Atilio Boron repasa en “El Hechicero de la Tribu” o fanatismo neoliberal de Vargas Llosa

Rosa Bentraces – Terra Sen Amos

Comezos de 2018, o escritor peruano nacionalizado en España, Mario Vargas Llosa, publicou un ensaio titulado La llamada de la tribu, ao que autor deu nome de biografía intelectual ou repaso dos seus mestres pensadores sociais e económicos que o levaran a pé feito polos camiños da vida até devir neoliberal militante e defensor do imperialismo estadounidense. Atilio Boron recompón un por un os tropezos do autor peruano no mundo da economia e para iso reuniu nun libro que titulou El Hechicero de la Tribu os datos da economia real deformados polas preferencias políticas do autor de La llamada de la tribu.

“El Hechicero de la tribu” de Atilio Boron, foi presentado na recente Feria Internaciional del Libro da Habana.

O novo sumario biográfico do autor de La tía julia y el Escribidor , vai dende un breve compromiso coa esquerda en Lima deica a defensa das guerras preventivas (desbaldar un pais para salvaren o mundo) de Ronald Reagan, George W. Bush ou Donald Trump. Vargas nega, por exemplo, que a prédica do mercado sen límites teña nada a ver coa grande recesión de 2008, nin co derrame da biosfera. Autores como Milton Friedmann, Karl Popper, Yelena Bonner ou Friedrich von Hayek, entre outros, convencéronno de as desigualdades de renda no mundo, vir das normas que afogan a iniciativa económica, corrompen gobernos e inzan o burocratismo. La llamada de la tribu, non deixa de repetir que os problemas da economia mundial proceden de acoutar o librecambio, ainda a risco de lle escapar das mans o novísimo proteccionismo de Trump.

Segundo Atílio Boron, no libro de Vargas, a ausencia de rigor científico vai de ganchete dunha nula vocación esclarecedora, mália seren estas as intencións expresadas polo peruano na presentación do seu ensaio. O afervoado seguidor da Escola de Chicago, actúa coma intelectual orgánico para a xerarquía de poder do capital, é dizer: de voceiro de ideas e ordes do dia encamiñadas a manter a hexemonía neoliberal e o pensamento único dentro da sociedade capitalista.

Boron volve sobre a purga liberal de Chile onde o cerco a Salvador Allende gobernado dende o Comando Sur deixaba ao pais na pobreza e no estraperlo para que Milton Friedman, amigo de Pinochet, operara o seu anunciado Miragre Económico. De feito, rebentados todos os precintos das economia, Chile resultou radicalmente transformado para pior. As políticas de libre mercado ocasionaron a Chile dúas desfeitas económicas nunha mesma década, primeiro en 1974-75 cunha queda do PIB de 12% e novamente en 1982-83 cunha nova baixa do 15%.  O PIB medio entre 1974 y 1989, a famosa liquidación do Estado para renacer, de Friedman e Pinochet, non puido nin comparar co 4% anual que Chile medrara de 1951 a 1973, un tempo de economía máis regulada do que nunca.

O libre mercado radical medrou a desigualdade e para os dias derradeiros da ditadura de Pinochet, un 40% da poboación de Chile, uns 5,2 millóns de persoas sobre o total de 13, eran pobres. Canto a distribución da renda, a do 50% máis pobre de la población, desceu do 20,4% ao 16,8%, no entanto a renda do dez por cento máis rico saltou do 36,5% al 46,8%.

No remate do seu libro de denuncia, Atilio Borón desafía a Vargas a debater en público os argumentos que contén La llamada de la tribu. “Cando e onde o coide convinte –engade- pois enttendo que llo debe aos seus lectores.



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *