente o primeiro nacimento da OMIC.

Chamada a unha renovada NOMIC dende A Paz e Santa Cruz.


En Bolivia déronse cita Atilio Borón, de Arxentina; Emilio Rodas, Hugo Moldiz e Katu Arkonada, de Bolivia; o cubano Randy Alonso Falcón, da TV Cubana e Cubadebate; Luís Hernández Navarro, de México en representación de La Jornada e TeleSUR); Érika Ortega Sanoja, correspondente de RT en Venezuela; Otavio Antunes , da Fundación Perseu Abramo do Brasil, Carlos Antonio Lozada, do gabinete de prensa das FARC, Colombia; Juan Manuel Karg, en representación da Rede de Intelectuais e Artistas en Defensa da Humanidade, e Luís Bruschtein, do diario bonaerense Página12.  Nos debates participou Gisela López, Ministra de Comunicación do Estado Plurinacional de Bolivia, en representación do goberno. O presidente Evo Morales e o vice-presidente Álvaro Liñera, interviron na asemblea final.

Atilio Borón foi amais de participante principal no debate, cronista da reunión. A seguir reproducimos a traducción ao Galego do seu relato das asembleas celebradas en A Paz e Santa Cruz:

“O evento convidaba a debater sobre unha das armas máis virulentas da contraofensiva lanzada polo imperio: a batalla mediática. Definironse decontado os graves riscos que a intensificación da contraofensiva imperialista -coa súa tropa de asalto mediática á cabeza- representan para a democracia e a soberania das nacións de América Latina e o Caribe. O obxectivo de Washington é restaurar as condicións da rexión na véspera do triunfo da Revolución Cubana.

As inxerencias desestabilizadoras dos gobernos dos Estados Unidos de ganchete cos delegados locais, son as máis das veces manifestamente deconstituintes, como puidemos ver na ofensiva contra a Venezuela bolivariana. Endebén, esta política aplicouse máis ou menos explicitamente, sobre todos os gobernos progresistas do continente sen excepción. Renovando o bloqueo contra Cuba, Donald Trump proba que a guerra contra a illa rebelde segue en pé. Outros episodios sinistros da mesma ofensiva son as senténcias de xuíces, legisladores e medios de comunicación que derruban sen intervención das forzas armadas a gobernos desafectos: Honduras en 2009, Paraguay en 2012 e Brasil en 2016 e as tentativas fracasadas en Bolivia en 2008 e a de Ecuador en 2010. O asalto ao poder en Brasil en 2016 foi obra dunha grea de ladróns e gatuñeiros, organizados pola embaixadora estadounidense Liliana Ayalde, que é arestora  xefa civil do Comando Sur, a mesma que espabilara en poucas horas o golpe de Estado contra de Fernando Lugo en Paraguai, no 2012. Outras guerras de reconquista lanzadas por Washington para enterrar a paréntese aberta co triunfo da Revolución Cubana en Xaneiro de 1959, son a involución democrática que padece a Arxentina actual baixo o goberno de Mauricio Macri ou a intensificación da presenza militar estadounidense na área.

O seminario sobre a necesidade dunha nova orde internacional da información, revelou que a manipulación mediática e o abuso da mentira polos medios de comunicación hexemónicos alcanzaron niveis sen precedentes na rexión. Os grandes oligopolios multimedia que inzan a nosa América esgotaran o seu inmoral tránsito desde o xornalismo á propaganda, abandonando a misión de ofrecer información verídica e obxectiva para asumir, en cambio, o rol de axentes organizativos das trepias do capital. Polo tanto é inexacto referirse a eles como medios de comunicación pois que sofreron unha mutación xenética que os virou en oficinas de propaganda da dereita vernácula e dos seus amos estadounidenses. Sabedores da enorme estafa que isto implica para a opinión pública, teiman en dárense o nome de xornalismo independente, malia facer calquera cousa menos actuar como xornalistas e honrar o dereito á información. Na súa abominabel involución, a súa tarefa agora é atrofiar e adormentar a conciencia crítica da cidadanía, amansala con programas prosmeiros ou transmisións deportivas e descargar sobre o público unha fervenza de novas adulteradas e eternamente descontextualizadas. A diaria propaganda está destinada a manter á poboación man sobre man, submisa e ben mandada polos seus dominadores para a política rematar coma monopolio das clases dominantes.

Mais a submisión é só unha parte da misión destes grandes medios pseudo-periodísticos. Perante a debilidade das forzas políticas da dereita, asumen as funcións propias dun partido da orde, tal como Antonio Gramsci advertíra no seu estudo do Risorgimento Italiano. En liña con esa nova función política fixan os liñamentos fundamentais para a dereita realizar a política e economía doméstica e a norma internacional dominante en liña cos dictados de Washington. O caso é as forzas restauradoras seguir para arrincar de raiz a peste esquerdista, progresista ou populista, que  segundo os casos prendera en América Latina e o Caribe. A axenda concreta das organizacións políticas da dereita rexional, consiste na formación de cadros e militantes; a fabricación e promoción publicitaria dos seus candidatos e, para rematar, a través dos seus poderosos media, a manipulación da opinión pública para prevaleceren nas eleccións.

Neste marco esperpéntico, líderes e gobernos populares son vítimas de permanentes campañas de calumnias e difamacións contra os seus principais dirixentes, con aplicación de lente de grande aumento sobre problemas domésticos diarios mentres lle rouban a luz as traxedias doutros. Así, as mortais ameazas á liberdade de expresión identifícanse con grandes titulares en Venezuela, non en México, onde once xornalistas foron asasinados no que vai do ano e máis dun centenar desde principios de século. Estas axencias de propaganda dinque Nicolás Maduro é sen ningunha dúbida un contumaz dictador, e Michel Temer, o mafioso que afanou a presidencia de Brasil, un prudente estadista. As vítimas fatais das guarimbas venezolanas deste ano son unha proba escandalosa do despotismo do réxime, e foron noticia en primeira plana, día a día, durante máis de catro meses; porén, os 120.000 que morreron en México na chamada guerra contra os narcos, foron invisibilizados do mesmo xeito que os 43 estudantes de Ayotzinapa. Unha prensa que non aforra adxectivos para denostar aos gobernos progresistas, nada di sobre os máis de vinte líderes das FARC-EP asasinados nos últimos meses, no marco do actual proceso de paz de Colombia, e nin falar dos case douscentos militantes de base asasinados no último ano e medio ou dos sete millóns de desprazados polo paramilitarismo e o narcotráfico. Na Arxentina os medios do poder económico botan man de trolas, argalladdas e cirigaitas para non falaren do mozo Santiago Maldonado, detido pola Gendarmería e desaparecido; ou da parlamentaria do Mercosur e líder dun importante movemento social, Milagre Sala, que hai case dous anos está en prisión sen ser condenada por ningún delito. Casos como estes que apuntamos multiplícanse ao longo e ao ancho de toda a xeografía latinoamericana e caribeña, malia acontecemento tráxicos deste teor non dar chegado nunca a noticia xa que a misión dos medios dominantes é precisamente impedir que isto se saiba. For isto imposibel, esforzaránse en invisibilizalo ou inventar algunha que outra noticia espectacular que distraia a atención da cidadanía e sobarde o asunto principal.

¡Pensen en cal sería a reacción deses medios de propaganda si o goberno de Nicolás Maduro enviase á Garda Nacional Bolivariana a secuestrar as urnas do ilegal referendo convocado pola MUD o pasado 16 de Xullo e mallase case un milleiro de votantes como este domingo 1º de Outubro fíxo o goberno de Mariano Rajoy durante a realización do Referendo en Catalunya! A noticia sería primeira plana mundial durante días, e voceiros da dereita terian literalmente incendiado o continente coas denuncias en contra de tan brutal aldraxe ao que eles mesmos conciben como a esencia da democracia. Non ocorrerá o mesmo coas tropelías perpetradas polo goberno de Rajoy; ninguén dirá de Rajoy que é un dictador como repiten referindose teimosamente a Maduro. As axencias de propaganda do imperio e a dereita protexen a súa patronal.

A historia corrixiu a Karl Marx e agora os medios -non de comunicación senón de in-comunicación e desinformación, ou ao dicir de Noam Chomsky, medios de confusión de masas- tomaroon o lugar da relixión para converterse en opio dos pobos. A involutiva mutación foi precozmente recoñecida por Gilbert K. Chesterton en 1917 ao dicir que os media son polo súa mesma natureza, os juguetes dun fato de homes ricos. O capitalista e o editor son os novos tiranos que se apoderaron do mundo. Xa non fai falta que ninguén se opoña á censura da prensa. Non necesitamos unha censura para a prensa. A prensa mesma é a censura. Os xornais comezaron a existir para dicir a verdade e hoxe existen para impediren a verdade. As súas palabras son unha abraiante radiografía da situación mediática no mundo de hoxe. Sen tiran ou poñer unha só letra, retrata a situación dos medios en Latinoamérica.

A estratexia concertada dos grandes conglomerados da comunicación -coordinada desde Estados Unidos -por exemplo a través do Grupo de Diarios de América (GDA), con sé en Miami- impón unha asfixiante uniformidade de asuntos, noticias e opinións en todos os países do área. O GDA di o que hai que informar e o que non debe ser informado. Di tamén que é o que hai que opinar, quen deben facelo e como. Basta con percorrer as páxinas dos principais xornais da rexión ou os programas televisivos con maior audiencia para comprobar, por exemplo, que hai moito tempo a principal noticia procedente do exterior (cando non a única) é, invariabelmente, Venezuela.

Un mundo tan convulsionado como o actual ten para os media dominates un só punto de referencia: o que ocorre na terra de Bolívar e Chávez. Hai risco dunha guerra termonuclear na península norcoreana? Que a OTAN despregou sobre a fronteira rusa o maior continxente de forzas militares dende a Segunda Guerra Mundial? Siria é desangrada por uns terroristas creados por Occidente? O jihadismo aterroriza a Europa e ameaza con expandirse por todo o mundo? O presidente de Estados Unidos, administrador do maior arsenal nuclear do planeta, é caracterizado pola Asociación Psiquiátrica de Estados Unidos como unha personalidade emocionalmente inestabel e inepta para desempeñar o cargo? Miles de mortos en Yemen pola agresión dunha alianza formada por Arabia Seudita, Israel e as potencias occidentais? Nin palabra.Todos estes asuntos sonvos picalladas. A noticia é Venezuela; as seccións de mundo da prensa latinoamericana só falan dese país, coma se non existise ningún outro no planeta. Pode haber algunha que outra ocasional referencia a noticias do ámbito internacional, pero a noticia por antonomasia do exterior, a que precipitará unha fervenza de editoriais e notas de opinión será sempre a situación venezolana. O seminario fixo un chamado aos gobernos e movimentos sociais e as forzas políticas progresistas latinoamericanas e caribeñas para avanzar cara á conformación dunha vasta rede de alcance continental con capacidade de enfrontarse ás mentiras, deformacións e manipulacións inducidas polas oligarquías mediáticas neocoloniais da rexión. Existen en Latinoamérica valiosas expresións dun xornalismo fiel á súa misión de informar con objetividad. Pero, até agora, trátase de iniciativas illadas que será preciso integrar e coordinar para desenvolver unha estratexia común capaz de enfrontarse ao poderío das oligarquías mediáticas que abouran aos nosos pobos. Como recomendaba Martí, plan contra plan. Se o deles é unha coordinación continental de mentiras e calumnias o noso debe selo procurar que a verdade apareza con todas as súas luces.

O seminario concluíu manifestando o seu apoio á proposta dos movementos sociais de Bolivia de apoiar a repostulación do presidente Evo Morais Ayma a novo mandato, denunciando ademais a visión birolla do chamado xornalismo independente, encantada co recente triunfo da chanceler alemá Angela Merkel para iniciar unha cuarta quenda de goberno mentres agravian e condenan ao presidente Evo por tratar de facer o mesmo en Bolivia. Nun caso trátase da capitalización da experiencia adquirida por longos anos de goberno e a maduración que estes lle outorgan a unha estadista como a Merkel; noutro, expresión dunha turbia aspiración a eternizarse no poder e arrasar a democracia destruíndo o principio da alternancia no poder.

Os convocaados manifestaron ainda o seu beneplácito ante a iniciativa de declarar 9 de Agosto Día Internacional dos Crimes Estadounidenses contra a Humanidade, conmemorando a data na que Estados Unidos deitou a súa bomba nuclear sobre a indefensa cidade de Nagasaki e comprometéronse a promover o seu lanzamento oficial ano vindeiro. Son crimes que comprometen a supervivencia mesma da especie humana e, fronte a eles,   a indiferenza convértese en complicidade”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará