Todalas entradas de Terrasenamos

Resposta galega ao Bloqueo de Cuba

Xesús Alonso Montero – La Voz de Galicia 10.08.18

Cómpre volver a un vello tema, a un tema de hai décadas: a decisión unilateral dos Estados Unidos de converter a Cuba nunha illa á que non chegue axuda de ningún tipo, que é un xeito de limitar angustiosamente as posibilidades dunha sociedade, duns millóns de seres humanos que estaban protagonizando unha experiencia política inédita nas Américas. Este bloqueo foi decretado por un país moi poderoso, que incluso o impuxo a moitos dos seus aliados, países, no fondo, cúmplices da iniquidade, dunha indecencia moral. Que sería da experiencia cubana sen este pesadelo, sen esta camisa de forza, sen este asedio económico por terra, mar e aire? Seguir lendo Resposta galega ao Bloqueo de Cuba

Maduro acusa ao goberno de Colombia e a oposición do atentado frustrado no centro de Caracas

Terra Sen Amos, con información da Presidencia Bolivariana e de Resumen Latinoamericano.

Nicolás Maduro, que librou sábado dun intento de asasinato no centro de Caracas con bombas lanzadas con abesouros dirixidos mentres pronunciaba un discurso, apareceu pouco depois na televisión e dixo que no comando homicida participara a oposición venezolana e a ultra-dereita de Miami e Colombia, con mención expresa de responsabilidade do presidente sainte Juan Manuel Santos.

A guarda presidencial protexe a Maduro depois da segunda explosión que produciu sete feridos entre a audiencia.

Seguir lendo Maduro acusa ao goberno de Colombia e a oposición do atentado frustrado no centro de Caracas

O Bloqueo atravanca tres xiros de Euskadi-Cuba para brigadas medicas cubanas na Arxentina

Euskadi-Cuba.org

Tres bancos da UE recusaron transferéncias da Asociación Euskadi-Cuba para intervencións solidarias da medicina cubana na Arxentina, ao seren ameazados con sancións dos Estados Unidos dentro da política de Bloqueo que se prolonga dende hai 56 anos e que foi intensificada dende 2017 pola presidencia de Donald Trump. A Comisión Europea non fixo ningún comentario sobre esta nova chantaxe mafiosa de EUA contra bancos de paises fundadores da UE, que non incumpren lei internacional ningunha por xiraren cartos procedentes de recadas solidarias. Os bancos son os alemáns Deutsche Bank e Commerzebank AG e o italiano Unicredit. Privadamente, os bancos recoñeceron as ameazas de EUA e os alemáns cobraron comisións polo xiro non realizado.

Recepción de brigadas médicas cubanas na Arxentina en 2017.

Seguir lendo O Bloqueo atravanca tres xiros de Euskadi-Cuba para brigadas medicas cubanas na Arxentina

Conmemoración do Moncada e presentación do libro “Nós, contra o Bloqueo. Nós, con Cuba” fronte a estatua de Martí en Vigo

Lina Lobeira – Terra Sen Amos (Vigo)

Un resto de sol debulla nas ponlas deferentes dos salgueiros e no peso que abruma as costas de Martí, no xardín de Montero Rios de Vigo, e a voz de María e os acordes de Pedro e José, invitan a parroquia internacionalista a honrar 26 de xullo do 53 e o tesouro de solidariedade patriótica e xustiza igualitaria gardado por Cuba dende aquela data. En nome da Francisco Villamil, Luisa Cuevas Raposo recorda a entrada da Revolución na Habana en Xaneiro de 1959 e o cerco do Imperio tan cruel e largacío coma verdadeiro era o desafio independentista. Presentado o libro Nós, contra o Bloqueo, Nós con Cuba, contribución da Villamil a Campaña Internacional contra o Bloqueo, interviron Xosé Luis Méndez Ferrín e o cónsul xeral de Cuba en Galiza, José Antonio Solana.

Ferrín fala sobre o a pedagoxía internacionalista de Cuba. A súa beira, Luisa Cuevas Raposo, presentadora do acto.

Seguir lendo Conmemoración do Moncada e presentación do libro “Nós, contra o Bloqueo. Nós, con Cuba” fronte a estatua de Martí en Vigo

A consulta popular da nova constitución de Cuba comezará 13 de agosto

Prensa Latina – Terra Sen Amos

 A Asemblea do Poder Popular de Cuba aprobou o texto da nova constitución que será sometido a consulta popular a partir do 13 de agosto e até o 15 de novembro do presente ano. O borrador da nova Constitución acrecenta aspectos referentes aos dereitos civis e ás legalizacións instituidas de feito pola Reforma Económica que xa foi sancionada en todas as instancias do pais, nun exercicio de dereito civil sen precedentes en todo o mundo pola integralidade do debate. A proposta de nova carta magna, foi refrendada pola Asemblea depois do debatir o extenso indice no primeiro periodo de sesións da IX Lexislatura. O presidente Diaz-Canel dixo que se trataba dunha abenzoada oportunidade para debatir os intereses nacionais de Cuba, precisamente no150 aniversario das Guerras de Independencia da illa.

O presidente Diaz-Canel recoñeceu o labor da comisión encargada de redixir a nova constitución, que foi presidida por Raúl Castro. Vista da Asemblea durante o debate, con Raúl Castro na banca da esquerda.

Seguir lendo A consulta popular da nova constitución de Cuba comezará 13 de agosto