Todalas entradas de Terrasenamos

“Compre ler o código de barras dos media para saber as súas dependencias”, Angeles Diez

Terra Sen Amos – Redacción

Sen coñecer a propiedade dos media non é posibel identificar súas servidumes, dixo Ángeles Diez na conferencia de apertura da Semana sobre Manipulación Mediática e Dereito a Información, organizada pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil e a Asociación Galego-Bolvariana Hugo Chávez (AGABO). Para a profesora de socioloxía da Complutense, a distorsión da información debe entenderse no marco dos intereses económicos e politicos dos media e na súa propiedade polo que é preciso responder a certas preguntas coma a do accionariado, a franxa de público a que vai dirixido, a orixe das novas, os compromisos políticos da propiedade e a natureza das insercións de publicidade. Diez falou no auditorio do Antigo Rectorado de Vigo ateigado de público.

Angela Diez abriu no Reitorado de Vigo as Xornadas sobre Manipulación Mediática e foi presentada por Celso López Pazos.

Seguir lendo “Compre ler o código de barras dos media para saber as súas dependencias”, Angeles Diez

Fidel en todas partes

Terra Sen Amos
Mentres toda Cuba honra a data do 25 de Novembro en homenaxe a travesia histórica de Fidel, o mundo  produce novas de homenaxe a súa memoria ao se cumprir un ano do seu pasamento. Dende Venezuela o presidente Maduro publicou estas liñas «Os Revolucionarios do mundo temos hoxe presente ao Comandante Fidel Castro Ruz, e a súa vida de exemplo para todos ao encarnar a solidariedade e o humanismo no labor de transformar o mundo nun lugar mellor”. Militantes do Círculo de Roma da Asociación Nacional de Amizade Italia-Cuba, de Patria Socialista,  do Comité Fabio Di Celmo e do JVC de Sri Lanka, penduraron a beira do Coliseo Romano un cartaz prominente coa imaxe de Fidel e a lenda “¡Hasta siemre Comandante!”; en Nicaragua celebráronse varios actos para agradecer a solidariedade da Revolución Cubana e o exemplo de Fidel; en Bolivia o goberno e a embaixada de Cuba convocaron venres un encontro de homenaxe e no Teatro Roma de Avellaneda (Bos Aires) arxentinos e cubanos uníronse para lembrar ao Comandante nunha gala cultural; en Moscova, na praza que leva o nome de Fidel no distrito de Sokol, celebraron o exemplo de firmeza da Revolución. De Ramala (Palestina) Francia, Panamá, Vietnam, Escoza, Islandia, Paquistán, India China, Viena, Tailandia e Estados Unidos, chegan tamén novas de honras a Fidel polo seu exemplo.
O xornal Granma publica nesta data o relato emocionante dun labrego de Bayamo que mantivera longa amizade con Fidel. http://www.granma.cu/fidel/2017-11-25/al-telefono-un-guajiro-con-fidel-25-11-2017-01-11-30

“A figura do Che está en todo o mundo, mais as veces non saben o por que” (Juan Martin Guevara)

X.M.– Sermos Galiza  14.11.17

É o irmao mais novo dun mito, mais el propio ten unha historia fascinante que contar: a da súa militancia no Partido Revolucionario dos Traballadores e a de preso político durante 8 anos nas cadeas da ditadura militar arxentina. Juan Martín Guevara de la Serna (Córdoba, 1943) é co-autor do volume Meu irmao Che e visitou o país convidado por Agora Galiza para oferecer palestras en Vigo (Libraría Cartabón) Compostela (Centro Social das Fontiñas) e A Coruña (Centro Social Gomes Gaioso) Juan Martín Guevara explícase por si só, mais vive o compromiso de dar a coñecer en plenitude a figura de Ernesto, a de que se viaxe alén da lenda, a de humanizar e retratar Guevara como un revolucionario co fusil na man, si, mais tamén como un dos pensadores máis potentes do marxismo do século XX.

Juan Martin Guevara de la Serna en Compostela. Foto de Laura R. Cuba, publicada en Sermos Galiza

Seguir lendo “A figura do Che está en todo o mundo, mais as veces non saben o por que” (Juan Martin Guevara)

Cuba continua abrindo fronteiras e Trump corre a pechalas

Angel Guerra Cabrera – Telesur

Donald Trump derruba boa parte das medidas distensivas de Obama respecto de Cuba, malia seguir en pé o argumento principal do seu antecesor para levalas a cabo: que o bloqueo e a política de hostilidade non produciran o cambio de goberno na illa. A fin de contas, Obama non virara para o socialismo: propuxo ao Congreso levantar a medida xenocida trasmitindo unha idea compartida pola maioría dos estadounidenses e dos cubanos residentes nos EUA. Unha proposta que fora asumida por gran parte da xerarquía de poder, como se aprecia na choiva de críticas desta semana ao anunciaren as medidas anti-cubanas de Trump.

Marcos Rubio regresa á Guerra Fria coa axuda de Trump e propón a mesma políitica de hai 50 anos contra Cuba.

Seguir lendo Cuba continua abrindo fronteiras e Trump corre a pechalas

O soño do Che, recordado na súa homenaxe celebrada en Vigo

Terra en Amos – Redacción

O Che entraba na Habana no 59, a beira de Fidel, e levaba un soño no maxín: facer dos Andes unha nova Serra Maestra e levar a Revolución ao continente, nunha réplica da heroica campaña na que unha guerrilla espaventara un exército regular de 44.000. A Homenaxe ao Che en Vigo, nos 50 anos do seu asasinato, comezaba con este recordo de Moncho Leal, ex presidente da Francisco Villamil, que falaba na Libraria Andel nunha convocatoria do Comité Nacional Galego Ernesto Che Guevara.

Instantánea da Libraria Andel durante a celebración da homenaxe ao Che.

Seguir lendo O soño do Che, recordado na súa homenaxe celebrada en Vigo