Todalas entradas de Terrasenamos

Yoani Sanchez recibe 60.000 dólares de Yahoo para estudar xornalismo nunha universidade dominada pola CIA

Alina Maceda-Terra sen Amos

Yoani Sánchez ven de recibir de Yahoo unha bolsa de sesenta mil dólares para ampliación de estudos na universidade de Georgetown. Promovida polo exilio contra-revolucionario de Miami e a CIA, Sánchez recebera cantidades millonarias por reclamar para Cuba mediante crónicas en Internet a urxente adopción do modelo norteamericano de consumo e propaganda.yoanisanchezusa Seguir lendo Yoani Sanchez recibe 60.000 dólares de Yahoo para estudar xornalismo nunha universidade dominada pola CIA

Fernando González agradece a solidariedade de Galiza e recorda o compromiso de resgate de Ramón, Gerardo e Antonio

Terra Sen Amos-Madrid

Fernando González Llort, heroe da República de Cuba e vice-presidente do Instituto Cubano de Amistad con los Pueblos (ICAP), dirixiuse na súa primeira visita ao Estado, a activa solidariedade de Galiza cos Cinco Cubanos. Fernando entregou a unha delegación da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, desprazada a Madrid para un encontro de homenaxe aos Cinco, o seguinte texto: “Aos amigos de Galiza: un saúdo agradecido e o compromiso de loitar até ver de regreso a Gerardo, a Ramón e a Toni”.

Coral Prieto e Gustavo Luca, da "Francisco Villamil", con Fernando Gonzalez Llort
Coral Prieto e Gustavo Luca, da “Francisco Villamil”, con Fernando Gonzalez Llort

Seguir lendo Fernando González agradece a solidariedade de Galiza e recorda o compromiso de resgate de Ramón, Gerardo e Antonio

Aprobada en Cuba a primeira vacina contra o cancro de pulmón

A primeira vacina terapéutica contra o cancro de pulmón xa foi aprobada en Cuba. Os especialistas estudan agora o uso do fármaco no tratamento doutras doenzas oncológicas.

Vintecinco anos investiu o Centro de Inmunoloxía Molecular da Habana no afinado da vacina CimaVax-EGF, un preparado semellante do EGF, factor de crecimento epidermico necesario para a vida e propagación das celas canceríxenas. Co fármaco, o sistema inmunolóxico do organismo ataca as celas que producen o EGF e, deste xeito, o tumor redúcese.   cancro Seguir lendo Aprobada en Cuba a primeira vacina contra o cancro de pulmón

Cuba denuncia nos Não-Alinhados novo intrometimento dos EUA

NAÇOES UNIDAS-Granma
Cuba denunciou em 19 de agosto, no seio do Movimento dos Países Não-Alinhados (Mnoal) as novas ações do governo estadunidenses para desestabilizar a Ilha. Segundo a Missão Permanente cubana perante as Nações Unidas, essa representação entregou ao movimento, do qual fazem parte 120 países, a denúncia que reflete os planos financiados pela Agência dos Estados Unidos para o desenvolvimento Internacional (Usaid), destinados a promover a subversão interna.

Meios informativos norte-americanos revelaram um novo plano da Usaid, consistente no recrutamento, desde 2009, de jovens latino-americanos para incitar setores da juventude cubana a agir contra a ordem constitucional referendada na Ilha.usaid20 Seguir lendo Cuba denuncia nos Não-Alinhados novo intrometimento dos EUA

Grazas, Fidel

A personalidade de Fidel é parte da historia contemporánea dos agredidos no mundo polo que sen programas públicos de conmemoración, o seu 88 aniversario convocou comentarios en todo o planeta. No seu visitado sitio electrónico La Pupila Insomne, o xornalista cubano Iroel Sánchez escrebeu un  artigo  que ofrecemos en versión galega como mostra singular do extraordinario trebón de letras formado arredor de Fidel nesta data:

(Iroel Sánchez, La Pupila Insomne, 12.08.14)

“Foi dos primeiros en denunciar o que podia haber tralo atentado contra o avión malaio, so o ceo de Ucraina. Coidaron algúns que era moito cismar. Os feitos, outravolta, venlle dar razón.
“O vello raposo caribeño Fidel Castro non se deixou enganar e acusou Ucraina do disparo contra o avión, xustamente no comezo do infanticidio de palestinianos a mans da potencia nuclear de Israel”. Isto escrebeu o xornalisma mexicano Alfredo Jalife-Rahme.

Fidel, na serra de Escambrai en 1958
Fidel, na serra de Escambrai en 1958

Seguir lendo Grazas, Fidel