O Parlamento de Galiza volveu condenar o Bloqueo norteamericano contra Cuba. A votación produciuse no pleno de mércores 13, nesta ocasión por unanimidade, ao sumarse a maioría do PP na cámara a un texto de recusación da inxerencia na liña do que fora aprobado pola maioría de esquerdas 23 de setembro de 2008. O novo pronunciamento celebra o restablecemento de embaixadas entre Cuba e EUA, recorda o clamor da Asemblea da ONU a prol de respectar o dereito internacional na illa e cualifica de “inhumano embargo” o cerco político, social e económico criticado polo mesmo presidente Obama. A asociación Haydee Santamaria promoveu a declaración lida polo presidente do Parlamento.
Silvio Rodríguez (La Habana, 1946) actuou dia 8 no Coliseo da Coruña, onde veu presentar seu novo disco ‘Amoríos’ e recrear algúns dos clásicos da súa extensa obra. Na súa páxina electrónica “Segunda Cita”, Silvio conta a súa visita á escola pública Sanjurjo de Carricarte, o mesmo día do concerto, na praza de San Xosé de A Coruña. “Onte invitáronnos a unha escola primária en A Coruña -di o compositor e co-fundador de A Nova Trova- e de certo pasámolo moi ben: recibiunos unha entusiasta directora e vários mestres, mais no percorrido polas aulas foi a rapazada quen nos levou da man. No primeiro fomos visitar aos máis cativos e conmoveume o mesmo arrecendo de lápis e gomas de borrar daquela escola pública número 5 de San Antonio de los Baños, que me acollera hai un mundo de tempo”.
Representantes da cultura e a política dirixiron a Mesa do Parlamento unha carta na que reclaman a declaración do pleno sobre a necesidade do fin do Bloqueo. Da sanción deste escrito pola cámara, pode resultar unha contribución expresiva da condena manifestada pola maioria do País contra o ilegal inxerencismo político, económico e comercial dos Estados Unidos contra a Revolución Cubana, causante dende 1961 de derramas materiais cifradas nun billón de dólares e graves consecuencias para a sociedade da illa. A orixe do escrito é unha carta promovida pola asociación “Haydee Santamaría”, encabezada polo premio Nobel da Paz, Adolfo Pérez Esquivel, o voceiro de AGE Xosé Manuel Beiras e o ex-voceiro do BNG Xavier Vence.
Bos Aires – Prensa Latina – Terra Sen Amos, 30.03.16
O Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel coida que a decisión do goberno do presidente Mauricio Macri de prohibir Telesur en Arxentina constitúe un acto de censura e de ataque á pluralidade na información. Do mesmo xeito que outros países latinoamericanos, Arxentina integrou o proxecto de Telesur, mesmo con participación accionária na canle internacional, trala súa creación en 2005, respondendo a unha iniciativa sw Fidel e do falecido presidente venezolano Hugo Chávez.
Em carta dirigida a Obama dende diario Granma de 28.03, Fidel Castro recorda auséncias em discurso pronunciado pelo primeiro presidente negro dos EUA na Habana: “Não disse que a discriminação racial foi varrida pela Revolução; que a aposentadoria e o salário de todos os cubanos foram decretados pela Revolução antes de o senhor Obama completar dez anos; que o odioso costume burguês de contratar esbirros para expulsar cidadãos negros de centros de lazer foi varrido pela Revolução Cubana”. O Líder da Revolução consagra um extenso parágrafo a batalha travada por Cuba em Angola contra o apartheid, resultante no fim “da presença de armas nucleares em um continente de mais de um bilhão de habitantes. Esse não era o objetivo de nossa solidariedade mas sim o de ajudar aos povos de Angola, Moçambique, Guiné-Bissau e outros da dominação colonial fascista de Portugal”. Citando o ofereçemento de paz e ajuda de Obama, Fidel replica: “Não precisamos que o império nos entregue nada de presente. Nosos esforços serão legais e pacíficos, porque é nosso compromisso com a paz e a fraternidade de todos os seres humanos que vivemos neste planeta, Somos capazes de produzir os alimentos e as riquezas espirituais de que precisamos, com o esforço e a inteligência de nosso povo”. (A seguir, texto completo da carta de Fidel, titulada “Ao Irmão Obama”)