As leiras inter-urbanas, alternativa realista e sostíbel para a soberania alimentaria cubana

Axencias – Terra Sen Amos

É estratéxico para Cuba producir alimentos que aforren víveres importados anualmente por valor de 1.800 millóns de Euros. Manuel Marrero Cruz, primeiro ministro, dixo que as leiras inter-urbanas eran  a maneira máis económica de producir alimentos, cun mínimo de transporte e combustibel, que as veces nin son precisos pola proximidade do mercado; non require adubos importados nin insecticidas pois cada cavada debe dispor da súa reserva de orgánicos. Por riba, garante emprego a mocidade e contribúe a mellorar o manexo da auga e o reciclaje de nutrintes; recupera terras a barbeito e produce as sementes que demanda, entre outras vantaxes. “Unha alternativa realista e sostíbel –dixo-, referencia do que temos que facer para atinxir soberanía alimentaria”.

Manuel Marrero durante unha visita ao agro de Yaguey, na beira de Yaguajay, en Sancti Espiritus (foto de “La Voz de Escambray”.

Os bós resultados do plano de autonomia alimentar foron recordados no  XXXII aniversario do Programa de Agricultura Urbana, Suburbana y  Familiar. Todo comezara durante a visita de Raúl Castro a unha experiencia de cultivo de hortarizas en agros adubados con materia orgánica en Hortifar, entidade pertencente á Unión Agropecuaria Militar. Raúl recomendou estudar e promover o método de cultivo. De a pouco,  aquel sistemas de leiras pasou a ser parte da contorna en calquera recanto de Cuba.

 
Manuel Marrero ldixo que a partir dos espléndidos resultados da primeira fase, Raúl, dende a presidencia do Goberno, lanzou un novo programa para incrementar a escala deses cultivos aos arrabaldos das cidades, que na súa gran maioría permanecían improductivos. “Nacera 8 de abril de 2009,  en Camagüey, nun radio de dez quilómetros desde o centro da capital provincial, co nome de agricultura suburbana, que foi integrada nas xa consolidadas agriculturas urbana e familiar” dixo Marrero que recordou a seguir a Adolfo Rodríguez (Adolfito), quen con paixón e capacidade asumiu a tarefa, prácticamente até o último alento. “Ao seu empeño debemos en boa medida o alcanzado. Serva este evento para honrarmos súa memoria”.

O xefe de gabinete, dixo que o plano agrícola interurbano dera resultados positivos e importantes aforros á economía do país, ao contribuír á disminución de importaciones .” Nun intre no que o Goberno dos EUA aumenta o bloqueo, cobra moita máis importancia este proxecto dirixido á produción de alimentos para o pobo, algo que non é simplemente unha prioridade máis pois constitúe un asunto vital para a seguridade nacional, que é igual a preservar a nosa independencia e soberanía”. Recordou tamén Marrero Cruz que o pobo de Cuba herdara como tradición alimentaria unha dieta composta por catro produtos básicos: arroz, feixón, as distintas variedades de tubérculos e froitos que se sirven cociñados co nome de vianda, e proteína, á que compría engadir  verduras.  Dos catro elementos, só un era xa plenamente de orixe cubano. a vianda mentres mantense a importación do arroz, e en menor medida a dos feixóns e cárnicos. “Propuxéramos garantir 30 libras mensuais de vianda e hortarizas a cada compatriota, e delas atinximos 20 en 2019. Chegaremos a esa meta nun menor tempo se continuamos incrementando as áreas produtivas, dende o eido, a horta, os organopónicos xigantes e a agricultura suburbana, até os grandes polos produtivos”.



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará