Ao goberno dos EUA cústalle entender que coa dignidade de Cuba non se negocia

Raúl Antonio Capote – GRANMA

“Mike Pompeo é un ignorante da historia e dos principios da Revolución Cubana”, dixo o presidente de Cuba depois de o ministro de Estado dos EUA ter a ousadia de propor un acordo sobre a base de os cubanos recusaren a via do socialismo, dar costas ao aliados e desandar 60 anos de dignidade e internacionalismo coherente. Miguel Diaz-Canel dixo que non hai nada tan atrevido coma a ignorancia do ministro de exteriores de Trump, que ten a cara lavada de anunciar que o Bloqueo poderia desarretar a cambio de Cuba traizoar os amigos, saldar principios e deitar pola borda todo un exemplo ao mundo de defensa dos principios e de dignidade. “Pompeo non entende que nesta longa illa vivimos menos que os que diariamente enchen as rúas dunha cidade grande; non seremos tantos: un feixe de persoas sobre unha fita de terra batida polo mar, mais temos construido unha ledicia esquecida”

Cartaz coas palabras de Fidel, pronunciadas no Teatro Carlos Marx, 24 de outubro de 1981, co gallo de XX aniversario de Girón.

Nas palabras firmes do Presidente, aparece a figura inmortal de Fidel en tantos anos de Revolución, cando dixera, en momentos semellantes aos de hoxendía, contra o imperio que ameazaba con agredir a illa e reforzar aínda o bloqueo económico: “Fachendosos milhomes imperialistas: non sodes quen de poñernos medo ningún”.O Comandante dixo daquela que os imperialistas cometian un novo erro con Cuba e que volverian teimar no mesmo arruallo “porque nunca deixaremos de honrar nosos compromisos internacionalistas».

Pompeo coida que todos os problemas de Cuba terian solución se a illa acadase  a condición de Estado subsidiário, baixo a lei dos EUA mais con dereitos recortados, como é o caso de Porto Rico que nestes días protesta a eito contra o estatuto censitario de Washington. O ministro de Trump é partidario declarado da tortura e reclama para os que a pratican en nome do Imperio, o nome de patriotas. Por esta e outras razóns de natureza colonial, Pompeo é propagandista afervoado da base ilegal de Guantánamo como campo de concentración especializado na tortura. Na súa opinión, o mundo melloraria se Cuba renunciase a colaborar pola saúde, a educación e a agricultura en Venezuela e outros 60 paises do mundo. Este parece o recado de Popeo para o mundo: obedecer ás ordes de Trump, colaborar na desigualdade planetaria, renunciar á xustiza e entregar traballo, recursos e principios nunha cerimonia de rendición que contente a canalla.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará