Todalas entradas de Terrasenamos

Venezuela derrotou com seus votos a estratégia do imperialismo, assegura o governo cubano

Granma

“Domingo 30 de julho de 2017, durante as eleições para a Assembleia Nacional Constituinte na República Bolivariana da Venezuela, o povo venezuelano demonstrou ao mundo que é dono pleno dos seus direitos soberanos e que milita decisivamente do lado da paz, em defesa da segurança cidadã, da independência e a livre determinação de sua Pátria como fez ao longo de toda a história da América Latina e o Caribe, desde Bolívar.”, assegura um comunicado do Ministério das Relações Exteriores de Cuba, publicado 1 de agosto, adjunto em versão integral.

No medio do cerco imperial, governo teve apoio de  8 milhões de votantes. Oposição usou violéncia para impedir comícios e fracasou em toda linha.

Seguir lendo Venezuela derrotou com seus votos a estratégia do imperialismo, assegura o governo cubano

“A prensa no socialismo debería xestionar a participación cidadá”, Rosa Miriam Elizalde, directora de “Cubadebate”

Alberto López Girondo – Tiempo Argentino

Rosa Miriam Elizalde, xornalista e directora do popular sitio Cubadebate, e vice-presidenta da Unión de Periodistas de Cuba UPEC, fala sobre os dous primeiros asuntos de discusión hoxe nas redaccións de Cuba: o da construción dun modelo de prensa socialista e o da mellor maneira de instalarse nos tempos que corren e nas novas tecnoloxías.  Cuba vive tempos de transformación dende a morte do líder da revolución, Fidel Castro, novembro pasado. Agora , co cambio de goberno en EUA, asoman novas ameazas, depois da fampa de Donald Trump.

Rosa Miriam Elizalde, editora de Cubadebate, como moderadora dunha palestra adicada á Cibeseguridade. Á súa beira. o representante da prensa de China

Seguir lendo “A prensa no socialismo debería xestionar a participación cidadá”, Rosa Miriam Elizalde, directora de “Cubadebate”

Raul promete un maior control fiscal das cooperativas privadas ante as denuncias de abusos

Terra Sen Amos – Redacción

O goberno cubano vai corrixir os abusos cometidos no nacente sector privado, mais continuará ampliando as cooperativas e empresas por conta propia, segundo anunciou Raul Castro na clausura da VIII Legislatura de la Asamblea Nacional del Poder Popular. Máis de medio millón de traballadores desempéñanse en 400 cooperativas privadas que permitiron incrementar e diversificar a oferta de bens e servizos con niveis aceptables de calidade, en opinión do Goberno. No Consello de Ministros do pasado 28 de xuño, xa se denunciaran  violacións da Lei en certas cooperativas privadas, en particular na utilización de materias primas, equipos de procedencia ilícita, e na subdeclaración de ingresos para evadir as obrigacións tributarias. Criticouse aliás a insuficiencia do control estatal.

Máis de medio millón de traballadores desempéñanse en 400 cooperativas privadas, que permitiron incrementar e diversificar a oferta de bens e servizos

Seguir lendo Raul promete un maior control fiscal das cooperativas privadas ante as denuncias de abusos

Recordo de Fidel en Compostela, no 64 aniversario do Moncada

Terra Sen Amos – Redaccion

Sábado, coincidindo co 64 Aniversario do salto aos cuarteis de Moncada e Bayamo, no coñecido en Cuba coma Día de la Rebeldía, a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, conxuntamente co Consulado de Cuba en Galiza, celebrou unha festa comemorativa en Compostela. Valentín Alvite, Presidente da Asociación, abriu o acto preguntando sobre o obxectivo do ataque e contestou que este fora realizar a independéncia arelada por Martí e construir un sistema político e económico máis igualitário. Alvite dixo que os participantes entregaron a este fin o máis valioso que posuian: a propia vida. Angel Szary, cónsul de Cuba en Galiza, transmitiu un saúdo en nome do cónsul xeral José Antonio Solana, e recordou que o revés do Moncada tornárase en victoria polo recordo dos caidos que acompañou aos revolucionarios sobrevivintes coma un alento na súa desigual e dura loita. O Cónsul lembrou que estabamos a vivir o primeiro aniversário do Moncada sen Fidel e rematou coas palabras todos somos Fidel, repetidas polo público. Amigos de Cuba e representantes de partidos solidarios coa Revolución, acompañaron ao Consulado e a Francisco Villamil na festa comemorativa celebrada no Centro Social do Castiñeiriño.

O cónsul de Cuba Angel Szary, recordou a Fidel na festa do Moncada. A súa beira, o presidente da Villamil, Valentin Alvite

Miguel Blesa fora o banqueiro da ofensiva de George Bush e Aznar contra Cuba

Rosa Bentraces – Terra Sen Amos

Miguel Blesa, trece anos presidente de Caja Madrid (CM) e amigo de Jose Maria Aznar, fora unha peza básica do rearme empresarial e financeiro da mafia cubano-estadounidense de Miami e da política de Bloqueo Total contra Cuba promovida por George W.Bush e Aznar.  Blesa acabara na cadea depois de CM comprar en 2008 o City National Bank of Florida (CNBF) por un sobreprezo que escandalizara aos medios bancários. Coa mediación do CNBF, os herdeiros de Mas Canosa resucitaron a Fundación Nacional Cubano-Estadounidense (FNCA) e grazas a Aznar, fixéronse en 1996 coa empresa SINTEL, propiedade da Telefónica. Os cabeceiros de Mas desbaldeiraron a empresa decontado, o que fora protestado cunha acampada dos traballadores de SINTEL que durou seis meses no centro de Madrid. Falecido nestes dias en Córdoba en circunstancias ainda non determinadas, Miguel Blesa non recibe honras de Aznar nin da cúpula do PP, seu partido.

Aznar fachendea en Miami á beira do seu amigo Jorge Más Canosa, daquela capo da FNCA , e de Antonio “Toñín” Llama, terrorista e amigo do expresidente do PP. Llama promovera en Madrid coa axuda do PP a Fundación Hispano-Cubana, sucursal da FNCA de Florida.

Seguir lendo Miguel Blesa fora o banqueiro da ofensiva de George Bush e Aznar contra Cuba