Todalas entradas de Terrasenamos

“Non hai familia cubana nin sector no país que non padeza os efectos do Bloqueo”, Rodríguez Parrilla na Asemblea Xeral da ONU

Granma – Redacción de Terra Sen Amos

O Chanceler cubano dixo na ONU que os danos causados en Cuba pola interferéncia do Bloqueo son incalculábeis. Nunha Asemblea histórica, na que non se produciu nin un só voto a prol do ilegal cerco dos EUA, Bruno Rodriguez Parrilla salientou que non hai familia cubana nin sector no país que non padeza os efectos do Bloqueo na saúde, a educación, a alimentación, os servizos, os prezos, os salarios e as pensións. O representante de Cuba foi moi preciso ao relatar as opcións de intercámbio recén liberadas polo governo Obama, mais sinalou que, na comparanza, os atrancos prevalecen.

A delegación cubana na Asemblea Xeral da ONU, acolle con aplausos a primeira votación sen pronunciamentos a prol do Bloqueo,
A delegación cubana na Asemblea Xeral da ONU, acolle con aplausos a primeira consulta sen o voto de EUA a prol do Bloqueo,

“A imposición de condicións discriminatorias e onerosas, unida aos efectos disuasivos do Bloqueo, restrinxe as compras de alimentos e a adquisición no mercado estadounidense de medicamentos, reactivos, pezas de reposto para equipa e instrumental médico -relatou o Chanceler- A empresa estadounidense MEDTRONIC non puido establecer contratos con empresas cubanas para a venda de estimuladores cerebrais, precisos para o tratamento de pacientes cubanos con enfermidade de Parkinson e outros trastornos neurológicos; estes contratos foron recusados de a pouco, a causa das restriccións do Bloqueo”.

Noutra  pasaxe da súa intervención perante a Asemblea, Rodríguez Parrilla recordou que a multinacional SIGMA ALDRICH negouse a fornecer medios de protección e produtos químicos e bio-tecnolóxicos solicitados pola empresa  FARMACUBA, para a elaboración de medicamentos no país; que en maio deste ano a Comisión Regulatoria Nuclear dos Estados Unidos notificou á sucursal da compañía alemá ECKERT und ZIEGLER, a denegación da solicitude de licenza para á compañía holandesa PHILIPS dotarse de calibración para un equipo médico adquirido polo Instituto de Oncología de Cuba en 2013, o que impide o funcionamento dun servizo vital para pacientes con cancro. Vinteseis de setembro pasado, a compañia italiana de equipa médica EMILDUE notificou á empresa cubana MEDICUBA que a compañía estadounidense BOSTON SCIENTIFIC CORPORATION (BSC) recusaba a venda dun xerador de radiofrecuencia marca COSMAN, para o diagnóstico de cancro. O bloqueo non deixa de estorbar os intereses dos propios cidadáns estadounidenses que puidesen beneficiarse de varios servizos en Cuba, entre eles, os de saúde”.

Rodríguez Parrilla asegurou agradecer e compartir “as emotivas palabras da embaixadora (dos EUA) Samantha Power sobre o caso emblemático e exemplar  do doutor Félix Báez Sarría. É un exemplo de todo o que podería facerse cando prevalece a cooperación internacional. Con todo, non podería calar que nos momentos tráxicos da epidemia de Ébola en África Occidental, a extensión da axuda médica cubana foi impedida pola negativa do STANDARD CHARTERED BANK británico a realizar transferencias entre a Organización Mundial da Saúde e as brigadas de médicos cubanos nas que participaba o doutor Báez Sarría e que arriscaban as súas vidas no contacto directo cos pacientes, o que requeriu, aínda nesas condicións extremas, licenzas específicas do Departamento do Tesouro dos Estados Unidos. A sucursal en Uganda deste banco ven de  pechar as contas persoais dos traballadores da saúde cubanos nese país, e a filial do tamén británico Barclays Bank impídelles facer transferéncias a Cuba. Acontece outro tanto co persoal cubano de cooperación no sector educacional noutros países. Co cambio de voto de Estados Unidos, debemos preguntar: cesarán estas prácticas?”

Relatou tamén o ministro durante o seu discurso, que en agosto pasado malográronse transferéncias para os servizos materno-infantil e oftalmológico prestados en Arxélia, a causa da negativa dos bancos Commerzbank alemán e do KBC Bank belga e noon deixou de mencionar que o programa “Parole para o Persoal Médico Cubano”  EUA tenta impedir a cooperación médica e privalos a eles e a nós de indispensabeis recursos humanos de alta cualificación. Aliás, bancos radicados en Paquistán negáronse a abrir crédito solicitado por unha compañía dese país para a compra de 100 mil vacinas contra a Hepatite B, por ser Cuba un país baixo sanción dos Estados Unidos.

Ainda unha pexa do bloqueo é a prohibición legal aos cidadáns estadounidenses de viaxar libremente a Cuba, violación de feito dos seus dereitos e liberdades civís, mesmo considerando os permisos de viaxes nas 12 categorías autorizadas. Calquera cidadán estadounidense está ameazado por cen mil dólares de multa no caso de viaxar a Cuba con vários acompañantes.

Consonte a Lei internacional, o Bloqueo é  ainda unha violación masiva, flagrante e sistemática dos dereitos humanos de todas as cubanas e cubanos; é un acto de xenocidio ao pé da letra da Convención para a Prevención e Sanción do Delito de Xenocidio de 1948; é un iimpedimento real para a cooperación internacional humanitária.

Na parte final do discurso, o ministro de Estado de Cuba recordou que 16 de abril pasado, o Presidente Raúl Castro, expresou a súa vontade de desenvolver un diálogo respectuoso para construír un novo xénero de relación con Estados Unidos, como o que nunca existiu entre ambos países, na confianza de poder reportar beneficios mutuos.  Dezasete de etembro, reiterou o propósito de soster relacións de convivencia civilizada con Estados Unidos, sen Cuba ter que renunciar por iso a un só dos seus principios, nin a realizar concesións inherentes á súa soberanía e indepéndencia.

“Historicamente -continuou Bruno Rodríguez Parrila- o governo dos Estados Unidos procurou a anexión de Cuba e entrementres exercer a súa dominación sobre a illa, mais triunfando a Revolución, formulou o propósito literal de provocar o desengano e o desalento en Cuba mediante a insatisfacción económica e o malpasar, negándolle crédito e comercio creduo fin de reducir os salarios nominais e reais, e  provocar fame, desesperación e o derrocamento do goberno.”

Para o Chanceler, o recente recoñecemento estadounidense de a soberanía e autodeterminación de Cuba non oculta na súa formulción ambigua o propósito de alterar a orde constitucional e promover cambios no sistema económico, político, social e cultural de Cuba, nin escusa a intención de continuar desenvolvendo programas que procuran a influenciar a sectores da sociedade cubana para serviren intereses dos EUA. De feito o governo dos EUA dixo de apouco que buscaria para Cuba un cámbio de governo. “Cambiar a Cuba -recordou- é asunto soberano dos cubanos xa que Cuba é un país verdadeiramente independente. O é porque gañou a súa independéncia por si mesmo e soubo e saberá defendela ao prezo dos maiores sacrificios e riscos”. Estamos orgullosos da nosa historia e da nosa cultura que son o tesouro máis preciado. Non esqueceremos xamais o pasado porque é a forma de non regresar nunca a el. Decidimos o noso camiño ao futuro e sabemos que é longo e difícil, pero non nos desviaremos del por inxenuidade, por cantos de sereas, nin por erros. Non hai forza no mundo que poida obrigarnos a iso”.

No derradeiro treito da súa intervenzón, o ministro dixo que Cuba estaba resolta a converter en realidades moitos soños, propios e tamén comúns con outros pobos. “Estamos cheos de soños por construír pero son os nosos soños: non precisamos soños alleos á nosa cultura nin á nosa historia; por e para a mocidade fíxose e faise a cotio a Revolución Cubana, para unha mocidade que, sendo tan semellante á súa época, é tan patriota e anti-imperialista coma seus pais e avós”.

“Loitaremos por construír unha Nación soberana, independente, socialista, democrática, próspera e sostibel. Non volveremos ao capitalismo. Como dixo o líder da Revolución Fidel Castro Ruz,  pasado 19 de abril: “melloraremos o que compra perfeccionar, con lealdade meridiana e forza unida, como Martí, Maceo e Gómez, en marcha imparábel”.

“Señor Presidente, distinguidos Representantes Permanentes, estimados Delegados -concluiu o representante cubano- o levantamento do Bloqueo é central para avanzarmos cara á normalización das relacións cos Estados Unidos; é o que dará senso, profundidade e firmeza ao alcanzado. O Bloqueo é inxusto, inhumano, inmoral e ilegal, e ten de cesar unilateral e incondicionalmente; o cambio de voto que a embaixadora (dos EUA) Samantha Power ven de anunciar, é un sinal que promete. Temos a esperanza de velo reflectido na realidade. Agradecemos fondamente a  gobernos e povos, parlamentos, forzas políticas e movementos sociais, representantes da sociedade civil, organizacións internacionais e rexionais, por contribuiren coa súa voz ou o seu voto, un ano após doutro, a argumentar a urxéncia e xustiza da abolición do Bloqueo. Extendemos a nosa sincera gratitude ao pobo dos Estados Unido, polo seu apoio crecente a esta proposta xusta. Moitas grazas” (Aplausos).

Estados Unidos mantén con rigor o Bloqueo mais non o vota na ONU

Adela Roade – Terra Sen Amos

EUA abstense na votación contra o Bloqueo na Asemblea Xeral da ONU e o mundo descobre con abraio que a teimuda agresión contra Cuba prosegue para alén de medio século, coa ruindade de sempre, mália que non pareza merecer nin o apoio do propio executor. O paradoxo fai regresar pola via do sarcasmo o que nacera en 1960 como traxedia: o governo dos Estados Unidos procura agora salvar a súa recomendación de librar a Cuba do sogueiro mentres abre o tiro ao cerco económico, político e comercial da illa. A prensa da mañá da Habana, anuncia que o Goliath imperial deixou cair un intre os brazos fronte ao David cubano que ten coma sempre un coio a fungar na súa honda. A administración Obama defende dende hai oito anos o principio da iniciativa sobre o da coheréncia, o que lle permite expresarse contra o Bloqueo na Cámara (con maioría Republicana) e termar ao mesmo tempo na agresión maior contra os Dereitos Humanos que é o cerco criminal. Explican na Casa Branca que nunca unha decisión política pode ter o mesmo valor ca outra resolución antagónica, endebén  proceda do mesmo governo. Do que o mundo pode fiar plenamente é da razón e do rigor político da Revolución Cubana, un compromiso coa liberación dos povos, a independéncia e o anti-imperialismo que gaña por aclamación na Asemblea da ONU e mesmo recibe a abstención, nunha volta de Moebius,  dos que cociñan a cínica receita do Bloqueo.

Caricatura de Adán Inglesias en Juventud Rebelde.
Caricatura de Adán Inglesias en Juventud Rebelde.

Mais de 50 anos de bloqueo dun povo é unha violación maior dos Dereitos Humanos

Iroel Sánchez – CUBAHORA

O bloqueo económico, comercial e financeiro aplicado ao povo de Cuba dende hai máis de 50 anos, constitúe unha violación rechamante, esmagadora e sistemática dos seus dereitos humanos e se o Goberno dos Estados Unidos quere realmente promover políticas de axuda aos cubanos, o imperativo é que elimine as restriccións en vigor para desmontar de vez tan obsesiva e inxusta política. Cuba levou este argumento a segunda mesa sobre Dereitos Humanos en Washington ao tempo que amosaba a súa preocupación polo respecto e garantía dos dereitos humanos nos Estados Unidos, entre elas, as documentadas violacións do dereito á vida á luz das mortes por armas de fogo e a brutalidade e abusos policiais, en particular contra a poboación afro-americana, a maiores da crecente inseguridade cidadá.

Deseño de Alfredo Martirena Hernández
Deseño de Alfredo Martirena Hernández

Seguir lendo Mais de 50 anos de bloqueo dun povo é unha violación maior dos Dereitos Humanos

Inventiva e rigor da prensa Cubana para informar do furacán Matthew

Ariel Terrero – Cubadebate (traducción e edición de Terra Sen Amos)

Nada máis asomar no horizonte caribeño o furacán Matthew, a prensa cubana despregou artes verdadeiras de información e con profesionalidad e dilixéncia, deu conta da nova ameaza, as medidas de preparación, a desfeita de Baracoa e outras localidades do extremo oriental de Cuba e dos labores de recuperación. Os xornalistas saíron a busca da noticia para comunicala decontado e máis unha vez probaron saber facelo. A revista televisiva especial dirixida por Cristina Escobar e Lázaro Manuel Alonso, ben artellada cos tele-centros locais e co Centro de Prognósticos do Instituto de Meteorología, tivo expresións similares na radio. As radioemisoras provinciales e municipais inventaron solucións enxeñosas de conexión co resto do mundo. Na rede de redes, o seguimiento certeiro do furacán, propiciou en Cubadebate cifras históricas de visitas. A mellor evidencia da inventiva e rigor dos xornais foi a profusión de información xunto aos partes, imprescindíbeis, dos meteorólogos e da Defensa Civil.

A radio, a prensa escrita e a TV cubanas deron, superaron todos os retos do esmagador furacán.
A radio, a prensa escrita e a TV cubanas, superaron todos os retos do esmagador furacán.

Seguir lendo Inventiva e rigor da prensa Cubana para informar do furacán Matthew

Denuncian o dobre xogo de Donald Trump con Cuba

Albino Presedo (Miami)

Donald Trump, candidato do Partido Republicano á presidencia dos EUA, meteuse na bouza da mentira, a inmoralidade máis perseguida nos aspirantes á Casa Branca. Trump xurara  en 1999 non facer nunca negocios na comunista Cuba, mais agora sábese que un ano antes de tan gallardo desafio, enviara padriños a Habana para investir na illa. A seguir e mentres loitaba pola candidatura do seu partido, Trump concordou co propósito de Obama de mudar a relación con Cuba e non lle doeron prendas hai dúas semanas en Miami, para prometer unha nova ruptura coa illa, o mantemento do Bloqueo e acusar Obama de transixéncia coa Revolución. Trump representa o dilema de moitos negociantes norteamericanos, temerosos de perder comba nun pais veciño que se renova e interesa en todo o mundo, e arrepiados perante as críticas de colaboraren cos anti-capitalistas.

 Newsweek revela o dobre xogo Trump con Cuba e ao candidato republicano fáltalle tempo para visitar  Miami disfrazado de George W. Bush.
Newsweek revela o dobre xogo Trump con Cuba e ao candidato republicano fáltalle tempo para visitar Miami disfrazado de George W. Bush.

Seguir lendo Denuncian o dobre xogo de Donald Trump con Cuba