Aprobada en Cuba a primeira vacina contra o cancro de pulmón

A primeira vacina terapéutica contra o cancro de pulmón xa foi aprobada en Cuba. Os especialistas estudan agora o uso do fármaco no tratamento doutras doenzas oncológicas.

Vintecinco anos investiu o Centro de Inmunoloxía Molecular da Habana no afinado da vacina CimaVax-EGF, un preparado semellante do EGF, factor de crecimento epidermico necesario para a vida e propagación das celas canceríxenas. Co fármaco, o sistema inmunolóxico do organismo ataca as celas que producen o EGF e, deste xeito, o tumor redúcese.   cancroA vacina non pode prever a enfermidade pero mellora o estado dos pacientes graves. O tratamento con Cimavax-EGF está indicado para doentes xa sometidos á quimioterapia ou radioterapia e cualificados de terminais sen alternativa terapéutica. Cimavax-EGF axuda a controlar o crecimento do tumor sen toxicidade asociada e aumenta a calidade de vida dos doentes con tumores.

Gisela González, directora do proxecto explicou que o fármaco “oferece a posibilidade de convertir o cancro avanzado nunha doenza crónica controlabel, en tanto produce anticorpos contra as proteínas desencadenantes do descontrol nos procesos de inzado celular anómalo”.
CimaVax-EGF foi aprobado en Cuba para uso clínico en doentes de terceira e cuarta fase de cancro, resistentes a tratamento con radioterapia e quimioterapia. A vacina será administrada sen cargo aos pacientes dos hospitais o país.
Na Illa, o cancro de pulmón acaba cada ano con case 20.000 persoas. En 12 das 15 provincias de Cuba, o cancro é a primera causa de morte.
O Fondo Mundial para a Investigación do Cancro (FMIC) rexistra 12 millones de casos de cáncer anuais. Case  2,8 millóns de persoas enferman a causa da vida que levan, con costumes nocivos, alimentación deficiente e peso excesivo. O número de doentes de cancro vai aumentar a eito na década vindeira, segundo anuncian os expertos.

Lér texto completo en:  http://actualidad.rt.com/ciencias/view/32388-Cuba-lanza-primera-vacuna-contra-cancer-de-pulm%C3%B3n

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *