Todalas entradas de Terrasenamos

Os tratados TPP e TTIP, no centro da ofensiva internacional dos transxénicos

Alejandro Villamar – OMAL

Vinteún de maio pasado, máis de 400 marchas protestaron en 50 cidades de todo o mundo contra a transnacional Monsanto, cabeza das corporacións promotoras dos cultivos transgénicos, ou coma quen di, da estratexia oligopólica de control da agricultura mundial. Foi unha resposta mundial coordenada de cidadáns e de organizacións labregas e académicas comprometidas, contra a ofensiva desatada polas transnacionais en todas as frontes: no Congreso dos EEUU, nos laboratorios e nos seus informes, nas institucións latinoamericanas, e nomeadamente nos tratados comerciais Acordo de Asociación Trans-pacífico (TPP) e o Acordo de Asociación Transatlántico para o Comercio e o Investimento (TTIP).

As marchas contra os transxénicos ocuparon 21 de maio 50 cidades.
As marchas contra os transxénicos ocuparon 21 de maio 50 cidades.

Seguir lendo Os tratados TPP e TTIP, no centro da ofensiva internacional dos transxénicos

“O sistema internacional de dominación é o atranco principal na loita contra o VIH-Sida” (Mariela Castro na ONU)

Foro de VIH das Nacións Unidas – Redación de Terra Sen Amos

Mariela Castro Espín denunciou na ONU o dano causado polo bloqueo dos Estados Unidos na batalla de Cuba contra o andácio do Sida en todo o mundo. A deputada cubana, sexóloga e directora do Centro Nacional de Educación Sexual de Cuba (Cenesex) dixo na Asemblea Xeral que a inxustiza do sistema internacional de dominación é o atranco maior para erradicar efectivamente o VIH-Sida, contra o que Cuba avanzou mediante unha revolucionária estratexia integral de desenvolvemento que sitúa ao ser humano no centro dos seus obxectivos. “O bloqueo non nos deu parado, endebén non poida ignorarse o seu dano no devezo noso de cumprir a meta internacional de derrotar a doenza para 2030» dixo a parlamentária. A comunidade internacional ten distinguido repetidamente os sobresaintes resultados de Cuba contra o Sida, unha doenza que ten causado máis de 34 millóns de mortes dende 1981. A seguir reproducimos a intervención de Mariela Castro no foro da ONU.

"A loita contra o Sida implica unha estratexia integral de desenvolvemento que sitúe ao ser humano no centro dos seus obxectivos", di Mariela Castro.
“A loita contra o Sida implica unha estratexia integral de desenvolvemento que sitúe ao ser humano no centro dos seus obxectivos”, di Mariela Castro.

Seguir lendo “O sistema internacional de dominación é o atranco principal na loita contra o VIH-Sida” (Mariela Castro na ONU)

Raul Castro chama a resistir a contraofensiva imperialista sobre América Latina e o Caribe

Cubadebate – Terra Sen Amos

É preciso contestar a contraofensiva imperialista e oligárquica contra os gobernos populares e progresistas de América Latina e o Caribe, constituidos tralo fracaso da onda neoliberal. Raúl Castro fixo este chamamento no seu discurso pronunciado na apertura do VII Cumio da Asociación de Estados do Caribe (AEC) ao tempo que reclamaba unidade, paz e integración rexional dacordo cos princípios fundadores da AEC e da CELAC.  O Presidente instou a defender Venezuela fronte a guerra económica e mediática do imperialismo e cualificou de inaceptábel a  inxeréncia do Secretario Xeral da Organización de Estados Americanos (OEA) ao querer aplicar a chamada Carta Democrática Interamericana para intervir nos asuntos internos da República Bolivariana. Raul Castro condenou tamén o golpe de Estado contra o governo de Dilma Roussef.

Raúl Castro criticou a inxeréncia da OEA contra Venezuela.
Raúl Castro criticou no seu discurso a inxeréncia da OEA contra Venezuela.

Seguir lendo Raul Castro chama a resistir a contraofensiva imperialista sobre América Latina e o Caribe

O número de pacientes tratados con terápia celular supera en Cuba ao de moitos paises ricos

Orfilio Peláez (Granma) – Terra Sen Amos(Redacción)

O número de pacientes tratados con células nai durante 2015 aumentou en Cuba en 1.612. Con 9.124 doentes receptores de terápia celular dende 2004, Cuba ocupa xa un lugar sobranceiro dentro do cativo feixe de nacións do mundo con máis de cen receptores de células nai por dez millóns de habitantes. A terapia celular xa está a ser aplicada en 14 provincias cubanas, fundamentalmente nas especialidades de anxioloxía, ortopedia e traumatoloxía. O director do Grupo de Medicina Rexenerativa e Terapia Celular do Ministerio de Saúde Pública, doutor Porfirio Hernández Ramírez, deu a coñecer estes dados durante a súa intervención no Encontro Ibero-Latinoame­ri­cano de Ciencias Básicas Biomédicas de 2016, que reuniu na Escola Latinoamericana de Medicina (ELAM) a profesores, investigadores e estudantes de Estados Unidos, España e Cuba.

A investigación pública sitúa a Cuba entre os paises de avangarda na terápia celular.
A investigación pública sitúa a Cuba entre os paises de avangarda na terápia celular.

Seguir lendo O número de pacientes tratados con terápia celular supera en Cuba ao de moitos paises ricos

A Xunta do PP muda a súa política para Cuba depois da UE e da visita de Obama

Albino Presedo – Terra Sen Amos – Habana

A Xunta anunciou na Habana un cambio positivo da súa política para Cuba con dúas circunstáncias novas presentadas polo presidente Núñez Feijoo ao termo da súa entrevista con Raúl Castro, 28 de maio. A primeira é a re-negociación da débeda que Cuba tiña con España, coa condonación do 80% do total, acordada  a comezos do ano en curso; a segunda, un programa de intencións de negocios con Galiza nos eidos da bio-tecnoloxía, a xeneración de enerxía, as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) o transporte e o turismo. O presidente da Xunta arrogouse protagonismo personal na reconsideración da política do PP para Cuba e afirmou que a lóxica consecuéncia era “comezar facendo negocios con Galicia”. Na realidade,  a nova liña da Xunta do PP con Cuba chega depois da visita a illa de mandatários de Francia, Reino Unido, Austria, Holanda, Itália, Dinamarca, Rúsia, o Estado do Vaticano, a Igrexa Ortodoxa Rusa, China  e Vietnam, entre outros, amais da viaxe de Barak Obama a Habana. A España, terceiro sócio comercial de Cuba, cántalle o galo con tanto retraso que é o seu sector financeiro quen acaba criticando a teima reaccionária de Rajoy con Cuba, depois da colosal chafallada diplomática de García Margallo en febreiro pasado, cando houbera de regresar en taxi e sen bandeiras nin escolta ao aeroporto José Martí. O ministro de Exteriores de Rajoy pretendia mostrar a Cuba como se transita da dictadura á Democracia.

 

Feijoo remenda a súa política para Cuba baixo a mirada do Ché e con flores a Martí. Foto fornecida pola Xunta.
Feijoo troca seus aldraxes a Cuba por flores a Martí, baixo a mirada do Ché. ( Foto fornecida pola Xunta)

Seguir lendo A Xunta do PP muda a súa política para Cuba depois da UE e da visita de Obama