As brigadas médicas substitúen aos Consellos de Defensa fronte o grave aumento de Covid-19 entre menores e adolescentes en Cuba

Axencias – Terra Sen Amos

As brigadas médicas e de xestión epidemiolóxica que tratan a Pandemia en Cuba en primeira liña, dirixidos polo ministerio de Saude Pública, asumen as competencias dos Consellos de Defensa provinciais e municipais.  A pragmática de goberno responde ao agravamento do andazo de Covid 19 entre menores e adolescentes, unha circunstancia que, segundo as últimas informacións, está a acompañar en todo o mundo a progresión das campañas de vacinación masiva. A noticia foi anunciada polo diario Granma e as emisoras de Cuba na madrugada do dia 19, despois de o presidente Diaz Canel  transmitir a preocupación do goberno pola nova afección da Pandemia sobre a poboación infantil e a mocidade.

Cuba pechara escolas e transporte público 13 de xaneiro pasado perante o agravamento da Pandemia

A poucas horas de establecer a estatalización de emerxencia do seguimento e terapia da Pandemia, a doutora Lisette López González, xefa de Pediatría do Ministerio de Saúde Pública avisou que o mito da poboación infantil e xuvenil estaren blindados contra a Covid-19, fóra esvaecendo a medida que se prolongaba a loita contra a Pandemia até comprobar 22 de maio un aumento continuado de infeccións en nenas, nenos e adolescentes. No primeiro surto, a poboación pediátrica sumaba  200 casos, no segundo 600 e 22 de maio atinxiron 17.000 o que representa o 13% de casos confirmados da Covid no país.

A doutora falaba diante dunha xuntanza do comité de expertos e científicos  a que asitían o Presidente Diaz Canel e o primeiro ministro Manuel Marrero.

É opinión non confirmada mais congruente coa reforma do sistema de xestión da Pandemia na illa, que a urxente medida procura aplicar os resultados probados nas estratexias de inmunización das brigadas médicas cubanas en máis de 50 paises.  Sabendo que a dilatada experiencia da medicina de solidariedade cubana mellora e simplifica a actuación das brigadas en cada nova campaña, o que se quer é aplicar os resultados das estratexias de inmunización doutros países a Cuba, tal e como se fai nas experiencias nas misións médicas en todo mundo

O cubano Pedro Mas Bermejo, científico do Instituto de Medicina Tropical Pedro Kourí , membro da Sociedade Internacional de Avaliación de Tecnoloxías e experto nas disciplinas de hixiene, epidemioloxía, microbioloxía e nutrición, nota que o comezo das campañas de vacinación en todo o mundo amosaron unha incidencia no aumento de casos de Covid 19 asi coma picos de falecidos, mentres que os países con maior éxito nas campañas aumentaran as medidas restritivas durante o proceso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará