Todalas entradas de Terrasenamos

As asociacións Francisco Villamil e José Martí recomendan ao Estado de Emerxencia a intervención de brigadas sanitarias cubanas, decisivas en Wuhan

Terra Sen Amos – Redacción

A Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil e a Asociación Valenciana de Amistad con Cuba José Martí invitan aos gobernos autonómicos de Galiza e Valéncia e aos responsábeis estatais para a contención do andácio do Covid-19, a solicitar de Cuba a presencia de brigadas médicas, tal como xa fixeron China, Italia (Lombardía), Colombia, Francia, Dominicana, Salvador, Panamá, Xamaica, San Cristobo-Neves e as Granadinas, entre outras nacións atinxidas polo Coronavirus.  A José Martí nota que Cuba ten unha dilatada experiencia na atención sanitaria a poboacións en crise humanitaria, fundamentada nun compromiso solidario protagonizado por dotacións formadas na Escuela Latinoamericana de Medicina  (ELAM) De porparte, a Francisco Villamil recomenda, nunha carta dirixida ao presidente de Galiza, o recurso do medicamento Interferón Alfa2B Humano Recombinante, creado en Cuba nos primeiros 80 a partir dunha concepción biomédica orixinal e experimentado con resultados sobresaíntes en todo o mundo.

O goberno chino estimou decisiva a aportación da brigada médica cubana, recordada por Prensa Latina nesta imaxe, no día da súa chegada a Wuhan.

Para a Asociación José Martí é universalmente recoñecida a experiencia de Cuba na atención sanitaria a poboacións que padecen casos de forza maior, coma os recentes do Ébola, en África e América; emerxencias sanitarias coma as de Haití ou China ou a asistencia a afectados pola radiactividade de Chernobil e denuncia que a solidariedade internacional exercida pola Revolución Cubana é despregada mália o bloqueo dos EUA que xa está cumprindo 61 anos de vergoña e desafío a Lei interncional. 

A Francisco Villamil recorda, en carta ao presidente  de Galiza, que a declaración de amizade histórica repetidamente invocada polo Goberno autonómico con Cuba podería parecer retórica cando se compara o interese prático de China pola eficiencia de médicos e medicamentos de Cuba co desinterese da administración galega polos recursos da medicina cubana, ferreñamente perseguidos por sucesivas presidencias de Washington. Por pura soberbia colonial, o goberno dos EUA desprezara en agosto 2005 a oferta solidaria de Cuba dunha brigada médica experta en catástrofes para atender aos sen teito de Nova Orleáns polo furacán Katrina. No de hoxe, específicos cubano recoñecidos internacionlmente coma o Interferón Recombinante específico contra a metástase de cancro pulmonar, circulan nos EUA en réxime de contrabando.

Resistencia

Farruco Sesto – Mar de Leva –Correo del Orinoco

Resistindo heroicamente o asedio das divisións alemanas, a cidade de Stalingrado non estaba soia. O espírito do antifascismo do mundo enteiro, revivia moralmente na loita contra a insania expansionista dos exercitos nazistas.

Pasaba o mesmo no Viet Nam, cando a agresión norteamericana, pois os combatentes do Vietcong representaban a resistencia contra os imperios da humanidade toda.  Digan quen, que non tiver a súa alma vendida ao diaño, podia estar cos EUA naquela vergoñenta aventura, unha máis das que sempre fan. Ninguén. O espírito do mundo, vala a metáfora,  recoñecía e acompañaba a valentía e afouteza do pobo vietnamita.

O mesmo que a Cuba da dignidade e a honra que leva 61 anos de resistencia acompañada da simpatía solidario de moitedumes de todo o planeta. Canda ela, resiste todo un movimento humano. Podemos aseguralo, non só por a última resolución da ONU contra o bloqueo contar co apoio de 187 paises, senón por Cuba representar, en si propia, a probabilidade real e moral de construirmos ese outro mundo mellor e posíbel. Dalgún xeito, iso faise presente mália o pouco que se recoñece de alta voz.

E que dicer da Palestina que non se rende? E da República Saharahui? Pobos en loita pola súa emancipación definitiva que é sagrada, tanto coma a terra que lles pertence. Pobos que non se entregan nin se entregarán, vir o que quixer vir e por moito que fosen abandonados polo resto do mundo. Que non será, porque millóns de corazóns latexan con eles.

Deste xeito, cando Venezuela resiste, non é só unha loita do noso pobo en unidade cívico-militar e do noso goberno bolivariano contra a agresión imperial. É ao mesmo tempo, en todos sensos, unha resistencia da liberdade contra a opresión, da verdade contra o engano, da razón amorosa contra o desprezo e a exclusión, da fraternide contra a guerra, da dignidade contra a aldraxe e da rebeldía contra a inxustiza. É unha resistencia que representa e simboliza o soño milenario de todos os pobos por construir en paz e prosperidade o seu propio destino nun mundo de igualdade e respecto. Por iso non está soia. Non estamos sós.  

Biocubafarma garante a produción dos medicamentos probados con éxito en China contra o Covid-19

Walkiria Juanes – Yaditza del Sol (Granma)

A industria farmacéutica cubana garante a produción de fármacos probados e con alta eficacia, como o Heberon Alfa R, marca comercial do Interferón Alfa 2B Humano Recombinante, amais doutro grupo de medicamentos incluidos no  protocolo para atender pacientes con esta enfermidade e as complicaciones que puidesen derivarse. Sen existir ainda no mundo unha vacina para o Covid-19, a experiencia Chinesa recomenda o uso de interferón contra o andacio, a partir dun inquérito no que o específico cubano resulta superior ao catálogo dos poderosos grupos de presión da industria farmacéutica dos EUA e aliados

Imaxe de recente rolda de prensa de Biocubarma para informar dos sobresaintes resultados dos seus específicos contra o andacio manifestado en Wuhan.

Criado nos laboratorios cubanos dende os primeiros 80, e ensaiado con éxito mediante unha terapéutica orixinal, o Interferón foi o medicamento de elección dende a primeira infestación sobrevida en Wuhan (China) do Covid-19. Foi a empresa mixta cubano-chinesa Changchun Heber Biological Technology, situada en Jilin, a que forneceu o fármaco para o estado de emerxénccia de Wuhan que, no de hoxe, utilízase para o tratamento preventivo de persoal vulnerábel e de profisionais da asistencia así como para enfermos de Covid-19 en forma de nebulización, unha vía rápida para chegar aos pulmóns e actuar nas etapas primeiras do contaxio.

Marta Ayala Ávila, vicedirectora do Centro de Ingeniería Xenética e Biotecnología (CIGB) de Cuba, comentou que Cuba dispón de medios e reservas para a aplicación do medicamento, producido na empresa mixta que leva o nome de Innovative Immunotherapy AllianceAlianza Anovadora de Inmunoterapia, instalada na Zona Especial de Desarrollo de Mariel (ZEDM), nos laboratorios de Biocubafarma e na empesa mixta de Jilin.

A vicedirectora recordou que o Interferón é unha resposta natural do propio organismo ante os ataques virales, como primeira resposta orgánica do sistema inmune para combater a enfermidade, probada con bon resultados contra o SARS no 2002 e o MERS no 2012. Estudos posteriores probaron que estes virus, no canto de inducir a creación de interferón no organismo, diminúen a produción destas moléculas.

Eulogio Pimentel Vázquez, director xeral do CIGB, comentou que Cuba dispón dunha reserva de Interferón equivalente á cantidade necesaria para tratar ao total dos infectados no andacio de China. O medicamento forma parte dos protocolos do Ministerio de Saúde Pública (Minsap) para pacientes de Covid-19 e para atender demandas dos ministerios de saúde de varios países. Nese sentido, Pimentel asegurou que o centro ten capacidade non só para atender a demanda conxuntural do país, senón para satisfacer tamén as 15 solicitudes que até hoxe chegaran a Cuba doutras nacións, tanto de información como de adquisición do produto.

Explicando os resultados do Heberon Alfa-R  en China e as perspectivas da industria farmacéutica cubana, Eduardo Martínez Díaz, director de BioCubaFarma, dixo en rolda de prensa que 15%  dos medicamentos do listado farmacéutico da illa, están a faltar polos atrancos que a diario inventa o bloqueo para frustrar a compra de materia prima e repostos dos equipos precisos para as liñas de fabricación. O cerco dos EUA contra Cuba rfai que certos provedores resistan a venda de equipos a causa das sancións ilegais coas que o goberno de Washington penaliza contra toda lei este comercio. “De feito –dixo- o bloqueo impídenos dispor dunha importante cantidade de recursos financeiros”.

O asesor científico de Biocubafarma recorda o éxito da primeira empresa mixta cubano-estadounidense de farmacia

Jason Daponte – Jacksonville

A primeira empresa mixta cubano-estadounidense está a dar pasos decisivos para a comercialización en todo o mundo de produtos anti-canceríxenos creados polo Estado socialista en Biocubafarma, grupo de Industrias biotecnolóxicas e farmacéuticas. O doutor Luis Herrera, asesor científico da bio-farmacéutica cubana, recordou esa brillante anomalía do bloqueo durante a entrevista co expresidente Rafael Correa, que gobernara Ecuador de 2007 a 2017 e mantén na Radio Televisión Rusa (RT) o programa Conversando con Correa. No curso da entrevista, centrada nos sobresaintes resultados do Interferon cubano, específico de preferencia de China para tratar o Coronavirus contra 35 medicamentos de avangarda de todo o mundo, procedentes na súa maioria das poderosas transnacionais da farmacia, Luis Herrera dixo que o produto cubano contra o cancro está na fase II de ensaio nos EUA con moi bons resultados.  A empresa mixta produtora do orixinal fármaco nacera en setembro de 2018 entre Biocubafarma e o centro oncológico Roswell Park dos Estados Unidos, a partir da vacina recombinante ideada e realizada nos laboratorios da Revolución e ensaiada con éxito en Cuba mediante unha terapéutica orixinal. A empresa mixta leva o nome de Innovative Immunotherapy AllianceAlianza Innovadora de Inmunoterapia e ten o seu centro de produción na Zona Especial de Desarrollo de Mariel (ZEDM)

Luis Herrera, asesor de Biocubafarma, durante unha entrevista con Cubadebate en 2015.

Durante a entrevista con Rafael Correa, o asesor de Biocubafarma expresouse con discreción e seguridade sobre os resultados positivos do novo medicamento anticanceríxeno cubano que está a ser ensaiado pola empresa mixta que definiu como “primeiro emprendimento entre a illa de Cuba e o continente do Norte dende os tempos de Colón”.

A reserva razonábel de Luis Herrera sobre o que xa parece un avance capital contra o cancro, non pode deixar de recoñecer o salto atlético da criatividade da Revolución contra un bloqueo imperialista que está a piques de cumprir 62 anos e que define Cuba coma un perigo para o planeta mentres procura mediante o bloqueo financeiro, comercial e político, acompañado dunha marea de información falsa, sublevar a poboación cubana contra o seu propio goberno. Non será posibel esquecer o sinalado protagonismo dos grupos de capital da farmacia no bloqueo de Cuba e Venezuela, tan reservados, doutra parte, coas resonantes contribucións da illa rebelde contra a epidemia do Coronavirus e o cancro terminal.

Entrevista de Luis Herrera con Rafael Correa na RT

Ernesto Cardenal, grande amigo de Cuba e símbolo da Teoloxía da Liberación

Rosa Bastabales

Ernesto Cardenal, grande amigo de Cuba, declarábase revolucionario e non político, estilo de solidariedade sen normas que o levaba a cismar cos seus camaradas naturais baixo o cargo intermitente de traizoaren a esencia da loita. Lonxe de restablecer a política, puña en risco a Revolución. Foi así deica o final, domingo 1 de marzo, con 95 anos, cando ainda prometía un novo e definitivo volume de versos. Gran poeta e convencido odiador da organización, tanto na loita anti-imperialista como na súa condición de crego do Cister. Símbolo da Teoloxia da Liberación, condenaba a xerarquía romana a que acusaba de se deitar coa CIA. A seguir , e pésia súa condición de ministro de Cultura do primeiro goberno Sandinista, fincaba de xeonllos aos pés dun pontífice inimigo a morte da Teoloxía da Liberación. Amigo e admirador da obra de Celso Emilio Ferreiro en cuxa casa de Madrid foi frecuente convidado, Cardenal era herdeiro maior da poesía de Neruda ao que porén acusaba de sectarismo.

Ricardo Alarcón de Quesada impón a Orde de José Martí a Ernesto Cardenal (2003)

Madeleine Sautié recorda en Granma o probado compromiso anti-imperialista do poeta e di que Cardenal foi para Cuba amigo entrañábel, particularmente para a Casa das Américas, onde publicara una antoloxía poética e fora xurado do Premio Literario.

Cardenal recibira a Orden José Martí, que entrega o Consello de Estado de la República de Cuba por feitos probados a prol da Paz e a Humanidade, con recoñecimento explícito da súa lealtade a Revolución. De Cuba dixo: “A miña experiencia en Cuba foi decisiva, a máis importante da miña vida depois da miña conversión relixiosa (…) Foi a miña conversión á Revolución. Antes, coidara que debíamos buscar un terceiro camiño na América Latina, pero en Cuba fun descobrer que o camiña era o que tomaran eles e que habia que defender a súa Revolución”.

Sautié di que é preciso manter a figura grande do poeta, teólogo da liberación, amigo dos pobres e da revolución, e recordar a súa obra poética da que cita como exemplo Somoza inaugura a estatua de Somoza no estadio de Somoza:

Non é que eu sospeite que foi o pobo quen me chantou este monumento/ pois sei mellor ca vós que fun eu quen o mandou erguer/ nin que teña mentes de pasar con esta estatua a mellor vida/ porque sei ben que o pobo vai tumbala no que o demo frega un ollo/ nin que eu teña a querencia de verme en estatua mentres viva/ nun monumento que vós non me faredes nunca/ A verdade é mandei chantar a miña estatua porque sei que vos repugna !

Roberto Fernández Retamar, falando da entrega da distinción, asinada por Fidel Castro en 2003, dixo que a vida de Ernesto Cardenal fora a cada etapa máis da Revolución e do pobo e recordou un poema seu de 1972 no que fundiu as súas dúas divisas vitais: Comunismo ou reino de Deus na terra, que son a mesma cousa.