Todalas entradas de Terrasenamos

Martí, contra o fatal destino da colonia amarrada a historia do colonizador (I)

Fernando Martínez Heredia

Canto ensina a vida dos pobos. Estudo paralelo; e a seguir que todo sexa visíbel e corpóreo como un mapa, ante os ollos, deducir a real significación do progreso, prever e entrever o mundo futuro na organización terreal, e o destino final de noso espírito.

(José Martí: Terceiro Libro de Esencia da Historia: A Alma da Historia)

A condición colonizada de Cuba implicaba a non existencia dunha historia propia porque o destino da colonia formaba parte da historia do colonizador. No século XIX déranse na illa tres procesos: cristalizaran especificidades que sumadas no andar do tempo adoitan formar a base dunha nacionalidade; unha formación económica sumamente dinámica e integrada ao mercado mundial capitalista, multiplica a poboación e a riqueza do país; configúranse identidades e sentimentos e intereses diversos que reclaman  autonomía fronte á metrópole. Porén, a escravitude en masa, como base principal do sistema de explotación do traballo e da produción para a exportación, corrompeu a vida social de Cuba e frustrou  a política da clase crioula, dominante na economía. Ao longo da centuria, esta clase foi cómplice do colonialismo e profillóu o racismo contra a negritude por safar lucro e dominio. Unha das novas correntes políticas, o independentismo, entregou á identidade cubana o nacemento do nacionalismo na Revolución de 1868-1878.

O abrente político de José Martí chega naquela  Revolución, sendo adolescente branco, pobre, habaneiro e bacharel. Con 16, foi preso once meses, a metade con traballos forzados que lle habían marcar a saúde para sempre. O desterro e a formación intelectual que seguiron, cambiaron a súa maneira de entender as condicións de vida no seu país natal. Por que Martí non foi un intelectual cosmopolita máis, entregado ao pensamento dominante? Militba dende mozo nos ideais de liberdade e xustiza propios de ordes sociais máis avanzados que o da colonia cubana; mais neses ideais naufragaban os esforzos revolucionarios, decontado afogados en políticas e economías , tendientes a conservar a dominación social e a condición colonial.

Seus ideais tan avanzados podían levalo a tensións e contradicións coas fórmulas políticas vixentes, coma a da asimilación a España baixo a condición de  «provincia de ultramar» con dereitos moi restrinxidos, ou o liberalismo autonomista, até o plano revolucionario de Máximo Gómez e Antonio Maceo de 1884. Mais a posición de Martí, a que lle marcou o tempo e a vida, foi a da independencia nacional a medio dunha grande insurrección popular inclusiva e profunda, que fose capaz de liberar a Cuba do colonialismo español nun mesmo acto de transformación do pobo e da política, para conducilos a soberanía nacional completa fronte a Estados Unidos mediante unha república democrática que emprendese mudanzas moi profundas de xustiza social.

Martí non buscaba «atinxir os niveis máis altos de civilización», seguindo o modelo a nacións de Europa ou o dos Estados Unidos: seu proxecto e as vías asumidas para atinxilo eran moi distintas ás ideas e as prácticas de tantos movementos e personalidades de Cuba e América daquela época. A cuestión é, ao mesmo tempo, moi rica e moi complexa, por ser Martí un caso excepcional de combinación de vocación e dedicación á política, ás letras e a produción de pensamento, e ser ostensibel a extraordinaria calidade e profundidade de seu desempeño neses tres terreos.

Para a clase dominante de Cuba no debalo do século XIX, trala Revolución do 68 e ao final da transición da escravitude ao traballo libre, cumpría  avanzar para un capitalismo pleno con control autoritario da forza de traballo, un réxime político de orde con cidadanía restrinxida e nexos económicos íntimos con Estados Unidos. A consciencia histórica non debería predominar na Illa, senón a atención para os feitos inmediatos, os problemas da economía, certas modernizacións necesarias e un campo cultural español e crioulo, en procura do consenso para unha hexemonía compartida entre burguesía cubana e a metrópole.

Digo español, polo que toca ao idioma, a continuidade do exercicio da autoridade política e represiva, a lexitimidade do colonialismo e a necesidade consecuente dunha visión colonizada do mundo e da vida. E digo crioulo porque trala Revolución cumpría abrirlle espazo a unha instancia nativa que mediase co nacionalismo e lle puxese límites, co obxecto de garantir o control do activismo e das protestas sociais.

Canto á construción social das razas, persistía o profundo racismo anti-negro, mais atenuado pola participación dos non brancos na primeira xesta nacional que incluía a influencia política de heroes, o carácter revolucionario que revestiu a abolición da escravitude e a necesidade de abrir espazo dentro do campo «civilizado» a persoas de oficio, artistas e algúns profesionais de cor, e, ao tempo, incitalos a un «branqueamento» cultural. En suma, un campo cultural reformulado da dominación, no cal o español e o crioulo, aínda que xa moi distintos, estarían unidos en canto á defensa de seus intereses comúns, a pertenza ao partido do orde e a atención ao peso crecente dos Estados Unidos nos asuntos de Cuba.

Na batalla por conseguir ou impedir que callase a nova hexemonía e condución política, era central decidir como se partiría o poder dentro da formación social de Cuba e canta autodeterminación e redistribución da riqueza e poder outorgar a Metrópole. Eis os elementos do debate no tempo que vai  dende1880 a 1895.

O traballo ciclópeo emprendido por Martí foi pechar o paso á posibilidade evolutiva que tiña a dominación e organizar unha revolución de liberación nacional, idónea para superar o colonialismo e frear un nacente neocolonialismo. Obxectivo só realizábel se conseguía desatar as forzas das maiorías para, mediante o lume destrutor e creador dunha revolución, construia un pobo independente e distinto do outro pobo, erguía o ideal nacional de crear unha república democrática e loitar por el, e desenvolvía capacidades individuais e colectivas dende a  diversidade social, como a de aprender a exercer a cidadanía e esixir xustiza social.

O equilibrio de «os elementos reais do país» que ese obxectivo implicaba, só podía vir dunha nova identidade nacional e dun real aumento da forza efectiva das maiorías, para pechar á burguesía de Cuba a opción de usufrutuar para si a construción nacional e a Estados Unidos o proxecto de controlar Cuba. A república só podería ser con todos e para o ben de todos se a maioría adquiría un gran peso e un grao notábel de control dentro dela.

Esta concepción de Martí condiciona súa intensa actividade práctica e os lucros de seu inxente traballo intelectual, e é un dato inevitábel e central para toda investigación martiana.



Enérxica condena de AGABO aos crimes do mercenario Guaidó e a súa xira europea dirixida polo goberno Trump

O fiscal xeral de Venezuela, Tarek William Saab, presenta imaxes de Guaidó posando con dous narcos paramilitares colombianos, 12 de setembro de 2019.

AGABO fainos chegar a seguinte crítica sobre a procura de apoios do auto-proclamado Guaidó nalgunhas chancelerías da UE, depois do seu fracaso en América Latina.

“Vixente o prolongado bloqueo sobre os recursos da nación e a vida diaria de Venezuela, e mentres o Parlamento Europeo prepara un novo veto hipócrita contra o presidente Maduro, a prensa dos Estado Unidos cualifica de fracaso moral e político a chantaxe utilizada por Trump en todas as frontes do departamento de Estado dos EUA Unidos e particularmente no seu asañamento contra o goberno de Caracas e o pobo da República Bolivariana de Venezuela.

Fracaso das criminais guarimbas mercenarias que buscaban derrocar por asalto o sistema democrático instaurado por Hugo Chávez e revalidado nas urnas por Nicolás Maduro; fracaso da ofensiva militar contra a fronteira de Cúcuta, disfrazada de comando benéfico; fracaso do golpe de Estado do 30 de abril de 2019, que acabou cos seus promotores en fuga mentres o departamento de Estado en Washington cantaba vitoria antes de tempo.

Completo chasco do intento de cambiar ao presidente elixido por un aventureiro da extrema dereita, nunca referendado polas urnas, que na volta de defender durante 360 dias a sabotaxe e o roubo dos bens do Estado de parte do goberno dos Estados Unidos contra o seu propio país, non deu conseguido máis que o desprezo do pobo de Venezuela e nin sequera os votos necesarios dos seus presuntos correlixionarios da dereita para presidir a Asemblea. Guaidó ten o voto de Trump e a amizade da banda

dos Rastrojos, narcotraficantes que sentencian os seus competidores ao forno crematorio; os avais do presidente espantallo, non ignoran que fixo desaparecer cantidades maiores dos fondos asignados ao seu criminal empeño, procedentes do patrimonio do Estado de Venezuela saqueados polo goberno de Washington.

Namentres, o Parlamento Europeo aprobou día 20 unha resolución de apoio ao mercenario Guaidó na súa reivindicación da presidencia da Asemblea Nacional de Venezuela o que dá ocasión para Josep Borrell, responsábel da

diplomacia da UE, defender sancións individualizadas contra Venezuela. Borrell dí que está preocupado pola situación humanitaria de Venezuela, sen citar ao causante do crime.

Dende a Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez (AGABO) reclamamos das forzas políticas representadas no Parlamento Europeo e do goberno do Estado, un trato digno para o Goberno Democrático de Venezuela e a de-manda de procesar ao pretendente Juan Guaidó, financiado polo goberno dos Estados Unidos e reo de latrocinio e crimes contra o Pobo de Venezuela.

Respecto para Venezuela!

Viva Maduro!

Viva Chávez!”

Viva a Revolución Bolivariana!

Galiza, 23 de xaneiro de 2020.

Cubainformación precisa axuda para continuar seu vital labor de comunicación anticapitalista

A dirección de Cubainformación ven de emitir un comunicado emerxente no que recorda a crise económica do seu sistema aberto de emisión de imaxe e noticias en Español sobre a actualidade política de América e a secular batalla contra o imperialismo e e a franquícia do capital transnacional. Os problemas económicos da eficiente axencia multi-media, comprometen igualmente ao seu importante xornal trimestral impreso, editado por suscripcións e coa axuda das asociación de solidariedade con Cuba en todo o Estado, entre elas a da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil. A crise non ten nada a ver coa súa notábel audiéncia, tanto no Estado coma na América, senón coa encirrada campaña do servicio exterior do goberno dos EUA, a medio dunha lexión de ONG subsidiárias, para sentenciar a crítica e a información libre sobre áreas de interese imperialista en todo o mundo. Compre recordar que Cubainformación  foi en varias ocasión alvo de contaminación do seu sistema dixital dende os EUA. O director da axencia, José Manzaneda, ofrece aos intereses de leitores e asociacións, o módulo https://www.cubainformación.tv/campaigns/yotambiensoysoci/donativo ou axudas por transferencia a conta ES10-3035-0134-45-1340044297. Outros xeitos de colaborar aparecen no medio dixital de Cubainformación.

“O abrente de 1959 en Cuba, pechou o tempo da prehistoria na Nosa América” (Atilio Borón)

Atilio Borón – Cubadebate

A recordación e a homenaxe da vitoria popular do 1º de Xaneiro de 1959 contra o imperialismo norteamericano, que acumula sesenta e un anos mordendo furioso o pó da derrota -algo insólito no espazo planetario que domina- prevalecen sobre calquera outro tipo de consideración. Sen menosprezar a nada nin a ninguén, as nosas pequenas historias persoais e mesmo os grandes acontecementos de índole colectiva, fican eclipsados pola luz radiante daquel primeiro abrente de 1959. Daquela, a historia da Grande Nación prevista por Bolívar, ficou marcada por un antes e un depois. Fidel e a mocidade do 26 de Xullo consumaron unha fazaña destinada a durar para sempre e a re-significar nosas seculares loitas pola liberación nacional e social, aliás de outorgar sentido e horizonte novo ás batallas do noso tempo. Pero non foi tan só aquel acontecemento liminar: o pobo e o goberno cubanos tiveron a virtude de soster contra vento e marea, durante máis de seis décadas, aquela vitoria homérica que tirou a Nosa América da prehistoria para que comezase a escribir a súa propia historia.

Dende o abrente de xaneiro de 1959, os EUA fracasan no seu propósito de intervir no goberno de Cuba. Pasaron 61 anos.

Unha historia durísima, de resistencia ante o maior poder do planeta, e de ferreña construción do socialismo. O primeiro, porque o imperialismo nin por un segundo deixou de combater á Revolución Cubana. Unha loita na que o pobo de Cuba gañou o adxectivo de heroico, por resistir a pé firme, cunha vontade inxel sen comparanza na historia do mundo. E construción, diciamos, porque baixo as peores condicións imaxinabeis Cuba comezou a edificar o socialismo e, ao día de hoxe, continúa a tarefa con rexa vontade. A sabotaxe do goberno estadounidense foi persistente, crecente e brutal. Demócratas e republicanos alternáronse na Casa Branca pero todos coincidiron na súa enfermiza obsesión por esmagar á Revolución Cubana e borrar da face da terra un exemplo que demostra que aínda baixo o ataque capital da maior potencia do planeta, un país da periferia pode garantir para toda a poboación saúde, educación, alimentación, seguridade social e unha vida austera mais digna. Dereitos que a Revolución Cubana garante ao povo, mentres no capiptalismo son meras mercadorías ou oportunidades de negocios.

Isto explica o rabioso empeño da Casa Branca por acabar coa Revolución. Que sobreviva baixo condicións tan inmensamente adversas, é proba da superioridade do socialismo, mália os seus problemas, sobre o capitalismo. Si o socialismo frcasóu, como asegura Donald Trump, por que non suprime o bloqueo que morde á illa e lle demanda inmensos esforzos para lograr o que en case todo o mundo obtense sen o menor esforzo? Por exemplo: facilitar as exportacións cubanas, permitir o libre tránsito dos residentes en Estados Unidos para que poidan visitar a illa cando a vontade, recibir remesas dos emigrantes cubanos radicados a norte do estreito da Florida e permitir que Cuba importe o que precise sen aplicar enormes sancións económicas aos terceiros países ou as empresas involucradas nese comercio, favorecer o turismo e pór fin ás innumerabeis restriccións de toda caste impostas á illa rebelde pola súa ousadía.

E para mostra de fracaso, os EUA: un país carcomido pola violencia, con intermitentes asasinatos masivos e indiscriminados en escolas, mercados e igrexas, producidos por suxeitos trastornados por unha sociedade alienada e alienante; un país que alberga decenas de millóns de adictos a narcóticos letais e fomenta no mundo o andacio do narcotráfico [1]; un país riquísimo, polo propio e polo que lle roubou ao resto do mundo, e que, porén, non pode acabar coa pobreza que afecta a un 15 por cento da súa poboación; un país que prostituíu o seu proceso político e que hoxe non é outra cousa que un rexime plutocrático onde só prevalecen os intereses das clases dominantes, opinión sobre a que existe un xeneral acordo dentro do establishment académico.[2] Se o socialismo fracasou, por que a Casa Branca e o poder mafioso (nas súas dúas variantes: corporativo e gangsteril) que aquela representa non deixa a Cuba en paz? Resposta: porque daquela, o exemplo de Cuba, importante como é hoxe, seríao moito máis e os pobos do mundo poderían sentirse tentados a avanzar por esa vía, algo absolutamente inadmísibel para o poder capitalista a escala mundial.

Por iso: grazas Cuba pola túa Revolución,  por nutrir nosas esperanzas, por facer da xustiza, o internacionalismo e a solidariedade as estrelas polares que guían aos pobos na construción dun mundo mellor!

[1] O Addiction Center dos EUA informa que existen nese país polo menos 21 millóns de adictos a diversas drogas e que só un 10 % deles recibe tratamento médico que, por suposto, é case sempre privado e caro.

[2] Próbao un recente estudo realizado polas universidades de Princeton e Northwestern. Verhttps://m.washingtontimes.com/news/2014/apr/21/americas-oligarchy-not-democracy-or-republic-unive/?utm_source=GOOGLE



Designado novo governo da República de Cuba, com Manuel Marrero como Primeiro Ministro

Prensa Latina e agéncias

 Ninguém o esperava a proposta de Diaz-Canel de nomear  Marrero Cruz para o cárrego de primeiro ministro. Na nota de imprensa que anunciaba sua  candidatura para ser sancionada pola Asembleia do Poder Popular, salientam que é persoa modesta e trabalhadora mais o ja referendado jefe de Governo,  foi gerente de hotel, a seguir governou a administração turistica pública de uma província e mais tarde fora promovido a Ministro de Turismo. A Presidéncia asinala que Manuel Marrero «serviu como ministro do Turismo há 16 anos e foi selecionado para essa responsabilidade pelo Comandante-em-chefe, Fidel Castro Ruz”.

Composição gráfica de Granma

Segundo a Terceira Disposição Transitória da Constituição em vigor, «uma vez eleito, o presidente da República, dentro de três meses, propõe à Assembleia Nacional do Poder Popular a nomeação do primeiro-ministro, os vice-primeiros-ministros, o secretário e outros membros do Conselho de Ministros.

Dentro da mesma proposição a Assembleia, a Presidencia selecionou para a responsabilidade de de vice-primeiros ministros ao Comandante da Revolução, Ramiro Valdés Menéndez, a mais de Roberto Morales Ojeda, Inés María Chapman, Jorge Luis Tapia Fonseca, Alejandro Gil Fernandez, Ricardo Cabrisas Ruiz, e como Secretário, a José Amado Cabrera Guerra

Na mesma proposta de Lei foran ratificados como membros do Consello de Ministros, o actual Ministro de Estado e Chanceler, Bruno Rodríguez Parrilla, o General-de-corpo do-exército Leopoldo Cintra Frías, ministro das Forças Armadas Revolucionárias; o Vice-almirante Julio César Gandarilla Bermejo, ministro do Interior; José Ramón Saborido Loidy, ministro do Ensino Superior; Ena Elsa Velázquez Cobiella, ministra da Educação; Meisi Bolaño Weiss, ministra das Finanças e Preços; René Mesa Villafaña, ministro da Construção; Rodrigo Malmierca Díaz, ministro de Comércio Exterior e o Investimento Estrangeiro; Eduardo Rodríguez Dávila, ministro dos Transportes; Elba Rosa Pérez Montoya, ministra da Ciência, Tecnologia e Meio Ambiente; Oscar Manuel Silvera Martínez, ministro da Justiça; Betsy Díaz Velázquez, ministra do Comércio Interno; Elpidio Alonso Grau, ministro da Cultura; Jorge Luis Perdomo, ministro das Comunicações; José Ángel Portal Miranda, ministro da Saúde;Alejandro Gil Fernández, ministro da Economia; Gustavo Rodríguez Rollero, ministro da Agricultura; Antonio Rodríguez Rodríguez, presidente do Instituto Nacional dos Recursos Hidráulicos; Alfonso Noya Martínez, presidente do Instituto Cubano da Rádio e Televisão; Osvaldo Caridad Vento Montiller, presidente do Instituto Nacional dos Esportes; Educação Física e Recreação e o já citado José Amado Ricardo Guerra como responsábel da Secretaria do Consello.

Os novos ministros referendados pola Assembleia, são Martha Elena Feitó Cabrera, ministra do Trabalho e Previdência Social; Juan Carlos García Granda, ministro do Turismo; Marta Sabina Wilson González, ministra-presidenta do Banco Central de Cuba; Manuel Santiago Sobrino Martínez, ministro da Indústria dos Alimentos e Eloy Álvarez Martínez, ministro das Indústrias; Nicolás Arronte Cruz, ministro da Energia e Mineração.

O Nuevo Herald de Florida citou a resolução dá a Assembleia do Poder Popular, com este sucinto comentário: “Miguel Díaz-Canel nomeou ao ministro de Turismo, Manuel Marrero Cruz, como primeiro premiê do país desde 1976, uma nominação confirmada rapidamente pelo Parlamento do país”.