Terra Sen Amos-Juventud Rebelde
Fidel Castro, líder da Revolución Cubana, cumpre nesta quarta feira 88 años de vida. Como ven sucedendo desde a cesión da presidencia en 2006, na persoa do seu irmán Raúl, o programa de comemoracións aparece en branco: non hai convocatoria oficial para o aniversario. É o povo de Cuba quen invita nun regueiro de actos en todo o país a lembrar a data e a celebrar o exemplo de Fidel. Seguir lendo Cuba celebra o exemplo de Fidel no seu 88 aniversario
Todalas entradas de Terrasenamos
A América anti-colonial denuncia o crime contra Palestina e o silenzo da UE
Paula Costa-Terra Sen Amos
A América anti-imperialista da CELAC e a ALBA alza a súa voz contra o xenocidio de Palestina mentres a poderosa estrutura da UE, debedora dun pasado colonial e racista, pratica un silenzo favorábel ao roubo e o crime dos Estados Unidos e Israel contra a povo palestiniano.
Fidel Castro denunciara 5 de agosto nun artigo o holocausto palestiniano en Gaza. “Se o xenocidio dos nazis contra os xudeos merecera o odio de todos os povos da terra, por que coida o Estado de Israel que o mundo vai ser insensibel diante deste estarrecedor xenocidio contra o povo de Palestina?”, pregunta o líder da Revolución Cubana. Seguir lendo A América anti-colonial denuncia o crime contra Palestina e o silenzo da UE
A “Francisco Villamil” celebra en Compostela o LXI aniversario do Asalto ao Moncada
Texto e fotos Merchi Santiago
Sábado 26, coincidindo co 61 Aniversario do Asalto ó Cuartel Moncada, tamén chamado Día da Rebeldía, a Asociación de Amizade galego-cubana “Francisco Villamil”, conxuntamente co Consulado de Cuba en Galicia, celebrou unha festa comemorativa en Santiago de Compostela. Valentín Alvite, Presidente da Asociación, falou do significado desta data para a solidariedade internacional con Cuba. Canda él estaban Laura Urra, cónsul segunda, e Pedro Trigo, heroe do Moncada e membro do Movimiento 26 de Julio.


Seguir lendo A “Francisco Villamil” celebra en Compostela o LXI aniversario do Asalto ao Moncada
Fidel, solidario con Ucraína e con Palestina
Terra Sen Amos
Un breve comentario de alcance de Fidel Castro, publicado na mañá da Sexta, salienta a solidariedade cubana co povo de Ucraína e a coincidencia do criminal atentado contra o avión da Malaysia Airlines coa invasión de Gaza.
O líder histórico da Revolución lembra a intervención humanitaria de Cuba na altura da traxedia de Chernóbil e nota que o atentado prodúcese sobre territorio ucraíno, baixo o control do governo de Petro Poroshenko, ao que cualifica de belicista e anti-ruso, anti-ucraíno e pro-imperialista.

Nadine Gordimer, amiga de Cuba e guerrilleira pola liberdade dos Cinco
Ricardo Alarcón de Quesada *
Nadine Gordimer descubriu a literatura na biblioteca de Springs, pequena localidade mineira no que entón era o Transvaal, onde naceu, nunha familia de inmigrantes xudeus. Aos quince, publicou a súa primeira narración, inicio dunha carreira que incluíu 15 novelas e dez libros de relatos e outros textos, merecedora do Premio Nobel de Literatura no ano 1991. O Comité recoñeceu a épica grandiosa da súa obra. Ninguén soubo como ela dar a coñecer a realidade do Apartheid e os seus conflitos humanos. Fíxoo con arte verdadeira, co talento dunha das máis grandes escritoras do noso tempo.

Seguir lendo Nadine Gordimer, amiga de Cuba e guerrilleira pola liberdade dos Cinco