Todalas entradas de Terrasenamos

“Cuba seguirá resistindo o bloqueo xenocida”(Miriam Almanza, combatente ás ordes do Che)

Francisco J. Jiménez, entrevista en La Opinión de A Coruña,  a Mirian Almanza, revolucionaria cubana que depois de ter combatido a beira do Che, manifesta que a pegada do guerrilleiro non poderá ser ignorada, nin as súas ideas deturpadas. Nacida en Santa Clara en 1940. Almanza asegura que todo o que a humanidade faga en homenaxe ao Che é pouco “porque estamos a falar dun home irrepetibel que marcou o devir histórico en materia de xustiza social, e a dignidade das persoas”. No seu ver, a figura do Che transcendeu fronteiras xeográficas e temporais co seu exemplo revelador da necesidade de transformación social . A entrevista coa guerrilleira cubana, enmárcanse na lembranza internacional do Che  ao se cumpriren 50 anos do seu asesinato pola CIA en Bolivia.

Miriam Almanza Rodriguez

Seguir lendo “Cuba seguirá resistindo o bloqueo xenocida”(Miriam Almanza, combatente ás ordes do Che)

A Blogosfera Cubana denuncia a competencia desigual da Rede dos EUA

Proclamando en Miami a volta atrás da política de Obama para Cuba, Trump conservaba con todo a estratexia anterior, de uso das tele-comunicacións para criar opinión a prol de EUA. O Departamento de Estado (ministerio de Exteriores) de Washington, informaba a seguir do lanzamento dun grupo especial para librar internet de control cubano e sometelo ao de EUA. A rede de cadernos de bitácora (blogosfera) de Cuba acusa no comunicado reproducido a seguir que a chamada participación en igualdade defendida polos promotores do Bloqueo é só unha competencia entre desiguais, coa que os gobernos máis poderosos do mundo buscan asegurar o control unilateral, mesmo que o definan como unha loita pola diversidade e o diálogo democrático.

Xornalista cubanos en Asemblea, denuncian o obxectivo golpista da Rede de EUA

Seguir lendo A Blogosfera Cubana denuncia a competencia desigual da Rede dos EUA

Cuba, Trump e o diálogo de Corea

Atilio A. Boron

Regresando dunha viaxe a Cuba, comparto un feixe de reflexións sobre o momento actual da illa. O endurecimiento do bloqueo ordenado por Donald Trump, engrella a situación económica da illa rebelde e deita pedras no camiño da reforma porén non contramiñe a moral dos cubanos que levan sesenta anos aprendendo a convivir con tanta ruindade que, como o mal tempo, vén do Norte. Con Trump xa son doce os inquilinos da Casa Branca que quixeron derribar á Revolución Cubana, ou producir o tan degorado cambio de réxime. Os once denanteriores morderon o pó da derrota, e ao magnate de Nova York espéralle máis do mesmo.

Trump asusta aos viaxeiros interesados en visitar Cuba, que poden atoparse na situación do turista da caricatura ao descobrer que está onde o presidente di que non se pode estar.

Seguir lendo Cuba, Trump e o diálogo de Corea

Os produtos catalogados como de lento movemento e ociosos, teñen un custo inasumibel para a economía en despegue

Un comercio regular e en igualdade de condicións,  é  básico para desenrolar unha loxística de distribución dos produtos comerciais en Cuba. A falla de comercio leva ao comprador a acaparar produtos para imprevistos, o que resulta nunha acumulación sobexa, nos máis dos casos. A xornalista de Juventud Rebelde Dorelys expón o problema e as medidas a tomar. Máis de 5 800 elementos para conexións hidráulicas permanecen inmobilizados nos armacéns de una unidade empresarial de base pinareña, pero o exemplo non é exclusivo de esta entidade. A  existencia destes produtos catalogados como de lento movemento e ociosos, teñen un custo inasumibel nunha economía en desenrolo.

Seguir lendo Os produtos catalogados como de lento movemento e ociosos, teñen un custo inasumibel para a economía en despegue

A cómica impaciencia das dereitas pola aparición dun Gorbachov cubano

Iroel Sánche recupera no diario dixital La Pupila Insomne un seu comentario aparecido en decembro de 2012 no que ironiza sobre o desacougo de certos medios occidentais ao non veren aparecer o seu esperado Gorbachov cubano. A seguir, o artigo resgatado : “No seu libro A caída do imperio do mal, un dos disidentes soviéticos de máis sona no tempo da Guerra Fría, e non menos crítico dos efectos da Perestroika na URSS, Alexander Zinoviev, di: Un dos dos efectos máis poderosos utilizados por Occidente para escanambrar a sociedade soviética, foi a vaidade dalgúns dos seus persoeiros.
Gorbachov foi considerado providencial polo semanario de referencia da extrema dereita norteamericana “Time”.

Seguir lendo A cómica impaciencia das dereitas pola aparición dun Gorbachov cubano